• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xornada Brecha de Xenero no Deporte reflexiona sobre a desigualdade

A cita tivo lugar na Fundación Luis Seoane e estaba organizada pola Deputación da Coruña e contou coa colaboración da Fundación RC Deportivo de La Coruña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/03/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Xornada Brecha de Xénero no deporte / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Xornada Brecha de Xénero no deporte / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

58
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Entre das actividades ligadas ao 8M (Día Internacional da Muller) que puxo en marcha a Deputación da Coruña estivo unha xornada adicada a reflexionar sobre as desigualdades no deporte que tivo lugar o xoves, 14 de marzo na sede da Fundación Luís Seoane e que tivo por título ‘Brecha de xénero no Deporte’. Na actividade colaborou a Fundación Real Club Deportivo de La Coruña.

Na apertura da xornada participou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que fixo referencia con cifras á desigualdade que aínda é patente no mundo do deporte. Nesa apertura foi parte tamén a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que incidiu tamén na necesidade de poñerlle fin a esa fenda de xénero que existe no ámbito do deporte.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Helen Roca | TEAM (@elenarocamoro)

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reivindicou a participación das mulleres na toma de decisións dos diferentes estamentos deportivos como medio para eliminar a desigualdade que existe nese ámbito. Formoso afirmou que, “pese a que a aparición de referentes no deporte feminino e o incremento do número de mulleres na práctica deportiva é constante, non o é a súa participación na toma de decisións”, algo que, ao seu xuízo, implica que “mentres non contemos coa súa perspectiva, será imposible acadar a igualdade”.

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña: “Pese a que a aparición de referentes no deporte feminino e o incremento do número de mulleres na práctica deportiva é constante, non o é a súa participación na toma de decisións (…) mentres non contemos coa súa perspectiva, será imposible acadar a igualdade”

O presidente provincial recordou tamén que “a eliminación de estereotipos e roles é un traballo arduo”, pero animou a perseverar, tanto dende as institucións como no plano individual. “Cada un de nós, como individuos e como parte da sociedade, temos a responsabilidade de contribuír a pechar esa brecha”, asegurou.

Valentín González Formoso: “Hai obstáculos na cancha, e tamén nos despachos”

“Hai obstáculos na cancha, mais tamén nos despachos”, insistiu, e puxo sobre a mesa datos como que só 3 das 66 federacións deportivas españolas están presididas por mulleres, que unicamente un 24,3 % das licenzas son femininas ou que mentres o 98 % dos deportistas profesionais gozan dun contrato a tempo completo, no caso das mulleres esa porcentaxe descende por debaixo do 78 %.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que “por desgraza este tipo de xornadas seguen a ser moi necesarias porque as mulleres seguimos atopando moitas máis trabas que os homes, especialmente no campo do deporte”.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “por desgraza este tipo de xornadas seguen a ser moi necesarias porque as mulleres seguimos atopando moitas máis trabas que os homes, especialmente no campo do deporte”

Rey lembrou que A Coruña é unha cidade de mulleres pioneiras en todos os ámbitos e destacou a Irene González Basanta, primeira porteira galega, na visibilización da muller no fútbol. “Irene desafiou os estereotipos da súa época e cumpriu o seu soño de xogar ao fútbol, sendo hoxe espello para moitas nenas que deixaron de ver no xogo unha barreira converténdose mesmo en campioas mundiais coa selección española”, indicou.

A alcaldesa tamén lembrou diversas actuacións postas en marcha polo Concello da Coruña como a equiparación dos trofeos masculino e feminino do Teresa Herrera no seu primeiro mandato, ou a concesión de bolsas deportivas a deportistas individuais, das cales o 50% son concedidas a mulleres.

A linguaxe sexista na comunicación deportiva

A xornada arrincaba cunha conferencia impartida pola xornalista deportiva e investigadora da UDC, Claudia López, sobre “A linguaxe sexista na comunicación deportiva”. Con exemplos do día a día, Claudia López deixou claro como na comunicación deportiva caemos de xeito recurrente en estereotipos. Tamén se puxeron exemplos que apuntaban a que o trato do deporte feminino con respecto ao masculino non é igualitario. Unha proba delo é que para facer referencia a disciplinas femininas engádese a adenda de “feminina”, así falamos de fútbol a secas (cando é masculino) e fútbol feminino (cando é feminino).

Debate sobre a brecha de xénero no deporte

Logo da conferencia de Claudia López levouse a cabo unha mesa na que se debatiu sobre esa brecha de xénero no deporte. Tratáronse cuestións como as diferenzas salariais entre mulleres e homes ou a reducida presenza feminina en postos técnicos e directivos, coa consecuente perda de influenza na toma de decisións.

Participaron nesa mesa a adestradora do Dépor Abanca, Irene Ferreras; a campioa de España de xavelina, Carmen Sánchez Parrondo Menchu; a cofundadora e directiva do Hockey Club Coruña Feminino, Mar Barcón; a xogadora do Dépor Abanca Lía Muíño; da ex xogadora internacional de rugby, directora técnica e vicepresidenta do CRAT A Coruña, Elena Roca e a xornalista e directora do xornal deportivo As Nosas, Silvia Carregal, que moderou a conversa.

Reflexionouse sobre estereotipos, a importancia de contar con referentes, a maternidade, a menor presenza de mulleres en facetas como adestradoras, xuízas ou directivas en clubs e federacións.

A profesionalización vai máis aló dun salario

Falouse tamén da necesidade da profesionalización da práctica deportiva realizada por mulleres, non so no que atinxe a que estas reciban unha remuneración polo seu traballo. Neste sentido púxose en valor a consecución de convenios colectivos como o do fútbol.

Pero ao falar de profesionalización fíxose fincapé en que esa cuestión vai máis aló do pago dun salario. Faise imprescindible contar tamén con instalacións, equipos técnicos e médicos, acordes a un desarrollo profesional da actividade deportiva. Contar, en definitiva, coas ferramentas que permitan competir en igualdade de condicións e oportunidades para que esa fenda de xénero no deporte finalmente se elimine.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Deputación da Coruña (@depucoruna)

´O Informe 2024: Igualdade de xénero no deporte galego´, elaborado polo Observatorio do Deporte do Clúster Galego da Industria do Deporte e Benestar, foi un dos documentos que se empregaron neste debate para reflexionar con cifras concretas sobre cuestións como o liderado e a presenza da muller en postos de dirección.

Houbo tempo tamén para as intervencións do público que achegou ao debate cuestións moi interesantes.

No final da xornada se recuperaban como broche final as palabras de Ivana de Andrés poucos días antes no Parlamento Europeo. A futbolistas apuntaba que temos unha “ferramenta única, capaz de transformar as persoas, de reeducar e de facernos pensar dunha maneira máis xustao e igualitaria. O deporte emociona, transforma e educa, debemos saber usalo do xeito correcto. Debemos darlles referentes femininos nos que poidan verse reflectidas, estamos no bo camiño pero somos ambiciosas. As nenas xa non queren ser Cristiano o Ronaldo. Queren ser Alexia Putellas ou Aitana Bonmatí. A seguinte Alexia está aí fóra. Elas só queren unha oportunidade e debemos dárlla”, apremiaba a futbolista.

Etiquetas 8MCarmen Sánchez ParrondoDEPUTACIÓN DA CORUÑAdesigualdadeHelen RocaInés ReyIrene FerrerasLía MuiñoMar BarcónRC DeportivoValentín González Formoso
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Concello da Coruña abre a 1.ª pista multideporte da Urbanización Breogán / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña abre a 1.ª pista multideporte da Urbanización Breogán

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

O Concello da Coruña avanza coa folla de ruta do Plan de Barrios 2025-27, que suma tres novas actuacións executadas...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

RFEF

Eugenia Gil, Eva López, Irene Ferreras e Irene Samper entre as 12 candidaturas do fútbol e fútbol sala galegos para a Asemblea da RFEF

por Redacción As Nosas
28/10/2024
0

  O fútbol e o fútbol sala galegos presentan ata 12 candidaturas para formar parte da Asemblea Xeral da Real...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.