• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

A cadete Alejandra Neira leva á Selección Galega ao podio no Ciclocrós Ciutat de València

Axustada vitoria nas juniors de Lorena Patiño (XSM) ante Aroa Otero (Froiz) | Segundos postos sub-23 de Miguel Rodríguez (Froiz) e Laura Mira (Farto) | Irene Trabazo (XSM), terceira Elite/Sub-23 na xeral da Copa de España

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/12/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Alejandra Neira sube ao podio no Ciclocrós Ciutat de València dentro do Copa de España de Ciclocrós 2023 / RFEC

Alejandra Neira sube ao podio no Ciclocrós Ciutat de València dentro do Copa de España de Ciclocrós 2023 / RFEC

87
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O calendario da Copa de España de Ciclocrós 2023 concluíu este domingo no leito do río Turia coa Selección Galega logrando a súa primeira presenza no caixón desta temporada. A cadete Alejandra Neira mellorou nun posto o seu resultado da véspera en Xàtiva e rematou terceira. Representando aos seus equipos, outros cinco especialistas da nosa comunidade subiron ao podio na XXVI edición do Ciutat de València, evento internacional da clase C2.

A Selección Galega de ciclocrós viaxou ata a Comunitat Valenciana con catorce promesas para preparar o Campionato de España, que se celebrará do 12 ao 14 de xaneiro na localidade alavesa de Amurrio. Este dobre ensaio na clausura do certame estatal comezou o sábado en Xàtiva e completouse o domingo nun circuíto extremadamente rápido en València.

A recta de meta acolleu esprints tan sobranceiros como o que Alejandra Neira e Carla Bañuls (Triasport) protagonizaron pola segunda posición cadete. A 20 segundos da gañadora e líder Lidia Castro (Río Miera), a valenciana bateu á santiaguesa do combinado galego.

Alejandra Neira, corredora do Cambre-Caeiro, fixo terceira tanto nesta cita como na xeral da Copa. Dentro das dez primeiras cadetes en València tamén acabou Xiana Seijo, novena. As outras dúas ciclocrosistas da Selección Galega nesta categoría, Alba Gregores e Lara Pita, clasificáronse décimo terceira e décimo sétima, respectivamente, segundo informa a Federación Galega de Ciclismo.

imagen

A carreira cadete masculina resolveuse con tres corredores do combinado dirixido por Alberto del Río entre os doce primeiros. Xian Alvariño asinou o sétimo posto -co mesmo tempo que o sexto-, Lucas Lozano obtivo a décima praza e Rodrigo García, a duodécima. Coas cores da Federación Ciclismo Galego (FCG) terminaron 23º Lucas Blanco e 25º Pedro Liaño, e coas do Padronés-Cortizo competiu Xian Rodríguez (26º).

O mellor resultado galego e da Selección na proba júnior masculina correspondeu a Martín Díaz, décimo sétimo a 26″ do vencedor. A continuación, 10″ despois, finalizou décimo noveno Santiago Otero (XSM), 7″ por diante de Antonio Casal, 21º. A partir de aí ampliáronse as diferenzas, e foron cinco os xuvenís da nosa comunidade que entraron na meta de xeito consecutivo: 22º Raúl Puelles, 23º Xoel Cidrás (XSM), 24º Darío Buceta e 25º Nicolás Rodríguez.

Tripla de ciclistas galegas na xeral junior feminina

O noso ciclocrós copou o podio na xeral júnior feminina da Copa de España. Lorena Patiño (XSM) (co título no peto de xeito matemático dende a véspera) liderou a táboa, Aroa Otero (Supermercados Froiz) ocupou a segunda praza e Marta Estévez (XSM), a terceira. As tres representaron aos seus equipos en València, onde estiveron a piques de rubricar outra tripla galega.

A décimo sexta vitoria consecutiva de Lorena Patiño neste certame estatal resultou moito máis emocionante que a maioría dos anteriores triunfos na súa extraordinaria xeira. A marinense impúxose esta vez á porriñesa Aroa Otero por só 4″, repetíndose as posicións da véspera en Xàtiva. Nesta ocasión acompañounas no podio a valenciana Leyre Almena (Teika), a 13″ da gañadora, logo dunha axustada pugna polo terceiro posto coa porriñesa Marta Estévez, un duelo que se decantou por 6″.

imagen

O XSM buscaba dous títulos da Copa esta fin de semana e o segundo escapóuselle na última das oito xornadas puntuables. Irene Trabazo non puido manter a súa vantaxe de 5 puntos na xeral Elite/Sub-23 respecto á asturiana Lucía González (Nesta-MMR).

A marcaxe foi férrea entre a marinense e a vixente campioa de España, quen contaba co apoio da súa compañeira de equipo e corredora local Sofía Rodríguez. A metade da carreira, formouse un grupo de sete unidades, onde se atopaban estas tres ciclistas xunto coa sub-23 porriñesa Laura Mira (Farto), Alba Teruel (Laboral Kutxa), Alicia González (Movistar) e a francesa Alexandra Valade.

Lucía González tensou a carreira e os seus cambios de ritmo non lle permitiron saltar en solitario, pero si descolgar as dúas galegas. Na última volta, Sofía Rodríguez atacou e foi quen de abrir oco nun circuíto moi favorable ás súas condicións.  Irene Trabazo rodaba sétima e a campioa estatal tiña controlada a situación, sabendo os puntos que lle eran necesarios para conseguir a Copa.

A súa compañeira de equipo Rodríguez chegou á liña de meta ante o aplauso do seu público, 5″ despois facíao González, certificando o ‘dobrete’ do Nesta-MMR.

imagen

O sexto posto absoluto e o segundo sub-23 acadounos Mira, a 29″ de Sofía Rodríguez e a 12″ da sub-23 gala Alexandra Velade.  Irene Trabazo, sétima en València a 1’01 da gañadora da xornada, viuse superada na xeral definitiva da Copa polo dúo do Nesta-MMR. A elite do XSM pecha o certame na terceira praza, con 6 puntos menos que Lucía González, e con dous triunfos parciais.

Outro top-5 de Miguel Rodríguez

A carreira raíña masculina deixou un balance idéntico ao do día anterior para Miguel Rodríguez. O ponteareán cruzou a liña de meta como quinto clasificado e segundo mellor sub-23. Nunha proba que volveu dominar Felipe Orts (Burgos BH) por diante do francés Clement Venturini, de novo a terceira posición absoluta xogouse na última recta.

O sub-23 Diego Ruíz de Arcaute (Caja Rural – Alea) adxudicouse o esprint a tres bandas con dous especialistas do Supermercados Froiz, o cántabro Gonzalo Inguanzo -gañador da xeral Elite/Sub-23- e Rodríguez. O galego despide a Copa como segundo mellor sub-23, por detrás do valenciano Raúl Mira (AM Sonido), e quinto clasificado absoluto. Pola súa banda, Samuel González (Máis Que Bicis) regresou de València co décimo sétimo posto absoluto e o noveno elite.

imagen

Máis información e clasificacións desta carreira da Copa de España de ciclocrós 2023

Etiquetas Alejandra NeiraAroa oterociclismociclocrosGaliciaIrene TrabazoLaura MiraLorena PatiñoMarta Estévezselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Selección Galega, formada por máis de 100 taekwondistas, participará no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapomsae á...

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Selección Galega de fútbol / RFGF

As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol adestrarán no Novo Campo do Doce, na Escravitude

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol voltan ao traballo, segundo informa a RFGF. Os combinados que...

Selección de Galicia / FUTGAL

As seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 xogarán na Primeira División do CESA

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

  As Nosas das seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 competirán na Primeira División dos CESA Volven os Campionatos de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.