• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

O Dépor ABANCA perde por primeira vez dous partidos seguidos

As branquiazuis perden na cancha do SE AEM pola mínima (1-0)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/02/2023
en Primera Federación, Fútbol
Dépor ABANCA / RCD

Dépor ABANCA / RCD

82
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non hai rival pequeno e nada parece doado nesta Primera Federación futfem da RFEF na que o Dépor ABANCA colle e deixa o liderado, ou sube e baixa na táboa, como quen desfolla unha margarida. Logo de caer derrotadas no campo do SE AEM (1-0), as galegas caen á cuarta praza. Barça B, Cacereño e SD Eibar están por diante das coruñesas. Pero como o cumio da táboa está nun pano, nada está decidido e todo muda semana a semana.

Din que hai unha primeira vez para todo e neste caso a primeira vez das Nosas non foi por algo bo. Nesta vixésima xornada da competición as futbolistas que adestra Irene Ferreras perderon por primeira vez dous partidos seguidos. Segunda derrota consecutiva e de novo pola mínima se lle van os tres puntos ao Dépor ABANCA.

A primeira metade tivo cor branquiazul en canto a dominio do partido, aínda que as ocasións claras de gol brillaron pola súa ausencia en ambas as áreas.

O Dépor ABANCA comezou moi ben o partido. Nas botas de Ainhoa Marín armouse unha ocasión de ataque aos dous minutos de partido. Pero Laura Martí, a porteira local, chapou o esférico e todo quedou en nada.

Moita posesión pero pouca ocasión deportivista

Suponse que o control do esférico, o dominio do xogo, e a posesión rematan por facer xermolar ocasións para quen posue todos esos ingredientes nun partido de fútbol. Pero non sempre pasa así. O ataque deportivista era morno. Sen forza. E o gol, o grande premio deste deporte, non chegaba.

Media hora do #AEMDéporABANCA! pic.twitter.com/gGIeqxd6q9

— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 11, 2023

Por dar un dato, pasaron máis de 30 minutos para que o conxunto que adestra Irene Ferreras volvese lanzar un tiro entre os tres paus. Foi Cris, e volveu aparecer Laura Martí. Desta volta mandou o esférico cara ao curruncho. Nese lanzamento de córner Millene disparaba e o seu intento petaba co exterior da rede.

A cinco minutos do final chegaría a ocasión máis clara das herculinas. Carlota Sánchez aproveitou un erro da porteira local (que repelía un centro de Laura Fernández), e chutou a porta. A mala sorte fixo que o seu disparo petase no corpo da gardameta local.

Xa no segundo acto o SE AEM avisaba de que non ía ser un convidado de pedra na súa propia casa e facía traballar a Lucía que desvía o xusto para que a pelota pete no traveseiro. Aviso das locais: Ollo, coidado, non tiran a porta so as galegas. Aquí xogamos todas.

Seguiuno tentando o Dépor ABANCA con chegadas de Ainhoa Marín ou Raquel García. Pero Laura Martí tiña o día e as deportivistas, non.

🔁 #AEMDéporABANCA: dobre cambio n #asnosas no minuto 67, Eva Dios e Sara Navarro entran no lugar de Carlota Sánchez e Laura Fernández pic.twitter.com/I4QLQjuo9N

— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 11, 2023

Buscando sacudir a árbore, Irene Ferreras introduciu cambios no minuto 67 coa entrada de Eva Dios e Sara Navarro que colleron os sitios de Laura Fernández e Carlota Sánchez. O dobre cambio non trouxo consigo modificacións tácticas nin deu como resultado o ansiado gol.

O gol do SE AEM 

Preto do final do partido, no minuto 84 chegou o gol do SE AEM. Foi após unha xogada individual de Patri Teixidó no extremo esquerdo con pase á media lúa para chegada desde atrás de Andrea Gómez, que empalmou un potente dereitazo diante do que a gardameta do conxunto coruñés, Lucía, non puido facer nada.

Non tirou a toalla o Dépor ABANCA. Buscou o equipo galego un xogo máis directo pero nada. Bueno, as nosas deportivistas chegarona a notar pero o gol foi anulado por man. O SE AEM controlou ben os minutos finais e conseguiu quedar cos tres puntos.

Final do #AEMDéporABANCA, 1-0! pic.twitter.com/1dCdrR4HPe

— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 11, 2023

FICHA TÉCNICA

1) SE AEM: Laura Martí, Gema Ginés, Iris, Jeni, Cristina, Anita, Laura (Gema Arrabal, min. 65), Andrea Gómez, Patri Teixidó, Yiyi e Mariajo (Meritxell, min. 90+1).

0) DÉPOR ABANCA: Lucía, Cris, Inés Altamira, Raquel García, Monteagudo, Letti, Henar, Ainhoa Marín, Laura Fernández (Eva Dios, min. 67), Carlota Sánchez (Sara Navarro, min. 67) e Millene.

GOL: 1-0 Andrea Gómez (min. 84).

EQUIPO ARBITRAL: Ane Asla Borrallo do colexio vasco. Amosou cartón amarelo a Laura Fernández (min. 51), Gema Arrabal (min. 76) e Cristina (min. 81).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 20ª xornada da Primera Federación FutFem da RFEF disputado no campo municipal de Recasens (Lleida).

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolIrene FerrerasSE AEM
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.