• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Debut de Ana Seabra co Guardés na Liga Guerreras Iberdrola ante o Gijón

O conxunto miñoto recibe hoxe mércores ao Gijón ás 20:30 na Sangriña | “Esperamos un partido moi intenso”, di a adestradora do Mecalia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/02/2023
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

143
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • A escuadra que dirixe Ana Seabra quere trasladar as boas sensacións do pasado sábado á competición doméstica.
  • Será o primeiro dos catro encontros que o Mecalia disputará en apenas dez días.

A espectacular remontada do Mecalia Atlético Guardés no partido de ida dos cuartos de final da European Cup EHF, na pista do Madeira SAD Andebol, caeu como auga de maio no vestiario. Un bálsamo necesario tras unha complicada semana. Unha inxección de moral para seguir. Non queda outra.

O deporte non espera por ninguén e o intenso mes de febreiro que acomete o conxunto miñoto obrígalle a xogar catro partidos en apenas dez días. Hoxe, mércores 15 de febreiro, renova a marcha na liga Guerreras Iberdrola cun duelo de alto nivel contra o Motive.co Gigón na Sangriña (20:30, en directo pola canle de youtube do Mecalia Atlético Guardés. Arbitrarán o partido os colexiados: Carlos Fritise e Andrés Rosendo.

A ilusión europea debe quedar aparcada ata o domingo, cando se resolve a eliminatoria de cuartos. Antes, o Inferno da Sangriña acéndese para un partido importantísimo na competición doméstica. O Mecalia Atlético Guardés necesita empezar a puntuar con asiduidade en Liga Guerreras Iberdrola. Agora mesmo ocupa a novena posición, que o levaría a disputar o play-out de permanencia a final de tempada, algo que a entidade quere evitar por todos os medios.

Un triunfo permitiría ao bloque de Ana Seabra igualar con Beti-Onak no oitavo posto, precisamente o rival que pecha este encadeado de catro encontros en dez días. Polo medio, a volta da European Cup EHF o domingo e a visita a Logroño do próximo mércores.

Pero máis aló de cábalas clasificatorias, o equipo do Baixo Miño céntrase en si mesmo. Mellorar prestacións, adquirir regular, aumentar eficacia. En definitiva, estar o máis preto posible de gañar os partidos. A cara que está a exhibir en Europa, con cinco vitorias noutros tantos partidos, é un modelo perfecto para seguir. O feito de que sete dos nove encontros que quedan por disputarse en Liga sexan na Sangriña, é un impulso importante para saír á boia.

Xogadoras do Mecalia Atlético Guardes que adestra Ana Seabra coa súa afeccion / SPORTCOECO

O primeiro banzo desa escalada é o sexto clasificado da liga. O colectivo xixonés conta con 16 puntos, sete máis que o Mecalia Atlético Guardés, e está ben situado nesa zona media-alta da táboa. Tamén está inmerso nos cuartos de final da Copa Europea e, no seu caso, está obrigado a remontar cinco goles contra Elche a próxima fin de semana. Se o Mecalia Atlético Guardés logra avanzar a semifinais, medirase ao gañador desta eliminatoria.

A formación que dirixe Cristina Cabeza ten varias xogadoras diferenciais no seu bloque de xogadoras. Paula Valdivia, por exemplo, está metida de cheo na loita por ser a máxima goleadora da liga, título individual polo que tamén pelexa a xogadora do Mecalia Atlético Guardés Sandra Santiago. Ademais, a electricidade da lalinense Cecilia Cacheda no centro da primeira liña, a experiencia de Marizza Faría, que segue xogando mentres compaxina o seu cargo de seleccionadora de Paraguai, onde dirixe a Pauli Fernández, ou Carmen Arroio, un valor moi a ter en conta no futuro, pero tamén no presente.

Ana Seabra, pola súa banda, ten as baixas de Ángela Nieto e Júlia Nuez, pero o resto do bloque de xogadoras está dispoñible para o reto. Tamén Fanny Descalzo e Naza Calzado, que viviron unha nova estrea coa camiseta do Guardés o pasado domingo en Madeira, para dar o pistoletazo de saída á súa segunda etapa no club da mellor maneira posible. Tanto elas como o resto das súas compañeiras pretenden que a cousa non se free aquí. O mellor sempre está por chegar.

Ana Seabra: “O equipo está preparado para cambiar o chip mental”

A adestradora portuguesa do Mecalia Atlético Guardés, Ana Seabra, viviu con alegría o seu vitorioso debut na que foi a súa casa o pasado sábado. Pero o triunfo diante o Madeira SAD Andebol xa pertence ao pasado e o que incumbe neste momento é o importante compromiso ligueiro contra o Gijón, que será o seu primeiro partido da Liga Guerreras Iberdrola á fronte do banco miñoto. “Despois do partido de Funchal, penso que o equipo está preparado para cambiar o chip mental e saber que temos un partido moi importante”, expresa.

“Imos ir a disputalo con todo para gañar os dous puntos e estamos preparadas e motivadas para facelo”, proclamaba na previa do partido  Ana Seabra, que sabe que o encontro “non vai ser fácil” pola calidade do rival. “Esperamos un partido moi intenso, con dous equipos traballando o mellor posible desde o punto de vista estratéxico para tentar gañar”, analiza.

Ana Seabra, adestardora do Atlético Guardés: “Imos ir a disputalo con todo para gañar os dous puntos e estamos preparadas e motivadas para facelo”

“Gijón ten unha primeira liña moi forte, que xera moitas dificultades. Imos ter que estar moi concentradas en defensa para facer ben o noso traballo e en ataque necesitaremos ter unha alta eficacia”, engadía a adestradora lusa Ana Seabra.

Etiquetas Ana SeabrabalonmánLiga Guerreras IberdrolaMecalia Atlético GuardésMotive.Co Gijón
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

por Redacción As Nosas
12/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no serán de hoxe a ‘Xira Galega de Balonmán...

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

por Redacción As Nosas
27/05/2025
0

  Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a...

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

por Redacción As Nosas
18/05/2025
0

  O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do...

O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

por Redacción As Nosas
16/05/2025
0

  Todo a Europa. Esa é a aposta do Conservas Orbe Zendal BM Porriño que ten diante de si facer...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

  O Conservas Orbe Zendal BM Porriño pecha a tempada ligueira cunha derrota na casa diante dun sólido rival, o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

12/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.