O plantel do CRAT Residencia Rialta semellaba pechado tras a incorporación de Elena Martínez pero, a baixa para o resto da tempada de Mariana Romero, obrigou ao club coruñés de rugby a buscar unha nova fichaxe: Isabel Fontanarrosa.
O posto estará cuberto pola xogadora arxentina procedente do Cardenales Rugby Club de Tucumán, un equipo punteiro no seu país. Ademais, Fontanarrosa conta con experiencia en Europa xa que competiu na tempada 2018/2019 no francés Lons Rugby.
Mariana Romero, baixa durante toda a tempada no CRAT Residencia Rialta
Coa velocidade e a técnica de placaxe como carácterísticas propias, Fontanarrosa conta no seu palmarés con logros internacionais co Las Pumas, a selección nacional de Rugby 7 de Arxentina. A nova xogadora do CRAT é a máxima anotadora histórica do combinado albiceleste e logrou podios en series do circuíto internacional colocándose entre as mellores xogadoras de varios campionatos.
O club herculino declara estar moi satisfeito con esta nova incorporación para o plantel dirixido polo dúo conformado por Helen Roca e Jos Porto co que esperan afrontar o resto da tempada.
Caras novas e coñecidas pisarán o verde de Elviña esta tempada