• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

O Teresa Herrera, primeira pedra de toque para o Dépor ABANCA 2023-24

O Dépor ABANCA busca hoxe ante o Deportivo Alavés Gloriosas a súa cuarta Torre de Hércules

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/08/2023
en Primera Federación, Fútbol
Dépor ABANCA, gañador do X Trofeo Teresa Herrera / RCD

Dépor ABANCA, gañador do X Trofeo Teresa Herrera / RCD

234
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Unha nova edición do Teresa Herrera de fútbol feminino é o punto de arranque competitivo do Dépor ABANCA para este curso 2023-24. O trofeo herculino xógase hoxe, sábado 5 de agosto, a partir das 17:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR. O rival nesta 11ª edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino é o Deportivo Alavés Gloriosas, un equipo co que comparte categoría e obxectivo. Ambos os dous bloques de futbolistas aspiran ao ascenso á elite do futfem estatal esta tempada. E para os dous o Teresa Herrera será a primeira pedra de toque.

Con Riazor como escenario de luxo para amosar a súa mellor faciana á afección branquiazul, As Nosas buscarán varias cousas. A primeira, o triunfo, levar o XI Trofeo Teresa Herrera feminino. Que a Torre quede na casa.

As Nosas do Dépor ABANCA na pretempada 2023-24 en Abegondo / RCD
As Nosas do Dépor ABANCA na pretempada 2023-24 en Abegondo / RCD

Outra é tamén fundamental en pretempada, acoplar as pezas do equipo e poñer en marcha ante un rival de empaque os plantexamentos tácticos, as xogadas ensaiadas, o xogo combinativo… en definitiva intentar deixar pegada de como vai ser o xogo que identificará ao Dépor ABANCA deste curso, o segundo na etapa de Irene Ferreras á fronte do banco.

O último e non menos importante é gozar de xogar nun escenario como Riazor e facer que o público desfrute tamén do xogo das branquiazuis e a bancada se enganche, como apuntaba a adestradora deportivista na rolda de prensa previa ao partido. Riazor non deixa de ser un escaparate para o Dépor ABANCA diante dunha parte da bancada deportivista que non coñece como xogan. E que poderían acudir a Abegondo e sumar no alento ás branquiazuis aínda en máis número. Sendo conscientes de que as entradas dos partidos das nosas xa son de por si notables, sempre se aspira a máis.

O encontro será retransmitido en directo pola canle de Youtube oficial do RC Deportivo grazas á firma Auga de Parada, segundo informa o club deportivista.

#TERESAHERRERA | Mañá sábado tes unha cita con #ANOSAHISTORIA no #TrofeoTeresaHerrera. Agardámoste en ABANCA-RIAZOR!
Tamén podes seguir os partidos #DéporABANCAAlavés e #DéporBragantino na nosa canle oficial de YouTube grazas a #DéporXiraAugadeParada con esta programación 👇🏻👇🏻👇🏻… pic.twitter.com/LPK7MC543U

— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 4, 2023

As Nosas buscarán a súa cuarta Torre de Hércules após lograr as edicións de 2016 (2-2 e 4-3 nos penaltis) ante o Villarreal CF; a de 2020 (1-1 e 5-3 nos penaltis) fronte ao Victoria CF aínda que neste caso co equipo B; e a do ano pasado (2-2 e 5-4 nos penaltis) fronte ao FC Famalicao.

As Nosas do Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA
Dépor ABANCA B celebra gañar o VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Ainhoa Marín, baixa para o Teresa Herrera

O Dépor ABANCA conta coa baixa de Ainhoa Marín, que se recupera dunha intervención de xeonllo realizado durante o descanso estival. “A súa recuperación está a ser moito máis rápida do esperado. Por como se está sentindo ela e por como está a ser o proceso, que está a ser bastante bo porque llo ha currado moito durante todo o verán, probablemente teñámola dispoñible para o principio de liga. Non sabemos en que xornada, pero nese mes de setembro seguramente”, comentou respecto diso Irene Ferreras .

#ASNOSAS convocadas para o XI #TrofeoTeresaHerrera en #ABANCARIAZOR: #DéporABANCAAlavés. Ás 17:00 h. Tamén en 📺 https://t.co/BRgppwOSdO gracias a #AugadeParada pic.twitter.com/sdU1uItgmt

— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 4, 2023

Engade a adestradora branquiazul que “ela está a desexar poder sumar para o equipo pero hai que ser cautos porque é unha futbolista súper importante para nós e querémola ter en boas condicións toda a temporada”.

Pola súa banda, Carmen Carballada, Martina Rivas e a internacional Elena Vázquez serán as representantes da canteira branquiazul na convocatoria, ademais de Paula Monteagudo, que é xa unha futbolista habitual na dinámica do primeiro equipo.

Paula Monteagudo, futbolista do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Paula Monteagudo, futbolista do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, manifestaba en rolda de prensa estar “encantada” coas futbolistas canteirás porque “tes a sorte de estar a adestrar e ves que non desentonan, que teñen un nivel parello… É certo que teñen que ir collendo hábitos máis profesionais. Para iso estamos nós, para ofrecerlles iso e ese crecemento”.

Insiste a técnica madrileña en “promocionar a esas xogadoras. Está a facerse un traballo moi bo desde abaixo e temos xogadoras moi interesantes que interesan noutros clubs. Entón hai que abrirlles a porta, hai que darlles a posibilidade non só de xogar, senón de crecer, de adaptarse a un día a día esixente, de madrugar, de adestrar, de facer cousas como coidar a alimentación, o descanso, ximnasio… Moitas cousas que hai que facer para ser futbolistas de elite. Estamos a pór eses cimentos para que esas futbolistas poidan máis pronto que tarde ser xogadoras que vexamos no campo no primeiro equipo”.

O Deportivo Alavés Gloriosas, outro aspirante ao ascenso

Pola súa banda, o Deportivo Alavés Gloriosas preséntase en ABANCA-RIAZOR despois de descender a pasada campaña da liga F e, por conseguinte, será tamén rival das Nosas en Primera Federación Iberdrola. Para as vitorianas o de hoxe en ABANCA-RIAZOR será tamén o seu primeiro test desta pretemporada. Fronte a fronte estarán dous equipos que aspiran ao ascenso.

Finalizado o encontro, o Dépor ABANCA descansará o domingo 6 de agosto e volverá aos adestramentos o luns 7 ás 10:00 en Abegondo.

Irene Ferreras: “Queremos gañar o Teresa Herrera, pero haberá rotacións”

Etiquetas Dépor ABANCADeportivo Alavés GloriosasfútbolIrene FerrerasRiazorTeresa Herrera
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.