- A Selección Galega de fútbol Sub-15 e a Sub-17 están coa mente posta na fase final do Campionato de España (CESA)
Volta ao traballo para as Seleccións Galegas de fútbol Sub-15 e Sub-17 femininas que regresan a próxima semana aos adestramentos. As Irmandiñas de futfem prepararán as fases finais do Campionato de España que terá lugar o próximo mes de maio en Madrid.
A Selección Galega Sub-17 disputará a fase final da Fase Ouro por primeira vez na súa historia, mentres que a Selección Galega Sub-15 loitará por revalidar a Fase Prata.
Rois, punto de encontro das Seleccións Galegas
O campo da Braña, en Rois, será de novo o punto de encontro das dúas seleccións galegas, segundo informa a Real Federación Galega de Fútbol.
Así, a Selección Galega Sub-15 traballará o mércores 10 de abril a partir das 17 horas. Hai deportistas convocadas de clubs como o Victoria CF, Orzán SD, Sporting Cambre, CD Ribadelouro, CD Beluso, CD Valladares, CD Arenteiro, ED Val Miñor, ED Xuventude Oroso, SCD Pastoriza SR San Xoán de Calo, UD Mos, Ulla Pontecesures CF, Victoria FC e Porriño Industrial.
En concreto, as futbolistas convocadas pola seleccionadora Vicky Vázquez son as seguintes:
A Selección Galega Sub-17, pola súa banda, traballará o martes 9 de abril a partir das 17 horas e as deportistas citadas para este adestramento chegan de clubs como: Lóstrego CF, Sárdoma CF, Orzán SD, Club Rápido de Bouzas, RC Deportivo, Tomiño FC, Viajes Interrías FF e Victoria FC.
As futbolistas convocadas polo seleccionador Quin Valbuena son as seguintes:
️♀️ As Seleccións Galegas SUB 15 e SUB 17 realizarán a próxima semana senllas sesións de adestramento en Rois
Obxectivo? Fases Finais
https://t.co/uV5CfwW7SK#SentindoGalicia | #SelecciónGalega pic.twitter.com/so37XfzyRN
— RFGF (@futgal) April 5, 2024