• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Tres equipos galegos ocupan o podio do grupo 1 da Primera Nacional

O Viajes Interrías segue á fronte da clasificación, seguido polo Sárdoma e o Friol

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/11/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Tres equipos galegos ocupan o podio do grupo 1 da Primera Nacional / VIAJES INTERRÍAS

Tres equipos galegos ocupan o podio do grupo 1 da Primera Nacional / VIAJES INTERRÍAS

231
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Despois de oito xornadas disputadas no grupo 1 da Primera Nacional, tres equipos galegos mantéñense á fronte da clasificación. Viajes Interrías, Sárdoma CF e PM Friol encabezan o grupo, con 22, 18 e 17 puntos respectivamente.

No grupo medio, hai outros catro galegos, co Umia CF na quinta posición sumando 13 puntos, o Victoria CF como sétimo con 12 puntos, o Dépor ABANCA B, oitavo con 11 puntos e a UD Mos novena, tamén con 11 puntos. Xa en postos de descenso, o Victoria FC e o SD Villestro ocupan as prazas dos equipos que perderán a categoría.

O Viajes Interrías suma unha xornada máis puntuando gañando ao Victoria FC

Na fin de semana, o líder deste grupo da Primera Nacional non perdoou e sumou a que xa é a súa sétima vitoria consecutiva, desta vez precisamente ante o Victoria FC. O equipo adestrado por Luis Treviño confirma o seu gran estado de forma superando ás compostelás por un 1-3 final.

O Interrías adiantaríase xa na primeira parte cun tanto de Nati, unha das máximas anotadoras da competición. A futbolistas seguiu sendo protagonista en ataque, ante un Victoria que confiaba en Laura Lorenzo e acadou o empate no inicio da segunda parte.

Porén, as visitantes reaccionaron cun segundo gol de Nati e sentenciaron o encontro cun tanto de Cata nun remate de cabeza.

Con este resultado, o Interrías segue aumentando o seu colchón de puntos fronte ao resto de equipos, e o Victoria FC suma unha nova derrota, aínda que pode presumir de terlle anotado a un equipo que mantivo a portería a cero durante seis xornadas.

Luis Treviño: “A experiencia dinos que ata o final temos que apretar”

O Sárdoma golea ao SD Villestro

Na oitava xornada, o segundo clasificado recibía ao colista, e celebrou cunha goleada a súa centésima vitoria na Primera Nacional. O Sárdoma non fallou ante o Villestro e cun 4-1 sumou outros tres puntos para afianzarse na zona superior da táboa clasificatoria.

Neste duelo, as locais non necesitaron máis de 16 minutos para encamiñar o encontro. No primeiro cuarto de hora Ainara e Noelia encargáronse de poñer o 2-0 no marcador, superando con facilidade ao Villestro.

Na segunda metade a historia non cambiou, cun equipo local sen opcións, rendido ante o Sárdoma, que aumentou a súa renda cun gol de Laura Izard no minuto 62 e outro de Irene no 86. O gol da honra para as visitantes chegaría ao fío do final, cun tanto de Aurora no 89.

Desde o seu debut na Primera Nacional, no 2012, o Sárdoma suma xa cen vitorias nesta división.

O Friol vence ao Dépor ABANCA B

Co factor campo a favor, o PM Friol superou ao filial do Dépor ABANCA na fin de semana, vencendo no partido cun 4-2.

As xogadoras da Reigosa necesitarían 17 minutos para abrir o marcador, pero co gol de Nazaret Ravelo, as lucenses aumentaron o ritmo de xogo. Cunha presión alta, o Friol foi quen de poñer en apuros á defensa deportivista, que cometería un erro que resultaría nun gol en propia porta de Paula Novo.

Antes do descanso, as branquiazuis loitaron pola remontada cun gol de Paula Monteagudo, deixando o 2-1 para a pausa. Tras a reanudación, a tensión no terreo de xogo aumentaba. O dominio seguiu sendo local, pero o marcador non se movería ata o minuto 75, cando un novo erro defensivo das visitantes provocou o gol en propia porta de Andrea Ansede.

Cun 3-1 en contra, o Dépor ABANCA B apretou para contrarrestar o resultado e logrou subir un tanto máis ao marcador grazas a Noela Sánchez. Porén, o Friol sentenciaría o encontro no 87, cun gol obra de Oliva León.

O Umia suma tres puntos vencendo ao Victoria CF

Na Coruña, o Umia visitaba ás cebras do Victoria CF nun duelo directo entre dous equipos que ocupan a zona morna da Primera Nacional. Antes deste duelo, as herculinas ocupaban a quinta posición, dous por riba do Umia, pero tras a vitoria visitante as posicións invertíronse.

No partido, as de Barrantes adiantáronse no marcador cun gol de Eva López no minuto 16. A futbolista foi protagonista nos ataques visitantes, ante un equipo de Cris Oreiro que non remataba de arrincar.

A igualdade no campo era patente, e reflectiuse no marcador no minuto 59, cun gol local obra de Blanca García. Porén, no tramo final do encontro de novo unha gran Eva López anotou para o Umia, co que sería o 1-2 final e afianzándose como a máxima goleadora do grupo.

Táboas no duelo entre a UD Mos e o Olímpico de León

Nesta xornada de Primera Nacional, a UD Mos foi o único equipo galego en xogar con outro de fóra, o Olímpico de León, un rival da zona alta que segue de preto ao podio de galegas. Cun 1-1 final, as pontevedresas plantáronlle cara ás leonesas e salvaron un punto en casa.

O primeiro gol do partido chegou da man de Beatriz Fernández para o Olímpico de León, nun penalti que non fallou ante Lucía Ameal. Nos minutos seguintes, as galegas loitaron por empatar o resultado, repoñéndose dos erros defensivos iniciais.

Antes do descanso, Lidia Varela poñía o 1-1, marcador que se mantivo conxelado ao longo da segunda parte, para un reparto de puntos nas Baloutas.

Etiquetas Dépor ABANCA BfútbolPM FriolPrimeira Nacional FútbolPrimera NacionalSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.