A Federación Galega de Atletismo cualifica de “excelentes” os “resultados deportivos da Selección Galega de Trail Running no Campionato de España desenvolto esta fin de semana en Murcia”.
A Selección Galega de Trail Running lograba dúas medallas nun Campionato de España no que tan só leva tomando parte nas tres últimas edicións, o que pon de manifesto o medre experimentado por esta modalidade nos últimos anos no noso atletismo.
Bronce para Sandra González
A nivel de resultados, a primeira das medallas chegaba da man de Sandra González ao lograr o terceiro posto individual na categoría de promoción o que representa a primeira medalla para o atletismo galego na súa historia neste campionato.
Por equipos a nivel de selección, a propia Sandra González, Julia Salvado, Sabela Tuñas e Eva Formoso, lograban o sétimo posto da clasificación.
̃ ́
Desde Murcia excelentes novas para o Trail Running Galego…
Sandra González medalla de na categoría de Promoción
Parabénsssssss!!!!!https://t.co/NcU7CuHqMZ pic.twitter.com/OheQk7pvyh— Atletismo Galego (@atletismogalego) March 10, 2024
A Selección Masculina Sub-23 de Trail Running, terceira
Con posterioridade lográbase un novo metal para os intereses galegos da man da Selección masculina Sub23 quen liderada por uns excelentes Hugo García e Martín Barreiro, sétimo e noveno respectivamente, lograban por equipos o terceiro posto só por detrás das comunidades de Madrid e Valencia.
Xunto eles, tamén formidable competición de Pablo Fernández que entraba como terceiro galego no trixésimo primeiro poso da clasificación xeral.
No resto de actuacións destacar o cuarto posto de Eloy Martínez na categoría Sub20 no que Galicia por seleccións remataba en postos de finalista, informa A Federación Galega de Atletismo.
A seleccion galega de TR posa no escenario da disputa do Campionato de España que se desenvolverá no día de mañán. Ata alí viaxou o Presidente Iván Sanmartin para acompañar aos seus integrantes.
SORTE MAÑA EQUIPAZOOOO!!!! pic.twitter.com/oZ8DcP50fw— Atletismo Galego (@atletismogalego) March 9, 2024