• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Deputación da Coruña recoñece o talento e o esforzo dos mellores deportistas da provincia en 2022 na súa primeira gala do Deporte

O presidente, González Formoso, apuntou a importancia destes premios para visibilizar o traballo de grandes deportistas que “son tamén os mellores embaixadores e embaiadoras desta provincia”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/03/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Foto de grupo das persoas galardoadas nos I Premios do Deporte da Deputación da Coruña / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Foto de grupo das persoas galardoadas nos I Premios do Deporte da Deputación da Coruña / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

164
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Paula Lema, Carlos Arévalo, Paula Otero, Purificación López, Moncho Fernández, Almudena Quereda Isidoro Hornillos, Paula Canedo, Damián Suárez, Jacobo Garrido, Noa Romero, Jacobo Copa, Lucas Yáñez e Miguel Alvariño, entre as persoas galardoadas.
  • Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, destacou o gran nivel dos e das deportistas coruñeses e o compromiso da Deputación para “fomentar o deporte desde a base”.

O Teatro Colón acolleu esta noite a gala de entrega dos I Premios do Deporte da Deputación da Coruña, nos que a institución distingue publicamente ás persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva no ano 2022. Un total de 14 premios outorgáronse durante esta cita que congregou a numerosas personalidades do mundo do deporte e a centos de representantes dos clubs deportivos da provincia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, comezou a súa intervención cun emotivo recordo a Pablo Aguirregabiria, entrenador do OAR Coruña, que perdeu a vida esta semana nun accidente.

Formoso felicitou aos premiados e agradeceulles o seu esforzo diario e dedicación “como un exemplo a seguir por todos e todas”. “Sodes hoxe os protagonistas destes galardóns que vos distinguen publicamente pola vosa traxectoria deportiva, pero tamén son un recoñecemento ao voso esforzo e aos valores que transmitides á sociedade”.

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña significaba sobre as persoas premiadas: “Sodes hoxe os protagonistas destes galardóns que vos distinguen publicamente pola vosa traxectoria deportiva, pero tamén son un recoñecemento ao voso esforzo e aos valores que transmitides á sociedade”

⚫ O presentador, Terio Carrera, lembra nesta xornada a Pablo Agurrebería, recentemente falecido, cunha pequena homenaxe.

A súa figura, como adestrador do @OARCorunaBM e fiel defensor do deporte e do seu equipo, foi todo un referente para o deporte coruñés. pic.twitter.com/ixWKv340SZ

— Deputación da Coruña (@Depucoruna) March 31, 2023

O presidente da Deputación da  Coruña apuntou a importancia destes premios para visibilizar, precisamente, o traballo destes grandes deportistas que “son tamén os mellores embaixadores da nosa provincia”. Destacou tamén o gran nivel dos e das deportistas coruñeses, que se sitúan á vangarda do deporte galego “o que supón un orgullo” e incidiu no compromiso da Deputación da Coruña de “fomentar o deporte desde a base”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formsoso, incidiu no compromiso da entidade provincial de “fomentar o deporte desde a base”

Un traballo que explicou polo miúdo a deputada de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, que subliñou que a acción deportiva do ente provincial “chega a todos os concellos e á inmensa maioría dos clubs da provincia” para apoiar a súa labor.

Cristina Capelán, deputada provincial de Deportes na Deputación coruñesa subliñou que a acción do ente provincial: “chega a todos os concellos e a inmensa maioría dos clubs da provincia da Coruña”

Capelán salienta a importancia das bolsas ao deporte

Capelán tivo unha mención especial para o deporte feminino e adaptado, que a Deputación potenciou especialmente nos últimos anos, e para as bolsas de apoio aos deportistas “que ao longo dos anos nos deron enormes satisfaccións, xa que permiten aos atletas e deportistas dar os seus primeiros pasos antes de conseguir grandes recoñecementos”, afirmou.

Catorce persoas galardoadas nestes Premios do Deporte Deputación da Coruña

Na gala premiouse a Carlos Arévalo como mellor deportista masculino. Arévalo é o único piragüista español de todos os tempos que gañou dous ouros nun mesmo campionato do Mundo.

A mellor deportistas feminina foi Paula Otero, que no ano 2022 acadou o ouro na distancia de 5.000 metros libres no Campionato de España de longa distancia nas categorías de absoluta moza e absoluta.

Purificación López foi recoñecida como mellor deportista veterana feminina. Estivo alonxada do deporte durante oito anos por una lesión e que retornou en 2018 para gañalo case todo no mundo do triatlón, acuatlón o duatlón.

No caso de Damián Suárez, o triatleta de Cedeira foi galardoado como mellor deportista promesa masculino categoría base, que sumou ao seu palmarés os títulos de campión de España cadete de triatlón e acuatlón, mailo bronce no Campionato de España de duatlón cadete.

Na haltera Paula Canedo recaeu o premio como mellor deportista promesa feminina categoría base. A levantadora coruñesa acadou no 2022, na categoría Sub-17 e peso corporal de 81 quilos, nada menos que tres medallas no Campionato de Europa de levantamento de peso.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

O nadador Jacobo Garrido foi elixido polo xurado como mellor deportista con diversidade funcional masculino. Cunha deficiencia femoral conxénita, Garrido derrubou récords e barreiras na piscina logrando o pasado 2022 o cuarto posto no Campionato do Mundo de natación adaptada.

Tamén practica natación adaptada a gañadora do premio como mellor deportista con diversidade funcional feminina, que foi Almudena Quereda. Esta nadadora coruñesa levou o premio como recoñecemento aos seus títulos de campioa de España na categoría S8 nos 200 estilos, así como nos 400, 100, 50 libres, ademais de ser subcampioa nos 200 libres.

Moncho Fernández foi elixido como mellor adestrador, polos seus éxitos no banquiño do Monbús Obradoiro.

No caso de Paula Lema Parga, o premio foi como mellor árbitra. Paula Lema é unha das dúas colexiadas de maior nivel de Galicia e integrante do primeiro trío arbitral integramente feminino en dirixir un encontro de máxima categoría masculina (ACB).

O  premio a toda unha vida dedicada ao deporte recaía en Isidoro Hornillos, quen atesora unha traxectoria enorme ligada ao atletismo, primeiro como deportista, pero tamén como o adestrador e xestor (ata hai pouco era o presidente da Federación Galega de Atletismo). Está considerado unha autoridade nacional e internacional no atletismo.

Por outra banda, tamén houbo mencións especiais que recaeron en catro deportsitas. Unha delas foi Noa Romero Fernández, taewondista de Porto do Son na categoría de mellor deportista promesa feminina categoría base, convertida xa nunha referencia  no mundo do Taekwondo.

Tamén se recoñeceu o talento de Jacobo Copa Chas, na categoría de mellor deportista promesa masculino categoría base, como capitán da selección española de hockey sobre patíns.

Sen deixar os patíns pero si o hoquei, houbo mención especial para a Lucas Yáñez Pérez, na categoría de mellor deportista masculino, que acumulou título tras título no 2022 na categoría júnior de patinaxe artística.

Nesa lista de catro mencións especiais estivo tamén Miguel Alvariño, na categoría de mellor deportista masculino, salientándose no seu caso éxitos como a consecución do campionato de Europa e o subcampionato na final da Copa do Mundo. O pontés Miguel Alvariño é o número 1 do ránking mundial en tiro con arco.

Etiquetas Almudena QueredaCarlos ArévaloCristina CapelánDamián SuárezJacobo CopaJacobo GarridoLucas YáñezMiguel AlvariñoMoncho FernándezNoa RomeroPaula CanedoPaula LemaPaula OteroPremios Deputación da CoruñaPurificación LópezValentín González Formoso
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

BAXI Ferrol, campión Copa Galicia 2025 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

A XXXVIII Copa Galicia Feminina vai para as vitrinas do BAXI Ferrol ao vencer ao Ensino 60-64

por Redacción As Nosas
20/09/2025
0

O BAXI Ferrol saíu triunfador do partido final da XXXVIII Copa de Galicia de Baloncesto feminino ao imporse por un...

Almudena Quereda, prata nos 3.000m na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas / CONCELLO DA CORUÑA

Almudena Quereda, prata nos 3.000 metros na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  A nadadora coruñesa Almudena Quereda conseguía ser subcampioa na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas. A...

Paula Otero / CN ARTEIXO

Paula Otero, convocada pola RFEN para o campionato do Mundo absoluto de Augas Abertas 2025

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  A nadadora galega Paula Otero foi convocada pola RFEN (Real Federación Española de Natación) para formar parte do equipo...

Paula Otero, prata na distancia 5k no Campionato de Europa de Augas Abertas / CN ARTEIXO

Paula Otero, subcampioa de Europa no 3K Knockout Sprint

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

  A nadadora galega Paula Otero vén de conseguir o subcampionato de Europa na proba 3K Knockout Sprint. A deportista...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.