O pavillón municipal de Oira acolleu a 13º Copa Deputación de Ourense de Loitas Olímpicas en categorías base. A cita tivo lugar o pasado sábado 7 de outubro. No recinto deportivo déronse cita un cento de deportistas que gozaron dunha competición que da inicio á tempada de Loitas Olímpicas.
O 1 de outubro arrincaba de forma oficial a nova tempada 2023/24 de Loitas Olímpicas, coincidindo co calendario escolar. A primera cita desta nova tempada foi a 13º Copa Deputación de Ourense á que finalmente acudieron media ducia de equipos e preto dun cento de deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
A competición desarrollouse en tres tapices de loitas olímpicas. Foi un escenario perfecto para esta xornada con equipos mixtos e nos que o importante foi o aspecto formativo.
Desde a Federación Galega de Loita salientan desta competición “o aumento significativo do número de deportistas femininas, que ano tras ano están ocupando máis espazo deportivo e cobran protagonismo”.
Explican desde FEGALOITA que as Loitas Olímpicas “están levando a moitas rapazas a practicar unha disciplina olímpica na que tempada tras tempada síntense protagonistas por resultados e volume”.
Os clubs participantes en esta jornada de formación y competición adaptada, fueron:
- Club de Loita Atila de Ourense (anfitrión desta Copa Deputación de Ourense)
- Club de Loita El Castro de Vigo.
- Club Kuzushi de Vigo.
- Club A Cambadela de A Estrada.
- Club de Loita Lugo.
- Club Senín de Cambados.