• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Cousas de meigas

Vendabal galego en Valdebebas | O Dépor perdía 3-0 no minuto 80 e conseguiu remontar e gañar 3-4 | Goles de Maya, Kika e dobrete de Michelle Romero

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
01/03/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Deportivo ABANCA

wykazszkowski

40
COMPARTIDOS
136
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Vitoria moi valiosa do Dépor nunha mañá no que o vento foi protagonista na Cidade Deportiva de Valdebebas. Máis forte sopraron as xogadoras galegas para levarse os tres puntos ante o CD Tacón e seguir na zona alta da táboa. O fútbol debíalle unha ás galegas tras o duro golpe do pasado mércores en Copa fronte o Barça e devolveulla cun partido dos que non se esquecen con facilidade.

O fútbol ten cousas máxicas como as que aconteceron esta mañá. O Deportivo ABANCA perdía 3-0 no minuto 80 e cando todo parecía perdido e avocado a unha vitoria do Tacón as meigas do fútbol volveron saír para dar unha remontada épica e os tres puntos as herculinas.

Once de gala o que sacou Manu Sánchez na Cidade Deportiva de Valdebebas a pesar das importantes baixas coa que contaba o adestrador galego. O mister galego volveu ao seu clásico 1-4-3-1-2 en rombo tras o partido de Copa. Debido ás baixas en lugar de Athenea xogou Michelle Romero acompañando a Peke e Arbeláez fixo de Alba Merino na medular. A súa compatriota, Bedoya, tamén foi da partida no eixo da zaga.

Peke Deportivo-ABANCA CD Tacón | RCD
Peke Deportivo-ABANCA CD Tacón | RCD

O Dépor arrancou con ganas de sorprender e de levarse os tres puntos a terras galegas. Xa no minuto 10 acumulaba varias chegadas de perigo sobre todo unha de Peke moi clara que rematou a bocaxarro na área pequena e tivo unha gran resposta por parte de Yohana.

Co paso dos minutos o Tacón íase quitando o perigo e lanzando contras con máis intención que perigo. As galegas seguían dominando e marcando o ritmo do encontro, como acostuman, pero tampouco lograban poñer en serio perigo a gardamallas, Yohana.

Ambos equipos seguían medindo a súas forzas e cando estaba a punto de marcar o minuto 40 no luminoso, chegaba o gol das locais. Jakobsson recibía en banda dereita e buscou un centro que acabou nas botas de Kaci dentro da área. Tras perfilarse para a súa perna boa disparou coa destra e bateu a Sullastres cun gran disparo cruzado. Gran partido que estaba a completar a xogadora francesa do Tacón na medular con moitos robos de balón e puxo a guinda a unha gran primeira parte con este gol.

Deportivo-ABANCA - Tacón | RCD
Deportivo-ABANCA – Tacón | RCD

Con 1-0 e con sensacións encontradas no conxunto galego chegaríase ao descanso. Bos 45 primeiros minutos das branquiazuis dominando e levando o control pero faltou profundidade en ataque e contundecia en defensa no gol recibido.

Tras os 15 minutos de refresco, o vento soprou en contra e costoulle ao conxunto deportivista entrar de novo no partido. O Tacón subiu un punto a liña de presión e difcultou a saída de balón das galegas. O conxunto de David Aznar plantou un bo entramado defensivo e acumulou xogadoras na medular para tentar roubar e aproveitar a velocidade da sueca Jackobsson.

CD-Tacon - Deportivo-ABANCA | CDTACÓN
CD-Tacon – Deportivo-ABANCA | CDTACÓN

SúperSullastres vol.II

No minuto 68 a propia xogadora sueca tivo nas súas botas sentenciar o partido pero apareceu, unha xornada máis, a figura de Esther Sullastres para salvar ao seu equipo. Xa na primeira metade tivo unha gran intervención e nesta ocasión fíxose moi grande ante a dianteira sueca e sacou un pé providencial para salvar o 2-0.

Yohana quixo facer a réplica para evitar o empate e atallou unha gran oportunidade de gol para as galegas por medio de Michelle Romero. A venezolana plantouse libre de marca na área madrileña e tras recortar a súa marca rematou de zurda pero atopouse coa figura da gardamallas local.

Tras estas dúas ocasións claras de gol, chegaría o segundo do Tacón para poñer a facenda moi complicada para as de Manu Sánchez.  Tras lanzamento de córner no minuto 73 o balón caía nas botas de Lorena Navarro e a xogadora zurda empalaba moi ben o coiro para meter un gran gol de volea ante o que pouco puido facer Sullastres.

Gaby no CD-Tacon - Deportivo-ABANCA | RCD
Gaby no CD-Tacon – Deportivo-ABANCA | RCD

O que parecía a sentencia chegaría tan só cinco minutos despois cun erro de Sullastres no que o vento xogou unha mala pasada á gardamallas das galegas. Jackobsson disparou desde a frontal do área e tras botar o balón fixo un estraño polo forte vento e introduciuse no fondo das mallas das galegas. 3-0 no luminoso pero o mellor estaba por suceder.

Vendaval de goles

Cando xa parecía todo resolto, dous goles en dous minutos volveron a  meter ao Dépor no encontro. Maya recortou distancias tras unha conducción de Peke que cedeu á nipona e esta disparou e o balón entrou chorando ante o esforzo sen éxito de Yohana por evitar o gol.

As meigas sobrevoaban as Cidade Deportiva de Valdebebas e dous minutos máis tarde foi o turno da venezolana Michelle Romero anotando dous tantos consecutivos. No primeiro, gañou a espalada da zaga do Tacón e tras un gran disparo cruzado meteu o medo as madrileñas. O segundo foi nunha situación similar pero plantouse diante de Yohana e tras un gran caneo marcou a pracer para poñer as táboas no marcador.

Kika fixo estoupar de alegría a toda a parroquia galega tras un golazo desde a frontal da área para pechar unha remontada que quedará nas retinas dos deportivistas durante moito tempo. Remontada e vitoria das que reforzan e das que é moi difícil explicar. Cousas de meigas.

Tere e Gaby-CD-Tacon - Deportivo-ABANCA | RCD
Tere e Gaby-CD-Tacon – Deportivo-ABANCA | RCD

FICHA TÉCNICA

CD TACÓN: Yohana, Daiane, Babett Peter, Thaisa, Kaci, Asllani (58′), Jakobsson, J.Martínez (73′), Esther, M. Martín, Ainoa. Suplentes: Ezquerro, Ortiz, Prieto, Ubogagu, Lorena (58′), Suárez, Ari (73′).

DEPORTIVO ABANCA: Sullastres, Cris, María Méndez, Bedoya, Nuria (72′), Iris (77′), Arbeláez (72′), Tere, Gaby, Michelle Romero, Peke. Suplentes: Misa, Miriam, Kika (72′), Maya (77′), Villegas (72′).

GOLES: 1-0 Kaci (minuto 40), 2-0 Lorena Navarro (minuto 73), 3-0 Jackobsson (minuto 79), 3-1 Maya (minuto 81), 3-2 Michelle Romero (minuto 83), 3-3 Michelle Romero (minuto 88), 3-4 Kika (minuto 90).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 22ª xornada da Liga Iberdrola disputado ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Valdebebas (Madrid). 

Etiquetas Dépor ABANCADeportivo ABancaLiga IberdrolaTacón
Comparte39Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.