• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto

Os acenos de identidade do CB Arxil nestes 35 anos de paixón polo baloncesto

Maite Méndez coñece mellor que ninguén que é iso do ADN CB Arxil | "Oxalá pronto o club poida ter como obxectivo o xogar na Liga Feminina Endesa porque sería todo un reto para nós”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/03/2020
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Todos os participantes do Torneo de Valongo / C.B. ARXIL

Todos os participantes do Torneo de Valongo / C.B. ARXIL

147
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Naceron como club apenas 35 anos atrás e fixérono co firme o convencemento de que a muller pontevedresa podía ter un papel relevante no deporte da súa cidade. Unha filosofía que antepuxeron durante estes 35 anos a todos e cada un dos seus pasos nun baloncesto nacional no que o CB Arxil de Maite Méndez Fernández e Milagros Sanmartín Villaverde demostraron que a mera paixón pode ser capaz de romper coa lóxica da razón.

Co puño dereito levantado, Milagros Sanmartín trataba de relaxar as pulsacións dun corazón que palpitaba aínda con forza cando o equipo logrou o seu maior reto e foi alla polo 2001. E non era para menos xa que o seu equipo acaba de escribir unha das páxinas máis brillantes da súa historia ,mantivéronse na recentemente creada Liga Feminina 2.

Plantel CB Arxil 2019-2020 - CB Arxil
Plantel CB Arxil 2019-2020 – CB Arxil

“La hemos liado”, narraba nas súas primeiras palabras Milagros Sanmartín. Unha frase coa que resumía en apenas uns segundos a filosofía do CB Arxil que pareceu emocionase a quen se atopaba neses momentos ao seu lado, unha Maite Méndez que sabe mellor que ninguén que é iso do “ADN CB Arxil”.

Así o lembra Maite méndez ,unha adestradora que dedicou os últimos 35 anos da súa vida para dar vida a un proxecto que naceu da súa man e doutro grupo de persoas no mes de agosto do 1984 e que se atopa ás portas do seu 36 aniversario. Un tempo no que foi capaz de levar ás súas mozas desde a Segunda División Galega a unha LF2 na que disputaron dúas edicións de Playoffs e unha fase final en Lugo.

Conseguiron o ascenso e tiveron que renunciar a él por motivos económicos motivados polo traballo das xogadoras e adestradoras. E todo iso sen perder a humildade daqueles primeiros días de traballo e nin moito menos a esencia que permitiu ao conxunto pontevedrés o poder facer do seu corazón o músculo máis valioso cando saltan á pista. Porque tan só con esa paixón pode diluírse a lóxica da razón nun club impulsado polas seguintes premisas innegociables.

Maite Méndez, a adestradora do equipo pontevedrés / C.B. ARXIL
Maite Méndez, a adestradora do equipo pontevedrés / C.B. ARXIL

As claves do CB Arxil de Maite Méndez

A preparadora pontevedresa ten sempre presente a importancia da xogadora pontevedresa: “Sempre quixemos que o noso aceno de identidade fose a xogadora pontevedresa, que fosen elas quenes tivesen a oportunidade de converterse en referentes no equipo da súa terra. Deste xeito, iamos contribuír a que levasen unha vida o máis completa posible podendo compatibilizar os seus estudos ou posibles incursións no mercado laboral coa súa condición de deportista . Cos anos foi un pouco máis complicado o poder manter esa aposta porque o nivel de esixencia cada vez foi máis alto e os recursos económicos non sempre son o suficientemente altos, pero sempre tivemos esa filosofía de poder manter ás xogadoras pontevedresas no primeiro equipo”.

Maite Méndez CB Arxil | CBA

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Sempre quixemos que o noso aceno de identidade fose a xogadora pontevedresa, que fosen elas quenes tivesen a oportunidade de converterse en referentes no equipo da súa terra”.

Maite Méndez teno claro. Dispoñer dunha canteira tan valiosa como o seu primeiro equipo: “Para nós a canteira é un valor fundamental, ata tal punto de que en ningún momento fixemos distinción entre os nosos equipos de formación e o primeiro equipo. Incluso parte das subvencións ou patrocinios que nos chegan para o primeiro equipo termínanse destinando ao proxecto de formación e canteira, algo que non pasa en moitos sitios pero que facemos co único fin de poder dar un trato de igualdade ás xogadoras independentemente da súa categoría”.

“Todo isto axúdanos a xerar un sentimento nas nosas mozas polas cores do equipo. Dános unha gran proximidade entre as mozas da base e o primeiro equipo, algo que é fundamental para nós”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Para nós a canteira é un valor fundamental, ata tal punto de que en ningún momento fixemos distinción entre os nosos equipos de formación e o primeiro equipo”.

O plantel do Arxil na Liga Feminina 2 / C.B. ARXIL
O plantel do Arxil na Liga Feminina 2 / C.B. ARXIL

“Neste club non hai probas de acceso, toda nena que queira facelo, pode xogar connosco”

Un proxecto moito máis alá do deportivo, cunha idiosincrasia propia: “Aínda que é algo polo que sempre apostamos, ao club faltáballe por desenvolver a área social, algo que se fixo durante as últimas tempadas dunha maneira especial. Agora conta cun apartado específico que nos leva a visitar colexios a apoiar a colectivos con problemas . Neste club non hai probas de acceso para seleccionar ás mellores, senón que toda aquela nena que queira facelo, pode xogar connosco”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Neste club non hai probas de acceso para seleccionar ás mellores, senón que toda aquela nena que queira facelo, pode xogar connosco”.

A veterá adestradora avoga por un club serio e respectado como punto de partida no deportivo: “Unha das nosas máximas como club é a de tentar ser sempre o máis transparentes posibles, un club que vaia de fronte e no que todos sexamos moi sinceros. Quixemos facer un CB Arxil moi familiar no que a nivel loxístico poñamos todos os recursos que teñamos nas nosas mans para que as xogadoras sentan a gusto entre nós. Ao final iso axúdache á hora de poder convencer as xogadoras para que estean contigo porque saben que aquí nos preocupamos por elas e que o seu benestar é toda unha prioridade para nós”.

As xuvenís do Arxil recolleron o trofeo de campioas / C.B. ARXIL
As xuvenís do Arxil recolleron o trofeo de campioas / C.B. ARXIL

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Unha das nosas máximas como club é a de tentar ser sempre o máis transparentes posibles, un club que vaia de fronte e no que todos sexamos moi sinceros”.

Unha das claves do éxito, é que Maite Méndez e o seu corpo técnico senten o proxecto como propio. “O CB Arxil é un club que nos deu a estabilidade e a confianza necesaria como para que construísemos un corpo técnico que é unha auténtica familia. Persoalmente sempre tento darlles a todos o valor que merecen e que o seu nome soe tanto como o meu porque somos un grupo moi sólido e unido. Isto axúdache moito no día a día, pero xa non só no relativo ao noso traballo senón que che permite mesmo o poder transmitirlles ás xogadoras un sentimento de seguridade que axuda a crecer ao equipo”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “O CB Arxil é un club que nos deu a estabilidade e a confianza necesaria como para que construísemos un corpo técnico que é unha auténtica familia”.

Sobre a cancha, nada é imposible para o conxunto dirixido pola pontevedresa: “Esa é sempre a nosa filosofía independentemente de quen sexa o rival ou de como vaia o partido. Aquí dá igual que xoguemos contra o último clasificado que contra o primeiro xa que temos un equipo capaz de afrontar calquera reto que se lles poña por diante. Esa foi sempre una das nosas pautas, pero este ano co bloque de xogadoras nacionais e galegas que fixemos, o equipo foi capaz de poñer toda a súa paixón sobre a pista para que a lóxica non entre en razón”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Aquí dá igual que xoguemos contra o último clasificado que contra o primeiro xa que temos un equipo capaz de afrontar calquera reto que se lles poña por diante”.

Seareiros na bancada / CB Arxil
Seareiros na bancada / CB Arxil

Unha marea verde como “o mais valioso” do equipo

Méndez tivo tamén unhas verbas de agrademento de cara á bancada verde que sempre está ao lado do seu equipo: “CB Arxil é paixón sobre a pista e, co paso das tempadas, todo ese sentimento foi subindo ás bancadas ata poder presumir agora mesmo dunha das afeccións máis fieis da categoría. Axúdannos moito en cada partido e por iso, cando vedes bágoas no rostro das xogadoras despois dunha vitoria importante, é pola sensación que teñen de poder recompensar todo o seu apoio. Equipo e afección somos un e iso é grazas ao seu apoio incondicional”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “CB Arxil é paixón sobre a pista e, co paso das tempadas, todo ese sentimento foi subindo ás bancadas ata poder presumir agora mesmo dunha das afeccións máis fieis da categoría”.

Galegas, nacionais con aroma internacional e foráneas con fame de crecer no mundo do basket

“No club hai un sentimento de orgullo porque xogadoras como Natalia Lopez , elixiu o noso proxecto. Fichaxes así nos transmiten que as xogadoras confían no noso proxecto, que senten que o CB Arxil pode ser un lugar importante para elas e que están convencidas de que aquí podemos axudalas a dar un paso adiante. Saben que somos un club familiar pero que cada día conta cun maior potencial como demostrou posteriormente a fichaxe de xogadoras como Forster quen apostou por nós a pesar de ser unha gran xogadora na súa etapa universitario”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “No club hai un sentimento de orgullo porque xogadoras como Natalia Lopez , elixiu o noso proxecto. Fichaxes así nos transmiten que as xogadoras confían no noso proxecto, que senten que o CB Arxil pode ser un lugar importante para elas”.

Presentación de Johanna Puchetti / C.B. ARXIL
Presentación de Johanna Puchetti / C.B. ARXIL

Maite Méndez quixo finalizar destacando a humildade sempre presente no conxunto pontevedrés: “Ao longo da nosa historia sempre tivemos plantillas humildes e traballadoras así que, mentres eu estea neste equipo, creo que nunca imos perder esa filosofía. Aquí as xogadoras traballan en cada adestramento e esfórzanse en cada partido coma se fose o máis importante da tempada independentemente do rival e iso é o que nos levou ata aquí”.

“Non houbo un ano no que non seguísemos crecendo e oxalá iso poida levarnos pronto a alcanzar novas cotas. Queremos seguir estabilizándonos e, aínda que a día de hoxe é complicado, oxalá pronto o club poida ter como obxectivo o xogar na Liga Feminina Endesa porque sería todo un reto para nós”.

Maite Méndez, adestradora do CB Arxil: “Aquí as xogadoras traballan en cada adestramento e esfórzanse en cada partido coma se fose o máis importante da tempada independentemente do rival e iso é o que nos levou ata aquí”.

Etiquetas baloncestobasketCB Arxilliga feminina 2Maite MéndezMilagros Sanmartín
Comparte13Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.