• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Nerea Pampín e Nerea Iglesias, campioas estatais Sub-23

Galicia pecha con catro títulos Sub-23 o Campionato de España de Loitas Olímpicas celebrado en Santiago

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A loitadora galega Nerea Pampín / FEGALOITA

Nerea Pampín / FEGALOITA

571
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Un póker de coroas individuais en categoría Sub-23 puxo o broche de ouro para Galicia no Campionato de España de Loitas Olímpicas que se disputou durante esta fin de semana en Santiago de Compostela. Arón Ayude, Nerea Iglesias, Nerea Pampín e Santiago Sánchez proclamáronse campións estatais no Pavillón de Santa Isabel.

Pavillón de Santa Isabel, escenario do Campionato de España de Loita / FEGALOITA
Pavillón de Santa Isabel, escenario do Campionato de España de Loita / FEGALOITA

A cita, que reuniu a máis de 500 deportistas baixo un estrito protocolo de seguridade sanitaria, baixou o pano coa federación anfitrioa obtendo o subcampionato por autonomías na modalidade de Loita Libre Olímpica.

A segunda e última xornada destes campionatos celebrados sen presenza de público dedicouse exclusivamente ás competicións Sub-23. Dous clubs galegos obtiveron cadanseu dobrete.

Nerea Pampín vence en 68kg e Nerea Iglesias en Loita Feminina

O Keltoi de Vila de Cruces festexou as vitorias de Nerea Pampín, na categoría de 68 kilos, e a de Santiago Sánchez, na de 97. Pola súa banda, a Escola Ayude de Santiso, fíxose cos títulos individuais de Nerea Iglesias na Loita Feminina e de Arón Ayude na modalidade Grecorromana de 130 kilos.

Santiago Sánchez / FEGALOITA
Santiago Sánchez, loitador do Keltoi de Vila de Cruces / FEGALOITA

Os resultados da matinal domingo outorgaron á federación galega a segunda posición na clasificación por autonomías de Loita Libre Olímpica, mentres que a delegación anfitrioa quedouse ás portas de subir ao podio nas outras dúas modalidades, Feminina e Grecorromana, ao ocupar a cuarta posición.

Os seleccionadores estatais non perderon detalle do acontecido en Compostela para confeccionar a convocatoria do combinado español que a mediados de abril participará en San Javier (Murcia) nunha concentración e competición de carácter internacional.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FEGALOITA (@fegaloita)

Campionato Escolar e Cadete

A xornada dominical deu continuidade ao acontecido o día anterior no Campionato de España Escolar e Cadete. Nas categorías Sub-15, dous galegos ocuparon o chanzo máis alto do caixón. Volodymir Datsenko, do Keltoi, colgouse o ouro na categoría de 41 kilos e Carmen Naveiro, do Club de Loita Pontevedra, na competición feminina.

O outro título individual galego do sábado chegou no Campionato de España Cadete. Anxo Lomba, do Club de Loita Sabarís, impúxose entre os Sub-17 en Loita Libre Olímpica.

Deste xeito, a federación anfitrioa alcanzou a terceira posición na táboa conxunta do Campionato Escolar e Cadete, por detrás da vencedora Andalucía e da Comunidad de Madrid. Os responsables de Galicia outórganlle “un valor especial a este resultado debido a que os loitadores galegos destas categorías estiveron dende marzo do 2020 ata hai dúas semanas sen poder competir. Un ano en branco no que os clubs realizaron un gran traballo para que as rapazas e os rapaces non se desligaran deste deporte. Ese obxectivo conseguírono manténdoos activos grazas ás sesións online e outras iniciativas levadas a cabo mentres noutros territorios de España estaba permitida a competición”.

A loita galega tamén exhibiu nestes campionatos o seu nivel arbitral, sendo con cinco a comunidade que máis árbitras noveles aportou, e de técnicos. A Federación Galega quixo premiar o traballo dos novos adestradores “convocándoos para que viviran unha competición de nivel estatal e, asemade, os deportistas autonómicos recibiran a máxima atención”.

Éxito dunha organización liderada por FEGALOITA

Este campionato efectuouse baixo un protocolo, con tests de antíxenos antes e durante o competición, mediante o cal se creou unha burbulla para limitar o máximo posible o risco de contaxios. “É moi complicado organizar eventos coa máxima seguridade e aquí conseguiuse”, destacaron dende a organización.

A Federación Galega de Loita (FEGALOITA) contou coa colaboración da Federación Española de Luchas Olímpicas, do  Club de Loita Stellae, do Concello de Santiago de Compostela, da Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación da Coruña.

A organización estima que este campionato deixou máis de 120.000 euros de retorno económico na capital autonómica.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FEGALOITA (@fegaloita)

Etiquetas fegaloitagrecorromanaloitaLoita Libre OlímpicaNerea IglesiasNerea Pampín
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

por Sara González
13/01/2026
0

Esperanza Segade converteuse na primeira muller árbitro de Loita Olímpica en España, abrindo camiño nun deporte historicamente masculinizado. Nerea Vila,...

A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

por Sara González
13/01/2026
0

Nerea Vila (Vigo, 1993), campioa de España de Loita na súa etapa como deportista, exerce actualmente como adestradora persoal e...

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

por Sara González
13/01/2026
0

Esperanza Segade (1952) foi unha verdadeira pioneira no mundo da loita. Nos anos oitenta conseguiu converterse na primeira galega árbitro...

Lydia Pérez, loitadora internacional galega / FEGALOITA

Lydia Pérez lidera o ránking estatal de Loita feminina 2023

por Redacción As Nosas
12/12/2023
0

  A loitadora galega Lydia Pérez lidera o ránking estatal femenino de Loita toda vez que a Federación Española de...

Concentración no CEMAR da Selección Española U15 en Mondariz / FEGALOITA

O Complexo Natural CEMAR de Mondariz, centro estatal da loita feminina coa concentración da Selección Española U15

por Redacción As Nosas
20/10/2023
0

  O Complexo Natural CEMAR de Mondariz, é o lugar elixido para levar a cabo esta actividade con un marcado...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.