• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Derrota de coraxe e corazón

Un gol Hamraoui no 119' espertou do sono ao Dépor | Peke e Jenni Hermoso suplentes | O plantexamento de Manu Sánchez puxo en moitos apuros ao FC Barcelona | SúperSullastres

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
26/02/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Bedoya Deportivo ABANCA - FC Barcelona

Bedoya Deportivo ABANCA - FC Barcelona | RCD

76
COMPARTIDOS
197
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Facía tempo que o FC Barcelona non pasaba tantos apuros para gañar no seu feudo. O Deportivo ABANCA deu no estadio Johan Cruyff todo un clínic de coberturas defensivas, axudas e colocación táctica. E moi difícil aguantar un 0-0 ante o Barça no seu campo e o Dépor conseguíno esta tarde durante 119 minutos. Gran traballo e de moito mérito para as galegas. Un gol de Hamraoui a falta de un minuto para o final da prórroga espertou do sono ao Dépor que fixo un auténtico partidazo e chegou a desesperar a todo un Barça.

Manu Sánchez reforzou o centro do campo para a visita ao Johan Cruyff nestes cuartos de final da Copa da Raíña. Mudou a formación clásica do equipo e pasou dun 1-4-4-2 en rombo a un 1-2-3-1 cun doble pivote formado por Iris y Arbélaez. Athenea xogou como único referente do ataque coruñés e Peke esperaría o seu turno no banco pero saíria no minuto 120′ e case non tivo tempo ni para tocar o balón.

 

1 de 2
- +
Miriam-Deportivo-ABANCA---FC-Barcelona
Deportivo-ABANCA---FC-Barcelona-Nuria-e-Patri-Lpez

El Dépor saíu moi ben plantando e sen complexos a verde da cidade condal pero pronto as culés fixéronse con dominio do coiro e no minuto 8′ chegaría unha gran oportunidade para as de Lluis Cortés. Unha cesión de Arbeláez cara Sullastres acabou en cesión a favor das blaugranas. Alexias Putellas foi a encargada de golpear, pero a gardamallas das galegas respondeu cunha gran intervención.

As galegas sufriron moito durante os primeiros compases, froito da alta presión culé que afogaba a saída do balón das branquiazuis. O conxunto herculino tiña o plan claro. Acumular xogadoras na zona medular para evitar a circulación cómoda do balón do Barça e aproveitar os robos para saír ao contraataque.

Deportivo ABANCA - FC Barcelona Athenea e Mapi León

Co paso dos minutos, o Dépor foi asentándose no partido e pesar de non controlar o esférico como acostuma. As galegas estiverom moi organizadas e compactas para evitar que as barcelonistas estiveran cómodas. As de Cortés foron donas absolutas da posesión durante os primeros 45′ pero salvo a ocasión precedida da cesión, non puxeron a Sullastres en serios apuros. As pupilas de Manu tampouco gozaron de ocasións claras de gol, cunha Athenea que botou en falta a súa socia en ataque, Peke.

Co resultado gafas no luminoso chegaríase ao tempo de lecer. Un Barça que non encontraba a forma de abrir a lata e un Deportivo ABANCA que resisitía as acometidas locais mentres que buscaba a ocasión de saír rápido a contra para facer saltar as alarmas e a sorpresa no Johan Cruyff. Con este empate no descanso, o FC Barcelona quedaríase por segunda vez na tempada sen anotar nos primeiros 45′. Gran traballo táctico e defensivo de Manu Sánchez para evitar encaixar ante un equipo acostumado a gañar e golear.

Nuria-Deportivo-ABANCA---FC-Barcelona
Nuria durante o Deportivo-ABANCA – FC-Barcelona | RCD

Tras o tempo de refresco, o partido seguiu polos mesmos derroteiros. O Barça levando o peso e tendo as ocasións mentres que un Dépor agazapado resistía con moito mérito e cunha gran labor táctica e solidaria. Varios erros na saída de balón durante os primeiros minutos puxeron en apuros á zaga visitante e Oshoala tivo unha moi clara nas súas botas. Afortunadamente para os intereses galegos, a nixeriana non conectou con esférico e o Dépor alexou o perigo.

No minuto 57′ un erro na entrega de Cris, dentro da área, deixou a Oshoala soa diante de Sullastres. A máxima goleadora da Liga fixo o que non acostumba, perdoar diante da meta. Tras esta clarísima ocasión para o Barça, Lluis Cortés metía máis madeira no verde e saía Jenni Hermoso para tentar poñerse por diante no marcador.

Maya Deportivo ABANCA - FC Barcelona
Maya Deportivo ABANCA – FC Barcelona | RCD

O Barça gozaría no minuto 68′ dunha gran ocasión para poñer o primeiro. Unha falta, un tanto discutible, na frontal da área que lanzou Alexia con disparo de zurda pero non encontrou a portería de Sullastres tras petar na barreira galega. Jenni, na continuación, tería outra moi clara que a cancerbeira das galegas enviaría a saque de esquina. Foron 10 minutos de acoso e derribo do FC Barcelona.

Manu Sánchez fortalecía o lateral esquerdo tras a saía ao céspede de Jenni Hermoso e introducía a Noelia Villegas en sustitución da nipona Maya. Con este movemento de pezas, Nuria pasaba ao centro do campo e Villegas colocaríase de lateral. Máis cemento para fortalecer ao muro galego.

O Barcelona non parou de tentalo e Mariona Caldetey tivo no minuto 76 unha das máis claras do encontro. Regatou a o seu par dentro da área e tras varios amagos, disparou e o esférico foise lamendo o pau esquedo da meta de Sullastres.

Bedoya Deportivo ABANCA - FC Barcelona

O Dépor seguía cunha defensa espartana, con moito traballo e solidaridade. Resistindo as acometidas culés. As de Cortés non atopaban o camiño do gol e as galegas lanzaban contras en busca de anotar un gol definitivo. Xa nos últimos intres do partido, Oshoala tería unha ocasión que valía unhas semis pero Sullastres foi un auténtico pesadelo para a dianteira nixeriana. A 20 platouse soa diante da portería galega e disparou ao pau curto. A resposta de foi de moita calidade, sacando o pé e desviando o remate da killer culé.

Sullastres Deportivo ABANCA - FC Barcelona
Sullastres Deportivo ABANCA – FC Barcelona | RCD

O Barça non podería durante os 90′ co entramado defensivo galego e con 0-0 no marcador chegaríase ao pitido final. Teriamos por diante media hora de prórroga. O tempo extra no cambiaría o guión do encontro e as catalanas apretarían e terían boas ocasións, primeiro Oshoala na súa bota esquerda e despois Jenni Hermoso na súa testa.

SúperSullastres

Minuto 100 de encontro e a gardamallas de Torroella de Montgrí faría a interveción do partido e unha das da tempada. Tras un disparo desde a frontal o balón quedaba a bocaxarro a Oshoala. Canto todo parecía que a pichichi ía romper o partido e anotar o primeiro, apareceu a figura imperial de Esher Sullastres. Gran parada co brazo esquerdo que deixaba a dianteira culé coas mans na faciana e mostrando a total incredulidade ante o gran ocasión desperdiciada.

Na segunda metade da prórroga seguiría o asedio culé á meta de Sullastres. O Deportivo ABANCA xa só pensaba e aguantar os 15 minutos e plantarse na lotería dos penaltis.

Hamraoui baixa ao Dépor do ceo

Todo parecía que ía cara os penales. Peke estaba disposta a saltar ao verde, cando Hamraoui elevábase por riba de toda a zaga galega e cabeceaba ao fondo das mallas un centro medido de Mariona. A dianteira gala aproveitou o seu case metro oitenta de altura para dar o pase ás semifinais ao FC Barcelona. A pesar da dura derrota no último minuto, as galegas fixeron un gran traballo e puxeron e moitos apuros a un dos mellores equipos do mundo. Non é nada doado aguantar 119 minuto no Johan Cruyff sen encaixar un gol e hoxe, as pupilas de Manu Sánchez, conseguírono.

Este Dépor é a bomba

As galegas fotografiáronse co ex xogador de baloncensto Juan Carlos “la bomba” Navarro antes de coller un voo directo cara a cidade condal para disputar o encontro. Este foi a mensaxe que acompañou á foto nas redes sociais do club coruñés:
#AsNosas van con unha bomba cara a Barcelona…haberá bombazo mañá no Johan Cruyff? #póDEse!!!!!

#QuenTeñaHonraQueMeSiga

Deportivo ABANCA Bomba Navarro
Deportivo ABANCA no aeroporto coa Bomba Navarro | RCD

 


FICHA TÉCNICA

FC BARCELONA: 13 Tajonar, 4 Mapi León, 8 Marta, 11 Alexia (73′), 12 Patri (88′), 14 Aitana (58′), 15 Leila (109′), 16 Graham, 17 Pereira, 20 Oshoala, 22 Mertens.
Suplentes: 1 Paños (ps), 3 Van der Gragt, 6 Losada, 7 J. Hermoso (58′), 9 Mariona (73′), 10 Hamraoui (88′), 18 Crnogorčević (109′).

DEPORTIVO ABANCA: 1 Sullastres, 22 Cris, 14 M. Méndez, 15 Bedoya, 11 Nuria, 17 Maya (70′), 12 Arbélaez, 5 Iris (119′), 3 Tere, 19 Gaby, 9 Athenea (114′).
Suplentes: 13 Misa, 6 Michelle Romero, 7 Miriam (114′), 10 Kika, 18 Peke (119′), 20 Villegas (70′), 26 Patri López.

GOLES: 1-0 Hamraoui (119′)

INCIDENCIAS: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa da Raíña que enfrontou ao FC Barcelona e ao Deportivo ABANCA no estadios Johan Cruyff.

Etiquetas copa raíñaDéporDeportivo ABancaFC Barcelonafútbol
Comparte75Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.