• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Máis fútbol

O Concello de Culleredo e o Colexio Liceo La Paz, os primeiros en sumarse ao proxecto educativo “FUTGAL nas escolas”

A RFGF, o CTGAF e o Comité Galego de Adestradores presentan esta iniciativa que busca achegar o mundo do fútbol e a arbitraxe aos centros educativos de Galicia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/10/2022
en Fútbol, Máis fútbol
O Concello de Culleredo, en concreto o IES Eduardo Branco Amor, IES Rego de Trabe, e CIFP Universidade Laboral, será pioneiro na implantación da iniciativa educativa "FUTGAL nas escolas" / RFGF

O Concello de Culleredo, en concreto o IES Eduardo Branco Amor, IES Rego de Trabe, e CIFP Universidade Laboral, será pioneiro na implantación da iniciativa educativa "FUTGAL nas escolas" / RFGF

60
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O proxecto “FUTGAL nas escolas” xa está en marcha no Concello de Culleredo (en concreto nos institutos IES Eduardo Branco Amor e IES Rego de Trabe, e no CIFP Universidade Laboral) e no Colexio Liceo La Paz. Trátase dunha iniciativa pensada por e para as e os máis novas/os co obxectivo de achegar o mundo do fútbol, da arbitraxe e da figura dos adestradores/as aos centros educativos de Galicia.

A Real Federación Galega de Fútbol (Futgal), da man da delegación coruñesa do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol que dirixe Rubén Eiriz, deu o pasado venres o primeiro paso para dar a coñecer e presentar esta iniciativa pioneira. Os primeiros en sumarse a esta iniciativa foron o Concello de Culleredo e o emblemático colexio Liceo La Paz da Coruña, o centro educativo con máis alumnos/as de Galicia.

Que é “FUTGAL nas escolas”?

O proxecto educativo “FUTGAL nas escolas” é unha idea que nace na delegación coruñesa de árbitros. Trátase dunha iniciativa pioneira que achegará a figura do fútbol, da arbitraxe e do Comité Galego de Adestradores aos concellos de Galicia e ás súas escolas, buscando a práctica do deporte por igual entre nenos e nenas e á área de mocidade dos concellos achegando a posibilidade de inserción na Federación, creando unha liga interna escolar e unha bolsa de arbitraxe/adestradores en nivel de acceso.

En cada centro educativo no que desembarca este proxecto “FUTGAL nas escolas” formaranse un árbitro e adestrador por clase, e os equipos serán mixtos buscando a verdadeira integración de nenos con nenas.

Tres institutos de Culleredo, primeira parada 

O Concello de Culleredo, co seu alcalde José Ramón Rioboo á cabeza, foi o primeiro en abrir as súas portas de par en par para dar a benvida a este proxecto que xa comezará a funcionar nos institutos IES Eduardo Branco Amor e IES Rego de Trabe, ademais de no CIFP Universidade Laboral.

Á sinatura deste importante convenio, que tivo lugar nas instalacións do propio consistorio, asistiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, Bernadino González; o presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela; o vicepresidente do CTGAF, Roberto Vázquez Alvite; o secretario do CTGAF, Noel Blanco; e o delegado dos árbitros na Coruña, Rubén Eiriz.

Reunión no Concello de Culleredo presentando "FUTGAL nas escolas" coa presencia do alcalde, José Ramón Riobóo, e o presidente da RFGF, Rafael Louzán / RFGF
Reunión no Concello de Culleredo presentando “FUTGAL nas escolas” coa presencia do alcalde, José Ramón Riobóo, e o presidente da RFGF, Rafael Louzán / RFGF

Por parte do Concello de Culleredo estiveron presentes o seu alcalde, José Ramón Rioboo, o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez; e o concelleiro de Xuventude, Abraham Seijas.

Todos os presentes coincidiron na importancia que supón esta nova alianza entre a RFGF e o Concello de Culleredo e uniron forzas para continuar traballando en futuros proxectos. A sinatura do convenio rematou co intercambio de obsequios entre a RFGF, o CTGAF e o propio Concello de Culleredo.

Na Coruña súmase o Colexio Liceo La Paz

O proxecto “FUTGAL nas escolas” tamén desembarca no centro educativo con máis alumnos/as de Galicia. O Colexio Liceo La Paz ubicado na Coruña tamén abriu as súas portas para dar cabida a esta iniciativa. Cómpre lembrar que neste emblemático colexio xa se imparte con moito éxito a materia de arbitraxe desde hai media década grazas ao convenio entre o centro e a delegación coruñesa de árbitros.

Ao acto de benvida, que tivo lugar nun dos salóns de actos do centro, asistiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, Bernadino González; o presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela; o secretario do CTGAF, Noel Blanco; e o delegado dos árbitros na Coruña, Rubén Eiriz. Por parte do centro educativo asistiron un grupo de alumnos e o director académico, Martín López.

A xornada no colexio rematou cun acto simbólico, o saque de honra que realizou o presidente da RFGF, Rafael Louzán, no primeiro partido da liga escolar interna na que impartiu xustiza un colexiado alumno do centro.

Etiquetas Colexio Liceo La PazConcello de CulleredoCulleredofútbolfutgalFUTGAL nas escolasRFGFRubén Eiriz
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA vs CP Cacereño Femenino / SABELA MOSCOSO

O Cacereño conquista o fortín de Abegondo vencendo 0-2 ao Dépor ABANCA

por Silvia Carregal
21/01/2023
0

  Caeu o fortín de Abegondo. As Nosas deportivistas perderon o seu primeiro partido como locais e fixérono xusto cun...

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

O Dépor, líder da Primera Federación, quere ter o desquite do 4-0 de Cáceres en Abegondo

por Silvia Carregal
21/01/2023
0

  O Dépor ABANCA, líder e campión de inverno da Primera Federación FutFem da RFEF, recibe hoxe sábado 21 de...

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras: “Imos tentar manter o liderado na Primera Federación varias xornadas consecutivas”

por Redacción As Nosas
20/01/2023
0

  Do 4-0 recibido en Cáceres na primeira volta só queda no Dépor ABANCA as ganas de demostrar sobre o...

Dépor ABANCA B / RCD

O filial do Dépor ABANCA, líder invicto da Primera Nacional Grupo 1 finalizada a primeira volta

por Redacción As Nosas
18/01/2023
0

  Media ducia de clubs galegos compiten no Grupo 1 da Primera Nacional do futbol feminino estatal. A competición vén...

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Liderato deportivista no fin da primeira volta

por Redacción As Nosas
17/01/2023
0

  O triunfo colleitado na Ciudad Deportivo do Granada CF a pasada fin de semana supuxo unha alegría por partida...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.