• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Preto de 80 deportistas disputarán o Campionato Galego Universitario de Natación 2024 que este ano organiza a USC

Nesta cita deportiva hai máis nadadoras que nadadores inscritos | Esta será a terceira edición do Campionato Universitario dende a pandemia, logo das edicións de 2022 (organizada pola Universidade de Vigo en Ourense) e de 2023 (organizada pola Universidade da Coruña en Ferrol)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/02/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Presentación do Campionato Galego Universitario de Natación 2024 organizado pola USC / XUNTA DE GALICIA

Presentación do Campionato Galego Universitario de Natación 2024 organizado pola USC / XUNTA DE GALICIAfoto xoán crespo

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A USC será a universidade anfitrioa do Campionato Galego Universitario de Natación 2024 que se desenvolverá o vindeiro 29 de febreiro na Piscina Universitaria.

Arredor dun cento de persoas entre deportistas, persoal técnico das universidades, organización, xuíces, e cronometradores/as participan neste evento que, tal e como destacou o reitor Antonio López Díaz, evidencia o compromiso da USC coa alianza entre Universidade e Deporte. “Esta é unha alianza imprescindible, moi necesaria, e que achega moitos valores dende múltiples puntos de vista para a sociedade”, explicou o reitor.

Na presentación do Campionato, que tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, tamén interviñeron José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Antonio Leira Piñeiro, deputado provincial de Deportes da Deputación da Coruña; Pilar Lueiro García, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela; Juan Carlos Brión Lema, presidente da Federación Galega de Natación; e José Rioseco Díaz, presidente do Club Natación Cidade de Santiago.

“Estamos a apoiar un deporte que realmente merece a pena”, dixo José Ramón Lete Lasa, quen tamén  felicitou as universidades polo seu impulso da natación, feito que fai que “o estudantado teña unha vida mellor”, afirmou. O mandatario galego lembrou a importancia da actividade física nos máis novos e sobre todo dun deporte como a natación “que exercita dous terzos de todos os nosos músculos”.

O secretario xeral lembrou a igualdade dun deporte como a natación que conta con preto de 5.250 licenzas federativas, repartidas practicamente ao 50% entre os dous sexos, pero cunha lixeira maioría de mulleres.

Pola súa parte, Antonio Leira puxo o foco na colaboración entre administracións “que fai que sexamos imparables”, subliñou, para despois destacar “o potencial enorme” que Galicia alberga nesta modalidade deportiva. Finalmente, Pilar Lueiro puxo de relevo o papel de Compostela como “cidade de acollida” para este campionato e engadiu que dende o primeiro momento tiveron claro que “Universidade e Concello teñen que ir collidos da man”.

Maioría feminina neste Campionato Universitario Galego de natación

Na competición, a maioría dos deportistas son mulleres. En concreto, daranse cita un total de 44 nadadoras e 35 nadadores. De entre o conxunto de participantes 30 proceden da USC, 22 da UDC e 27 da UVigo.

O campionato abracará dez probas da categoría absoluta feminina, outras dez da absoluta masculina, e dúas probas de remudas mixtas.

Cada Universidade pode participar como máximo con catro deportistas por proba e cada deportista, como máximo, poderá participar en dúas probas individuais, á marxe das probas de remudas nas que sexa seleccionado/a. Os xuíces serán designados pola Federación Galega de Natación.

As probas desenvolveranse entre as 11.30 e as 13.00 horas deste xoves 29 e ao remate procederase á entrega de medallas e trofeos. A USC organiza o Campionato 2024 e conta coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Federación Galega de Natación e Club Deportivo Natación Cidade de Santiago. No ano 2022, a UVigo foi a institución anfitrioa, mentres que en 2023 foi a quenda da UDC.

Carla Carrón, Paula Otero ou María de Valdés, referentes da natación galega

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, destacaba o excelente estado de saúde da natación feminina na presentación do Campionato Universitario Galego.

Neste Campionato Universitario de Natación hai, como indicabamos previamente, maior participación feminina  que masculina. Ao fío deste dato, o responsable do Deporte galego salientou o excelente estado de saúde da natación feminina galega grazas aos éxitos acadados por nadadoras como Carla Carrón, Paula Otero ou María de Valdés, que vén de acadar praza olímpica para os Xogos de París 2024, tras a súa medalla de prata no Mundial de Augas Abertas.

Etiquetas Campionato Universitario GalegoCarla CarrónMaría de ValdésNATACIÓNPaula OteroUDCUdeVigoUSC
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Travesía da Costa / CONCELLO DA CORUÑA

A VIII edición da Travesía da Costa da Coruña contará con probas de 1.000, 5.000 e 10.000 metros de natación en augas abertas

por Redacción As Nosas
25/09/2025
0

Este domingo A Coruña acollerá a sexta proba do circuíto Travesía da Costa 2025, o que será, ao mesmo tempo...

Noa Borrazás, vencedora da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios da Travesía a Nado na Enseada de San Amaro...

Travesía a Nado na Enseada de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

Lucas Costa e Noa Borrazás álzanse coa vitoria na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, que contou coa participación de 200 deportistas

por Redacción As Nosas
21/09/2025
0

  Unhas 200 persoas participaron esta mañá de domingo na Travesía a Nado na Enseada de San Amaro, unha das citas...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado de San Amaro posponse por mor da desfavorable previsión meteorolóxica desta fin de semana

por Redacción As Nosas
29/08/2025
0

A 84ª edición da Travesía a Nado de San Amaro, prevista este domingo 31 de agosto, será finalmente posposta ante a previsión...

Travesía a nado de San Amaro / CONCELLO DA CORUÑA

A Travesía a Nado á Enseada de San Amaro volve este domingo ao mar cunha participación de 300 deportistas

por Redacción As Nosas
26/08/2025
0

A praia de San Amaro acollerá este domingo, 31 de agosto, a celebración da LXXXIV edición da Travesía a Nado á Enseada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.