- As Seleccións Galegas feminina e masculina Sub-12 xa teñen convocatoria para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de fútbol.
As Nosas e Os Nosos xogarán do 22 ao 24 de marzo na Comunidade de Madrid a fase única o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) desta modalidade deportiva.
As Seleccións Galegas que defenderán o noso escudo, as nosas cores fixéronse públicas pola RFGF. Así, Lalo Suárez, seleccionador galego masculino, e Vicky Vázquez, seleccionadora galega feminina, deron a coñecer as convocatorias oficiais dos xogadores e xogadoras que o próximo xoves viaxarán ata a capital de España para disputar este Campionato de España (CESA). Son as seguintes:
| OS NOSOS E AS NOSAS PARA MADRID
Convocatorias das Seleccións Galegas SUB 12 para a fase única do Campionato de España
️ Do 22 ao 24 de marzo
@fedfutcanarias, @FCF_CAT, @RFFM_oficial e @FFCM_eshttps://t.co/xbiERtXhtJ pic.twitter.com/jU4oAfc0Ef
— RFGF (@futgal) March 19, 2024
Selección Galega Sub-12 de fútbol feminina
- Rocío – CD Calasanz
- Eva – Victoria FC
- Lucía – Rápido de Bouzas
- Alba – Caldas CF
- Érica – AD Vila do Corpus
- Lía – SD Compostela
- María Lago – Colegio Hogar SR
- Yaiza – ED Santa Marta
- Noa – UVCD Candeán
- Noa Fernández – Cristo Victoria
- Valeria – Carreira CF
- Paula – Victoria CF
- Bea – AD Lavadores
- María – Conxo Santiago
Selección Galega Sub-12 de fútbol masculina
- Iker – RC Celta
- Alonso – Arosa SC
- Iago Martínez – Cidade Ribeira CF
- Enzo – RC Deportivo
- Lucas V – ED Val Miñor
- Hugo – RC Deportivo
- Yago Soage – RC Celta
- Alexis C. – Cristo Victoria
- Iago Fernández – Pabellón Ourense
- Nicolás – RC Celta
- Iván Gil – RC Deportivo
- Manuel – Cedeira SD
- Adrián – RC Celta
- Lucas J. – Arosa SC
Os rivais das Seleccións Galegas no CESA Sub-12
Os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas (CESA) Sub-12, tanto masculino como feminino, xa coñecen os grupos nos que están encadradas as distintas Comunidades Autónomas. Un total de 19 seleccións autonómicas loitarán por avanzar neste campionato, entre elas Galicia.
Os partidos da fase de grupos disputaranse na Comunidade de Madrid entre o 22 e o 24 de marzo deste ano. Cada grupo contará con cinco Comunidades Autónomas a excepción do Grupo D onde soamente haberá catro.
Os dous primeiros equipos de cada grupo avanzarán a cuartos de final, cruzándose o grupo A con o B e o C co D.
Tras o sorteo realizado na Cidade do Fútbol de Las Rozas estes son os grupos definitivos:
Calendario de competición do CESA Sub-12 de fútbol
Segundo indican desde a RFGF pódese consultar o calendario do Campionato de España premendo na seguinte ligazón: CALENDARIO. E tamén se poden consultar as normas reguladoras premendo na seguinte ligazón: NORMAS REGULADORAS.
Todos os partidos desta fase única do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) Sub-12 serán retransmitidos en directo a través da canle de Youtube da RFEF.