• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO
Inicio Fútbol Primera Federación

Nadar e nadar e morrer na beira, o Dépor ABANCA vence o seu último partido pero o 1-0 non abonda para o ascenso

O Granada CF fixo bo o seu triunfo 2-0 na ida e sube á máxima categoría | Un gol de Ainhoa Marín na recta final do choque fixo soñar con forzar a prórroga pero non foi posible

Silvia Carregal por Silvia Carregal
10/06/2023
en Primera Federación, Fútbol
Ainhoa Marín, autora do gol, no transcurso do Dépor ABANCA vs Granada CF / RCD

Ainhoa Marín, autora do gol, no transcurso do Dépor ABANCA vs Granada CF / RCD

73
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Non puido ser. O Dépor ABANCA traballou todo o ano por acadar un ascenso que se lle escapou no último chanzo. A eliminatoria definitiva contra do Granada CF caeu do lado andaluz no cómputo global cun 2-0 na ida e 1-0 na volta. As galegas ocuparon postos de ascenso, incluso directo, boa parte da tempada, pero no partido definitivo quen levou o premio foi o conxunto vermello e branco e non as branquiazuis.

Aliñación d #asnosas para a final polo ascenso a #LigaF. Ás 12:00 h., na Cidade Deportiva de Abegondo: #DéporABANCAGranada (📺 https://t.co/1K88D48Y3s e APP 📱 RC Deportivo) 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/KyWe2C6Epj

— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023

Na recta final do partido na bancada soñouse con que o guión repetise o partido da ida e fose agora o Dépor ABANCA  o que anotase 2 goles nos últimos minutos e forzase así a prórroga. Non aconteceu. O equipo que adestra Irene Ferreras nadou e nadou, pero morreu na beira. O ansiado retorno á elite non será desta volta.

Desde o arranque do choque o control do xogo e o dominio do esférico foi para o Dépor ABANCA  pero toda esa posesión non se transformaba en ocasións claras ante a meta rival.

O Granada CF chegaba puntualmente a balón parado, pero esas pinceladas abondaban para lembrar o vivido no partido de ida no que os dous goles andaluces chegaban neste tipo de accións. Outra vez Henar e Inés Altamira foron chaves na contención dos poucos intentos visitantes de achegarse á meta defendida, como na ida, por Lucía. 

Estaba moi ben ordenada a zaga visitante e imprimindo unha presión forte sobre as futbolistas galegas. A calor non axudaba. O aire en Abegondo era abafante.

Aos poucos minutos de ver o seu primeiro cartón amarelo a deportivista Paula Gutiérrez puido ter visto o segundo. Acción foi protestada no banco visitante e supuxo unha vermella directa para un membro do corpo técnico visitante.

Contra o minuto 40 de xogo tivo Laura Fernández a ocasión máis clara do partido, pero non foi quen de ver porta cando o máis doado parecía marcar.

Co tempo cumprido a capitá, Cris Martinez, remataba de cabeza picado e o seu disparo petaba xustamente na cruceta. Outra vez se escoitaba un “uy” na bancada da Cidade Deportiva de Abegondo.

Descanso na Cidade Deportiva de Abegondo! #DéporABANCAGranada 0-0 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/NNzkLogZzi

— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023

Chegou así o fin do primeiro tempo con 0-0 no marcador. Un resultado que non interesaba ás galegas que estaban loitando por anotar pero que tiñan enfronte a un Granada CF coas ideas moi claras e moi ben posicionado. Sen nervios, seguro e firme no seu plantexamento de partido: contención, concentración e contras se xurdían para facer valer o 2-0 da ida. Unha vantaxe que era ouro puro para as visitantes.

A segunda metade empezou algo trabada co Granada CF presionando para non deixar pensar ao Dépor ABANCA e facendo faltas continuas para frear o xogo, perder minutos e non dar continuidade aos ataques branquiazuis. A menos tempo xogado, máis minutos consumidos sen éxito para as galegas. O argumento era lóxico para que non quería que se construíse, nin se xerasen ocasións, neste caso as visitantes.

Camiño do desenlace no #DéporABANCAGranada na Cidade Deportiva de Abegondo e en 📺 https://t.co/1K88D48Y3s e APP 📱 RC Deportivo! 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/gVVgVSIHhE

— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023

Errou demasiado no último pase o  Dépor ABANCA que fixo que o equipo que adestra Irene Ferreras non se pisase área con perigo real por moito que tivese o dominio e a posesión.

No 63 a adestradora das galegas, Irene Ferreras, daba entrada a Carlota Suárez sacando da cancha á tamén galega Eva Dios, que nesta ocasión saíu de inicio. Buscaba a entrenadora, seguramente, pólvora, altura e frescura nos últimos metros para conseguir ese gol que abrise a lata e que non daba chegado.

🔁 #DéporABANCAGranada: cambio n #asnosas Carlota Suárez entra por Eva Dios no minuto 64! 💙 #SóQueroCrer pic.twitter.com/4Yjq7K6ghH

— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 10, 2023

Co paso dos minutos a necesidade de anotar facíase maior nas filas deportivistas e as presas, xa se sabe, non axudan a quen as ten. No minuto 73 a futbolista Letti Sevilla entraba no terreo de xogo no sitio de Samara.

Un par de minutos antes o Granada CF tivo a súa mellor chegada enviando o balón ao traveseiro. Demostrando que, aínda que a súa aposta era defensiva, non ía renunciar a aumentar a súa vantaxe se o Dépor ABANCA llo permitía.

No 76 xúntase a lesión de Millene, que ten que deixar o partido, e unha chegada moi perigosa do Granada CF. No contragolpe Lucía saíu en falso. A xogada meteu o medo no corpo á bancada branquiazul, pero a futbolista visitante non soubo aproveitar a xogada e o conxunto adestrado por Roger Lamesa. Substituíu á brasileira a galega Carlota.

Un gol de Ainhoa Marín fai soñar ao Dépor ABANCA

Envorcouse o equipo galego no campo rival e no 88 chegou a maxia de Ainhoa Marín. A deportista cruzou o balón ante a cancebeira desde a parte dereita do ataque deportivista e marcou ese ansiado 1-0.  A futbolista, que levaba todo o partido esixida polos seus problemas físicos, xustificou con ese gol o seu esforzo polo ben común, o seu espírituo de sacrificio, e a aposta de Irene Ferreras pola súa calidade en ataque e o seu valor diferencial nas xogadas de unha contra unha.

Ese 1-0 daba azos ao equipo galego e facía crer na posibilidade da épica da remontada. No imaxinario común en Abegondo, sobrevoaba a posibilidade dun segundo gol. Un segundo tanto que, de feito, puido chegar no 90 nun rebumbio na área. Ese 2-0 sería chave para seguir buscando o premio do ascenso xa que forzaría a prórroga.

Pero non sucedeu. Cumpliuse o tempo engadido. A colexiada asubiuo o seu chifre e con ese son esmoreceu o soño branquiazul. O Granada CF ascende e o Dépor ABANCA queda ás portas do soño polo que traballaron todo o ano.

FICHA TÉCNICA

1) RC DÉPOR ABANCA: Lucía, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara (Letti, min. 74), Paula Gutiérrez, Henar, Eva Dios (Carlota Suárez, min. 64), Laura Fernández (Charle, min. 46), Ainhoa Marín e Millene (Carlota Sánchez, min. 80).

0) GRANADA CF: Sandra, Marta Carrasco, Alicia, Laura Pérez (Inés Faddi, min. 59), Pamela, Lauri, Alba Pérez, Gaste, Naima (Cristina Moreno, min. 85), Postigo e Noe (Anxos, min. 59).

GOL: 1-0 Ainhoa Marín (min. 88)

EQUPIO ARBITRAL: Aguilera Manzano (Colexio de Valencia). Amoestou a Paula Gutiérrez (min. 32), Marta Carrasco (min. 35) e Pamela (min. 45)

INCIDENCIAS: Partido de volta da final de ascenso á Liga F, disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante máis de 1.000 espectadores. O RC Deportivo instalou bancadas supletorias e puxo o cartel de non hai billetes. Na ida o partido quedar 2-0.

Etiquetas Ainhoa MarínDépor ABANCAfútbolGranada CFIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

por Redacción As Nosas
30/11/2023
0

  A inauguración da peña Tralla Brava congregou a numerosas persoas desta agrupación branquiazul, así como a directivos da Federación...

Selección Galega de fútbol Sub-17 / RFGF

Coñécense horarios e rivais das Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

por Redacción As Nosas
28/11/2023
0

  As Seleccións Galegas femininas das categorías Sub-15 e Sub-17 xa coñecen ás súas rivais e os horarios da primeira...

Teresa Abelleira chegando á concentración de España / RFEF

España empeza a súa concentración para preparar a UEFA Women’s Nations League con Teresa Abelleira nas súas filas

por Redacción As Nosas
27/11/2023
0

  Selección de España feminina de fútbol vén de iniciar a súa última concentración do ano 2023 e faino con...

Inauguración en Pontevedra da exposición 'A viaxe cara a estrela' sobre a Selección Española / RFGF

Inaugurada a exposición “A viaxe cara a estrela”, sobre a Selección Española, no Edificio Castelao de Pontevedra

por Redacción As Nosas
24/11/2023
0

  Pontevedra activa oficialmente a conta atrás de cara á gran cita do venres en Pasarón coa Selección Española. Inaugurouse...

Dépor ABANCA vs Deportivo Alavés Gloriosas en Riazor / PABLO DA VILA

Riazor festexa unha vitoria do Dépor ABANCA pola mínima ante o Deportivo Alavés Gloriosas (2-1)

por Silvia Carregal
12/11/2023
0

  Triunfo do Dépor ABANCA en Riazor diante do Deportivo Alavés Gloriosas por un tanteo de 2-1. Logo de chegarse...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

30/11/2023
San Silvestre Coruña / SAN SILVESTRE CORUÑA

A San Silvestre Coruña impulsa unha campaña de recollida de alimentos

29/11/2023
Alicia Fernández coas Guerreras / ANZE MALOVRH / KOLEKTIFF

As Guerreras vencen a Kazajistán (34-17) con dous goles de Alicia Fernández

29/11/2023
María Sanjurjo, HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

María Sanjurjo deixa a concentración da Selección Española por mor dunha lesión no xeonllo

28/11/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.