A última xornada do Mundial (que gañou Francia), serviu para definir os que serán os dous rivais que lle faltaban por coñecer a España de cara ao Torneo Preolímpico no que loitarán por estar competindo nos Xogos Olímpicos de París 2024.
O destino quixo que as xogadoras que adestra Ambros Martín, entre as que está a galega Alicia Fernández, vaian ter que enfrontarse de novo cos seus tres rivais na Main Round do presente Mundial, tal e como informa a Real Federación Española de Balonmán.
España xa sabía que se mediría a Arxentina no Preolímpico, agora sabe que tamén terá que medir forzas coa República Checa e Países Baixos.
O combinado checo caeu ante Montenegro no duelo polo sétimo posto (24-28) polo que acaba oitavo e, polo tanto, xogará diante as Guerreiras por un oco nos Xogos Olímpicos de París 2024.
E a Selección de Países Baixos, que eliminou a España antes de cuartos, gañou a Alemaña por 26-30 no partido pola quinta posición do Mundial e será o combinado que complete o grupo no que estarán as Guerreras.
Polo tanto, España pugnará no Torneo 2 do Preolímpico por estar en París 2024 con Países Baixos, República Checa e Arxentina.
Das catro selecciones, dúas clasificaranse para os Xogos Olímpicos de París 2024, nun torneo que se disputará o próximo mes de abril, nunha sede que está aínda por determinar.