Non puido ser. O Dépor ABANCA traballou todo o ano por acadar un ascenso que se lle escapou no último chanzo. A eliminatoria definitiva contra do Granada CF caeu do lado andaluz no cómputo global cun 2-0 na ida e 1-0 na volta. As galegas ocuparon postos de ascenso, incluso directo, boa parte da tempada, pero no partido definitivo quen levou o premio foi o conxunto vermello e branco e non as branquiazuis.
Aliñación d #asnosas para a final polo ascenso a #LigaF. Ás 12:00 h., na Cidade Deportiva de Abegondo: #DéporABANCAGranada (📺 https://t.co/1K88D48Y3s e APP 📱 RC Deportivo) 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/KyWe2C6Epj
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023
Na recta final do partido na bancada soñouse con que o guión repetise o partido da ida e fose agora o Dépor ABANCA o que anotase 2 goles nos últimos minutos e forzase así a prórroga. Non aconteceu. O equipo que adestra Irene Ferreras nadou e nadou, pero morreu na beira. O ansiado retorno á elite non será desta volta.
Desde o arranque do choque o control do xogo e o dominio do esférico foi para o Dépor ABANCA pero toda esa posesión non se transformaba en ocasións claras ante a meta rival.
O Granada CF chegaba puntualmente a balón parado, pero esas pinceladas abondaban para lembrar o vivido no partido de ida no que os dous goles andaluces chegaban neste tipo de accións. Outra vez Henar e Inés Altamira foron chaves na contención dos poucos intentos visitantes de achegarse á meta defendida, como na ida, por Lucía.
Estaba moi ben ordenada a zaga visitante e imprimindo unha presión forte sobre as futbolistas galegas. A calor non axudaba. O aire en Abegondo era abafante.
Aos poucos minutos de ver o seu primeiro cartón amarelo a deportivista Paula Gutiérrez puido ter visto o segundo. Acción foi protestada no banco visitante e supuxo unha vermella directa para un membro do corpo técnico visitante.
Contra o minuto 40 de xogo tivo Laura Fernández a ocasión máis clara do partido, pero non foi quen de ver porta cando o máis doado parecía marcar.
Co tempo cumprido a capitá, Cris Martinez, remataba de cabeza picado e o seu disparo petaba xustamente na cruceta. Outra vez se escoitaba un “uy” na bancada da Cidade Deportiva de Abegondo.
Descanso na Cidade Deportiva de Abegondo! #DéporABANCAGranada 0-0 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/NNzkLogZzi
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023
Chegou así o fin do primeiro tempo con 0-0 no marcador. Un resultado que non interesaba ás galegas que estaban loitando por anotar pero que tiñan enfronte a un Granada CF coas ideas moi claras e moi ben posicionado. Sen nervios, seguro e firme no seu plantexamento de partido: contención, concentración e contras se xurdían para facer valer o 2-0 da ida. Unha vantaxe que era ouro puro para as visitantes.
A segunda metade empezou algo trabada co Granada CF presionando para non deixar pensar ao Dépor ABANCA e facendo faltas continuas para frear o xogo, perder minutos e non dar continuidade aos ataques branquiazuis. A menos tempo xogado, máis minutos consumidos sen éxito para as galegas. O argumento era lóxico para que non quería que se construíse, nin se xerasen ocasións, neste caso as visitantes.
Camiño do desenlace no #DéporABANCAGranada na Cidade Deportiva de Abegondo e en 📺 https://t.co/1K88D48Y3s e APP 📱 RC Deportivo! 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/gVVgVSIHhE
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023
Errou demasiado no último pase o Dépor ABANCA que fixo que o equipo que adestra Irene Ferreras non se pisase área con perigo real por moito que tivese o dominio e a posesión.
No 63 a adestradora das galegas, Irene Ferreras, daba entrada a Carlota Suárez sacando da cancha á tamén galega Eva Dios, que nesta ocasión saíu de inicio. Buscaba a entrenadora, seguramente, pólvora, altura e frescura nos últimos metros para conseguir ese gol que abrise a lata e que non daba chegado.
🔁 #DéporABANCAGranada: cambio n #asnosas Carlota Suárez entra por Eva Dios no minuto 64! 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/4Yjq7K6ghH
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023
Co paso dos minutos a necesidade de anotar facíase maior nas filas deportivistas e as presas, xa se sabe, non axudan a quen as ten. No minuto 73 a futbolista Letti Sevilla entraba no terreo de xogo no sitio de Samara.
Un par de minutos antes o Granada CF tivo a súa mellor chegada enviando o balón ao traveseiro. Demostrando que, aínda que a súa aposta era defensiva, non ía renunciar a aumentar a súa vantaxe se o Dépor ABANCA llo permitía.
No 76 xúntase a lesión de Millene, que ten que deixar o partido, e unha chegada moi perigosa do Granada CF. No contragolpe Lucía saíu en falso. A xogada meteu o medo no corpo á bancada branquiazul, pero a futbolista visitante non soubo aproveitar a xogada e o conxunto adestrado por Roger Lamesa. Substituíu á brasileira a galega Carlota.
Un gol de Ainhoa Marín fai soñar ao Dépor ABANCA
Envorcouse o equipo galego no campo rival e no 88 chegou a maxia de Ainhoa Marín. A deportista cruzou o balón ante a cancebeira desde a parte dereita do ataque deportivista e marcou ese ansiado 1-0. A futbolista, que levaba todo o partido esixida polos seus problemas físicos, xustificou con ese gol o seu esforzo polo ben común, o seu espírituo de sacrificio, e a aposta de Irene Ferreras pola súa calidade en ataque e o seu valor diferencial nas xogadas de unha contra unha.
Ese 1-0 daba azos ao equipo galego e facía crer na posibilidade da épica da remontada. No imaxinario común en Abegondo, sobrevoaba a posibilidade dun segundo gol. Un segundo tanto que, de feito, puido chegar no 90 nun rebumbio na área. Ese 2-0 sería chave para seguir buscando o premio do ascenso xa que forzaría a prórroga.
Pero non sucedeu. Cumpliuse o tempo engadido. A colexiada asubiuo o seu chifre e con ese son esmoreceu o soño branquiazul. O Granada CF ascende e o Dépor ABANCA queda ás portas do soño polo que traballaron todo o ano.
FICHA TÉCNICA
1) RC DÉPOR ABANCA: Lucía, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara (Letti, min. 74), Paula Gutiérrez, Henar, Eva Dios (Carlota Suárez, min. 64), Laura Fernández (Charle, min. 46), Ainhoa Marín e Millene (Carlota Sánchez, min. 80).
0) GRANADA CF: Sandra, Marta Carrasco, Alicia, Laura Pérez (Inés Faddi, min. 59), Pamela, Lauri, Alba Pérez, Gaste, Naima (Cristina Moreno, min. 85), Postigo e Noe (Anxos, min. 59).
GOL: 1-0 Ainhoa Marín (min. 88)
EQUPIO ARBITRAL: Aguilera Manzano (Colexio de Valencia). Amoestou a Paula Gutiérrez (min. 32), Marta Carrasco (min. 35) e Pamela (min. 45)
INCIDENCIAS: Partido de volta da final de ascenso á Liga F, disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante máis de 1.000 espectadores. O RC Deportivo instalou bancadas supletorias e puxo o cartel de non hai billetes. Na ida o partido quedar 2-0.