Kevin Cabado Sánchez (Curtis, A Coruña, 8 de setembro de 1994) releva a Rocío Candal como responsable do Dépor ABANCA.
Graduado en Maxisterio de Educación Primaria (especialidade de Educación Física), Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, Técnico Deportivo Superior en Fútbol, Kevin Cabado dirixiu ao Dépor ABANCA B desde a temporada 2017-18, etapa na que logrou o ascenso a Primeira Nacional e un título de Copa Galicia Feminina (temporada 2017-18).
Kevin Cabado compaxinou o banco do filial feminino co seu cargo de coordinador de fútbol base do Orzán SD, co que o RC Deportivo mantén un convenio de filialidad. Durante este tempo creou unha estrutura de canteira con todas as categorías do fútbol base (benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) logrando os títulos galegos en infantís (4 ocasións) e cadetes (as 2 nas que se disputou o campionato).
Deste traballo coa base beneficiáronse varias xogadoras internacionais nas categorías inferiores da selección española con pasado ou presente na canteira deportivista. É o caso de Sara Álvarez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Aroa Guerra, Paula Novo, Abril Pazos, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.
Desde o RC Deportivo trasladan o agradecemento a “Rocío Candal a súa profesionalidade e dedicación na súa estancia no Dépor ABANCA, á vez que lle desexa moita sorte no seu futuro profesional”.