• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Táboas no duelo polo liderado na Primera Federación entre Dépor ABANCA e SD Eibar (1-1)

O equipo que adestra Irene Ferreras foi sólido en defensa e escaso na súa creación de ocasións, de feito a súa efectividade na primeira parte foi máxima

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/10/2022
en Fútbol, Primera Federación
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

124
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As táboas que campearon no marcador ao final do partido entre Dépor ABANCA e SD Eibar dan conta da igualdade entre ambos os dous equipos nun partido no que o liderado da Primera Federación FutFem estaba en xogo. O resultado final 1-1 deixa á SD Eibar como estaba, líder, e ás galegas na terceiras. O triunfo 3-0 do Barcelona B ante o Athletic Club B pon ás blaugranas segundas por mellor golaverage.

No arranque do partido o público que se congregou nas bancadas de Abegondo foi testigo da solidez defensiva das locais, e das ganas de resolver das visitantes.

Sempre alineadas como se houbese un tiraliñas, Samara, Inés Altamira, Raquel García e Cris Martínez mandaban na zaga branquiazul. Como reforzo aparecían Henar ou Paula segundo por onde chegaba o perigo.

Samara, futbolista do Dépor ABANCA / AS NOSAS
Samara, futbolista do Dépor ABANCA / AS NOSAS

As galegas sacaban o balón en curto pese á presión alta exercida pola SD Eibar. Por moito que a bancada pásase nervios ao ver as eibarresas demasiado preto da portaría de Lucía as deportivistas non se sacudían o esférico cun paradón buscando resolver. Non. Saltaron ao campo a xogar ao fútbol e mimar o esférico. Así que aínda que asediadas polas visitante, as galegas tocaban en curto, sen dúbidas, confiando en que sabían o que facían. Algún susto houbo, pero o bloque que prepara Irene Ferreras mostrouse firme no seu facer defensivo.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Nestes minutos de xogo, habería que apuntar no debe do Dépor ABANCA a súa inexistente pegada ofensiva.  As branquiazuis amosárosen incapaces de crear ocasións. Incluso de pasar do medio campo.

Con 15 minutos de xogo a meirande parte do xogo se tiña desenvolvido na cancha das coruñesas. Eso si, sen perigo para a meta defendida por Lucía. Foi a tónica da primeira metade do partido. O Dépor ABANCA non era quen de construír e a SD Eibar asediaba ás locais cunha presión alta e asfixiante.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

O primeiro disparo a porta da SD Eibar chegou superados os 17 minutos de xogo. Botaban as visitantes un córner cun remate fóra dos tres paus de Jujuba. O remate fóiselle alto.

Efectividade máxima do Dépor ABANCA que se traduce en gol

Pasaron os minutos sen que mudase o guión ata que fixo acto de presencia, para desequilibrar o marcador a efectividade máxima do Dépor ABANCA. Case non tiñan pisado a área rival ata ese momento pero no minuto 35 as galegas transformaron a súa primeira ocasión clara en gol. Henar e Paula fixeron a xogada e meteron o balón aos pés de Raquel García que remataba cun tiro cruzado a media altura batendo a Noelia (0-1).

Xusto antes o partido estivera parado varios minutos pola lesión de Noko Matlou. Aproveitouse para unha sorte de parada para hidratación e tempo morto no que os dous técnicos deron instruccións ás futbolistas.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Co Dépor ABANCA por diante no marcador chegábase ao descanso. No arranque da segunda metade a primeira chegada deportivista, contra o minuto 48, rematou en gol de Inés Altamira, pero a liña xa tiña levantada a bandeira sinalando fóra de xogo que anulaba a xogada e polo tanto impedía que o tanto fose válido.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Esperanza Pizarro lanzaba no minuto 56 unha falta directa para a SD Eibar. O seu disparo que supera a barreira branquiazul e pasaba por encima longueiro con moito perigo xa que ía moi ben dirixido á escuadra.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Co paso dos minutos o partido complicábase para o Dépor ABANCA. No min 60 chegou unha xogada de perigo na que, con Lucía xa batida, o balón saía fóra. Na seguinte, no 61 de xogo, empataba a SD Eibar con gol precisamente da ex deportivista Andrea Sierra (1-1).

Activouse a fame de gol do Dépor ABANCA que, doente, foi a pola meta rival con ansia. Un centro de Cris que non puido remata Laura é un exemplo das chegadas das coruñesas.

Un pouco despois, no 69, Ainhoa Marín recibía o balón de Millene con moitos metros por diante. Pero, cando encaraba xa á meta, esvarou na área e esmoreceu a ocasión. Foi aí cando Laura Fernández (cunha posible lesión), deixaba o seu sitio a Eva Dios.

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS
Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Intentouno o Dépor ABANCA sen éxito nos seguintes minutos. Por exemplo cando no no 77 Eva Dios controla o balón en mediocampo para mandar cara á esquerda onde recibe Ainhoa Marín que manda un centro ao caldeiro, o remate da súa compañeira váiselle das mans a Noelia estando a piques de entrar e cruzar a liña de gol.

Entraron no campo para dar recambio e aire fresco Carlota Suárez por Charle, aportando chegadas desde a dereita do ataque deportivista. E tamén entraron Sara Navarro e Patri López por Ainhoa Marín e Samara, respectivamente.

Houbo máis de sete minutos de engadido, comprensibles polas interrupcións que tivera o xogo, pero non serviu para que nin eibarresas nin coruñesas anotasen. O 1-1 quedou no electrónico da Cidade Deportiva de Abegondo como resultado final deste duelo no cumio da Primera Federación FutFem.

Segundo informa o club coruñés As Nosas deportivistas teñen xornada de descanso mañá domingo 30 de outubro. A adestradora Irene Ferreras citou de novo ao seu cadro o luns 31 de outubro ás 10:00 na Cidade Deportiva de Abegondo para un novo adestramento.

A próxima cita do RC Deportivo ABANCA será de novo en Abegondo, o domingo 6 de novembro ás 12:00 ante o SE AEM. O cruce corresponde á oitaba xornada de Liga na Primera Federación RFEF FutFem .

FICHA TÉCNICA

1) RC DEPORTIVO ABANCA: Lucía, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara (Patri López, min. 87), Paula Gutiérrez, Henar, Ainhoa Marín (Sara Navarro, min. 87), Laura Fernández (Eva Dios, min. 70), Charle (Carlota Suárez, min. 80) e Millene.

1) SD EIBAR: Noelia, Andrea Sierra, Jujuba, Carla Andrés, Noko Matlou, Arene (Andrea Álvarez, min. 86), Honoka Yonei, Campos, Jone Ibáñez, Geraldyne Saavedra (Valentina Morales, min. 77) e Esperanza Pizarro (Kenni, min. 86).

GOLES: 1-0 Raquel García (min. 35); 1-1 Andrea Sierra (min. 62).

EQUIPO ARBITRAL: Claudia Cebollada López pertencente ao colexio valenciano. Amonestou con cartón amarelo á futbolista Paula Gutiérrez no bando deportivista (min. 73).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sétima xornada de liga na Primera Federación RFEF de Fútbol Feminino disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante unha boa entrada con preto de 500 seareiras nas bancadas. O partido entre galegas e guipuzcoanas foi transmitido pola canle de YouTube do RC Deportivo.

Etiquetas AbegondoDépor ABANCAfútbolIrene FerrerasSD Eibar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.