• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O derbi do balonmán galego é o partido estrela da Liga Guerreras Iberdrola e será na Guarda

O Mecalia Atlético Guardés enfróntase o sábado 16 (17:30h) na Sangriña ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño na xornada 21 | Ismael Martínez: "O partido ten que ser unha festa do balonmán" | Cristina Cabeza: “Queremos que o público se converta na oitava xogadora e que todos xuntos empuxemos para conseguir a vitoria”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/03/2024
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO

Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO

101
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O pavillón da Sangriña, na Guarda, quenta motores para acoller o derbi galego do balonmán feminino. Desde as 17:30 horas do sábado 16 de marzo o Mecalia Atlético Guardés recibirá ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño nun cruce no que gañar sempre sabe a máis que dous puntos. Cuartas fronte a quintas, separadas por tres puntos na táboa.  O partido póderase seguir ao vivo por Teledeporte e RTVE Play, e tamén na TVG.

🚨 Retransmisións de hoxe sábado

⏰ 17:30h @Atlguardes_ofic – @BmPorrino

🤾‍♀️ Derbi galego no balonmán feminino

📲 En directo en https://t.co/omV1MKPHyx pic.twitter.com/gF4HjpGLJS

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 16, 2024

O conxunto miñoto non quere perder a posibilidade de colocarse na cuarta praza, mentres que as do Porriño  buscan asegurarse ese cuarto lugar coa mirada posta no play-off e ser, dese xeito, cabezas de serie.

A falta de dous encontros para o fin da fase regular da liga Guerreras Iberdrola, na parte alta da táboa todo está por decidir. Mañá sábado 16 de marzo ás 17:30, o Mecalia Atlético Guardés recibe ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño. O derbi galego é o Partido Estrella da xornada (retransmitido por Teledeporte) e pode supoñer que a cuarta posición decídase na última xornada ou que, definitivamente, as porriñesas fáganse matematicamente co cuarto debido a que outorga unha praza en Europa.

Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO
Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO

As miñotas dirixidas por Cristina Cabeza chegan ao envite tras ser superadas en Carranque diante un gran Málaga. A pesar de que o conxunto miñoto non tirou a toalla en todo o encontro, o equipo andaluz mostrouse máis solvente e impúxose 35-29. Con esta derrota, o cadro galego sitúase quinto con 26 puntos, un por encima da Aula Valladolid e tres por baixo do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño.

Pola súa banda, as xogadoras pilotadas por Ismael Martínez chegan á Sangriña tras gañar ao Elda Prestigio na pasada xornada. Con este triunfo, o club porriñés aínda non coñece a derrota no que vai de ano.

O Porriño dáballe a volta ao partido na primeira volta 23-22

Na primeira volta da Liga Guerreras Iberdrola a situación previa ao derbi do balonmán feminino galego era a mesma. O conxunto de Isma Martínez atopábase un posto por encima na clasificación, con dous puntos de vantaxe.

Daquela o Mecalia Atlético Guardés foi superior durante a primeira parte e o principio da segunda, pero un Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vindo a máis co apoio da súa afección logrou darlle a volta e levar os dous puntos (23-22).

Con todo, neste partido da segunda volta será o Mecalia Atlético Guardés o que conte co plus de ‘o xogadora número oito’. Porque o poder que ten o inferno da Sangriña son palabras maiores. E neste partido son, sen dúbida, un factor determinante.

Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO
Derbi do balonmán galego entre Mecalia Atlético Guardés vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / SPORTCOECO

Ismael Martínez: “O partido ten que ser unha festa do balonmán”

Na previa do encontro, o adestrador do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, Ismael Martínez, manifestaba que este partido “ten que ser unha festa do balonmán”.

O técnico do equipo do Porriño explicaba que dada a súa situación na clasificación estamos diante un encontro que as visitantes teñen que “gozar. Estamos nunha posición que nos permite ir con tranquilidade e xogar o partido desde o emocional”, dicía Ismael Martínez.

Ismael Martínez: “Estamos nunha posición que nos permite ir con tranquilidade e xogar o partido desde o emocional”

O adestrador do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño manifestaba tamén na previa do derbi do balonmán galego que “faise un pouco complicado asaltar un posto máis, pero ímolo intentar. Se algún dos de arriba pinchase, teríamos opción na última xornada de escalar un posto e sería brillante”, aseguraba o técnico galego.

Na análise ao conxunto rival, Ismael Martínez, declaraba que a clave do partido estará en “xestionar ben as desigualdades e ser eficaces nos sete metros”. Engadía que, en todo caso, para el a “chave sempre está no bloque”.

Ismael Martínez: “A chave sempre está no bloque, pero hai que xestionar ben as desigualdades e ser eficaces nos sete metros”

Na opinión de Ismael Martínez, o equipo “está ben. Para nós é superilusionante mellorar o feito o ano pasado e estámolo a facer, pero temos que pechar de xeito brillante e, sobre todo, estar ben para estos meses que veñen que é onde se xogan os títulos”.

Ismael Martínez, adestrador do BM Porriño: “Para nós é superilusionante mellorar o feito o ano pasado e estámolo a facer, pero temos que pechar de xeito brillante e, sobre todo, estar ben para estos meses que veñen que é onde se xogan os títulos”

Cristina Cabeza espera “un partido de moita estratexia”

Para o derbi do balonmán feminino galego, Cristina Cabeza, adestradora do Mecalia Atlético Guardés terá á súa disposición por primeira vez a todas as súas xogadoras, xa que Júlia Nuez tamén está confirmada para realizar o quecemento e probar sensacións tras a súa lesión no cruzado.

Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS
Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

Para Cristina Cabeza, o bloque de xogadoras chega ao derbi do balonmán feminino galego nun bo momento: “O equipo está ben, estamos a adestrar ben”. Tanto ela como as xogadoras son coñecedoras da relevancia do partido, “non só por ser un derbi, senón por tentar achegarnos o máximo posible a esa cuarta praza”, engade.

Cristina Cabeza, adestradora do Mecalia Atlético Guardés: “Pese a derrota en Málaga vimos con boas sensacións”

A adestradora madrileña do Guardés prevé “un partido moi bonito e de moita intensidade” debido ao momento de forma no que se atopa o Porriño e considera que, “a pesar da derrota en Málaga vimos con boas sensacións”. Así mesmo, espera “un partido de moita estratexia” e desexa “que non pase o mesmo que en Porriño, cando non soubemos rendibilizar a diferenza de goles”, á vez que destaca a importancia do goal average.

Cristina Cabeza: “Queremos que o público se converta na oitava xogadora e que todos xuntos empuxemos para conseguir a vitoria”

Por último, a técnica Cristina Cabeza alude ao peso que ten a afección neste derbi. “Queremos que o público se converta na oitava xogadora e que todos xuntos empuxemos para conseguir a vitoria”, conclúe.

⭐️¡Derbi gallego como partido estrella en la jornada 2️⃣1️⃣ de la #LigaGuerrerasIberdrola!

⚔️ El @atlguardes_oficial y el @bmporrino se enfrentarán en un partido de altos vuelos ✈️

🗓Sábado, 16 de marzo
⌚️ 17:30
📺 @teledeportertve #Balonmano #SheLovesHandball pic.twitter.com/fMW4JnxrG6

— Liga Guerreras Iberdrola (@IberdrolaDHF) March 15, 2024

Etiquetas balonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoCristina CabezaIsmael MartínezMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.