• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

A II edición da Copa da Costa xa ten datas

Muros acolleu o sorteo | As semifinais da II Edición feminina serán o 7 e 14 de xuño e a final o 21 | Bergantiños, As Miúdas, Cee e Mazaricos os equipos participantes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/03/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

177
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A Copa da Costa xa ten datas no que foi un sorteo moi emotivo. O Muiño das Mareas do Pozo de Cachón de Muros recolleu a testemuña do Castelo de Vimianzo como sede do sorteo da Copa da Costa, unha competición especial que todos os equipos están esperando ansiosos cada ano. A Real Federación Galega de Fútbol elixiu Muros como sede do sorteo da II edición da Copa da Costa Feminina e LVII masculina, un acto que contou coa presenza do presidente da RFGF, Rafael Louzán, da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, de varios concelleiros, así como os directivos da RFGF Juan Luis Villamisar e Silvia Cancela e unha ampla representación dos clubs da Costa.

O acto estivo á altura do marabilloso escenario no que se celebrou grazas á colaboración do Concello de Muros. Precisamente a súa alcaldesa, Inés Monteagudo, foi a encargada de dar a benvida a todos os presentes mentres a técnica de Turismo María Mallo foi a que deu todos os detalles sobre o Muiño das Mareas do Pozo de Cachón, un fantástico e emblemático lugar que acolleu este sorteo que por segundo ano se celebra cun acto especial á altura da relevancia que a competición ten para o fútbol deste magnífico recuncho de Galicia.

Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

Silvia Cancela, representante da Costa na Xunta Directiva da RFGF, agradeceu ao Concello de Muros e ao presidente da ED Os Miúdos pola colaboración prestada, e sobre todo a todos os clubs que día a día, xornada a xornada, viven con tanta paixón o noso deporte. A intervención de Cancela deu paso ao inicio do sorteo, comezando pola categoría feminina. César Méndez, presentador do acto, foi explicando os condicionantes do sorteo coa axuda de Manolo Corredoira, subdelegado federativo da Costa, que ía citando a cada un dos equipos participantes.

Sorteo da II Edición Femenina

Este ano son catro os equipos participantes na Copa da Costa da categoría feminina grazas ás incorporacións do Mazaricos CF e do UC Cee, que se suman ao Bergantiños FC (campión na primeira edición) e As Miúdas. Sen dúbida, un gran avance que pon de manifesto a progresión do fútbol feminino na comarca.

Os representantes do Cee, Bergantiños e As Miúdas (non asistiu ninguén do Mazaricos) foron os encargados de sacar as bolas deparando un apaixoante encontro entre os dous finalistas da primeira edición, o Bergantiños e As Miúdas, co partido de ida en Carballo e o de volta en Muros. A ida será o 7 de xuño e a volta o unha semana despois, o 14. Cee e Mazaricos buscarán a outra praza na final que se celebrará o 21 de xuño.

Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

Recoñecementos “Paixón polo fútbol da Costa”

Rematado o sorteo chegou o momento dos recoñecementos, da entrega dos premios “Paixón polo fútbol da Costa” que se puxeron en marcha o ano pasado en Vimianzo. Uns galardóns especiais e emotivos cos que a Real Federación Galega de Fútbol pretendou recoñecer e agradecer o traballo de persoas cunha traxectoria relevante no fútbol da Costa e que dun ou doutro xeito tanto lle deron e tanto lle dan ao noso fútbol.

Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

Jorge Rodríguez Pérez, a quen todo o mundo coñece por Jorge Parri, foi o primeiro homenaxeado. Un home que percorre cada campo da comarca, cámara en man, reflectindo na súa colección de imaxes a propia historia recente do fútbol da Costa.

O segundo premiado foi José Antonio Sarmiento Lamela, un home que xogou na Esteirana e no Muros, que foi máximo goleador da liga cinco anos seguidos e que agora colabora na ED Os Miúdos. Tamén colabora cos Miúdos Venancio Paris Paris, quen fora xogador e despois tamén directivo do Muros.

Bágoas de ledicia

A capitá das Miúdas, Patricia Estévez Pérez, recibiu o seu recoñecemento moi emocionada e sen ser capaz de evitar as bágoas. Unha muller que grazas á creación do club feminino de Muros puido cumprir o seu soño de xogar ao fútbol e xa exerce tamén como adestradora nas categorías base.

O quinto e último premio recaeu nunha persoa cunha traxectoria moi destacable. María Francisca García Romero, a quen todos coñecen por “Pacucha”, foi unha das pioneiras do fútbol feminino en Muros a finais dos anos 60 e non parou de colaborar co fútbol local, especialmente coa Esteirana.

 

1 de 3
- +
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL
Sorteo Copa da Costa II Feminina | FUTGAL

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, pechou o acto dando as grazas a Muros, á súa alcaldesa e a Vinto (presidente dos Miúdos) pola súa colaboración, por amosarse predispostos desde un principio a acoller o acto e por envorcarse coa organización. Felicitou aos homenaxeados, desexou sorte a todos na competición, salientou o incremento de equipos na copa feminina e, sobre todo, agradeceu o traballo de cada un dos clubs e o xeito en que viven e gozan co fútbol.

Unha visita guiada polo Muiño das Mareas e un viño galego xentileza do Concello serviron para poñer o punto e final a este acto que da paso xa á competición.

Etiquetas Copa da CostafútbolII Ediciónsorteo
Comparte13Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) organizou este sábado 9 de maio, en Vigo, a segunda xornada...

A Nosa Champions de fútbol, en Vilagarcía / RFGF FUTGAL

Vilagarcía albergou a 2.ª xornada da Nosa Champions Fútbol

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  O campo de fútbol municipal de Berdón, o fogar do Vilagarcía SD, vestiu as súas mellores galas este sábado...

Ascenso do Victoria CF á 2.ª Federación feminina / RFGF - FUTGAL

O Victoria CF da Coruña acada un histórico ascenso á 2ª Federación Feminina

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

O Victoria CF da Coruña acadou o ascenso a 2ª Federación logo de superar ao Zaragoza nunha gran eliminatoria. Con...

Marisa García e Mella protagonizan un encontro con seareiros da man de FEIRACO en Xuxán / CLUN

Feiraco fai que os afeccionados e futbolistas do RC Deportivo se encontren no Eroski de Xuxán na Coruña

por Redacción As Nosas
07/05/2026
0

  David Mella e Marisa García, xogadores do RC Depotivo e do Dépor Abanca, protagonizaron un encontro con afeccionados do...

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.