Fútbol e solidariedade van da man na I Xornada Solidaria AFAC ‘Facendo Cidade’ que organiza a Asociación de Fútbol Aficionado en A Coruña e que terá lugar o vindeiro sábado 9 de setembro a partir das 10:15 da mañá nos Campos da Torre.
A actividade futbolística organizada pola AFAC en na que colabora o Concello da Coruña ten como obxectivo recadar leite para doar á Cocina Económica. A meta está conseguir sumar en 500 litros de leite.

No Campo da Torre 2 xóganse estos cruces con estos horarios:
Alevín Feminino:
- 10:15 silva SD – Orzán SD
- 10:45 Perdedor Primeiro Partido – Victoria CF
- 11:15 Victoria CF – gañador Primeiro partido
Veteranos:
- 12:00 Veteranos RC Deportivo – Selección de Veteranos
No Campo da Torre 5 dispútanse estos partidos con estos horarios:
- 11:00 Asociación Prensa – Famosos
- 11:30 Perdedor Primer Partido – Políticos da Corporación Municipal da Coruña
- 12:00 Políticos da Corporación Municipal da Coruña – Gañador Primeiro Partido
Os Kilomberos de Monte Alto súmanse tamén a esta actividade deportiva e solidaria animando.
Na lista de convocados están xornalistas, deportistas e concelleiros como: Touriñán, Fede, Carlos Ares, Xosé Cendan, Xesus Cachorro, Luis Penide, Pedro Nimo, Sabin Bilbao, Mauro Triana, Gabriel Rodríguez, Carlos Cortes, Alejandra Fernández, Pablo Varela, Óscar Martínez, Loreto Silvoso, Moncho Viña, Alex Centeno, Alex Soto, Lis Franco, Armando Palleiro, José Carlos Tuñas, María Bilbao, Estefanía Méndez, Divina Leis, Alba Canosa, Manuel Vázquez, José Manuel Lage, Diana Cabanas, Montse Paz, Gonzalo Castro, Francisco Jorquera, David Soto, Avia Veira, Roberto Rodríguez, Gonzalo Mora, Susana Catalán, Roberto García e Martín Pais (do equipo de redacción de As Nosas).