• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

As ‘Guerreras’ baten contra Hungría (29-25)

Unha gran segunda metade non abondou para que o equipo, no que xogou a galega Alicia Fernández, puidesen remontar un resultado adverso colleitado na primeira parte e que marcou a súa derrota

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/07/2021
en Balonmán, Máis balonmán
Lara González, das Guerreras, no transcurso do partido entre Hungría e España nos XX.OO. de Toquio / IHF

Lara González, das Guerreras, no transcurso do partido entre Hungría e España nos XX.OO. de Toquio / IHF

62
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Un 14-11 ao descanso marcou un cruce entre a Selección de Hungría e a de España no Grupo B dos Xogos Olímpicos de Toquio 2021. Pese a aplicarse a conciencia no segundo período, as Guerreras que adestra Carlos Viver non foron quen de remontar e darlle a volta ao marcador. O partido rematou con vitoria das húngaras, que daban a sorpresa e vencían 29-25. E a galega Alicia Fernández, desta volta, non anotou.

O equipo de Carlos Viver pelexou ata o final, pero topouse con Blanca Bíró na meta húngara, tal e como relata a Real Federación Española de Balonmán. A porteira rival freou a reacción das Guerreras no tramo final do partido. Comezou España cun 3:0 en contra en apenas tres minutos, en inferioridade pola rigorosa exclusión Ainhoa Hernández no primeiro ataque húngaro.

,

Os dejamos con algunas imágenes del partido, por cortesía de @ihf_info

#⃣ #Tokyo2020 #ElCorazóndeEspaña #Guerreras pic.twitter.com/madpoPHzj2

— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) July 31, 2021

Nun mal inicio, as Guerreras non foron capaces de atopar o seu mellor xogo, con chispazos individuais de Nerea Pena e Carmen Martín.

Bregando desde a defensa cunha destacada Eli Cesáreo, o combinado español freou o vendaval das rivais e empezou a asentarse sobre o 40×20. O equipo que adestra o técnico Carlos Viver, axexado polos lanzamentos das húngaras, sobre todo de Gréta Márton e Noémi Háfra, detivo ese empuxe grazas a varias intervencións da porteira Silvia Navarro e logrou recortar distancias no electrónico.

Con dificultades para aproveitar a superioridade numérica, o equipo español foi incapaz de achegarse a menos de tres goles de Hungría.

Desgañitábase a capitá Martín nos tempos mortos para insuflar ánimos ás súas, que lograron deixar o marcador 14:11 ao descanso tras unha gran defensa na última xogada, con parada de Silvia Navarro incluída. Tras a continuación, as Guerreras demostraron que o seu alcume non é casual.

Coa garra que pedía Carmen Martín ás súas compañeiras, España saíu a recortar distancias. Mentres Silvia Navarro salvaba os mobles baixo paus, o equipo empezaba a atopar a efectividade no lanzamento que botara en falta no primeiro tempo. Pero Hungría respondía, mantendo a distancia no marcador aproveitando a falta de precisión das españolas nas superioridades.

‍♀️ #GaliciaOlímpica #Balonmán
Hungría sorprende as ‘Guerreras’ de España (29-25). O equipo no que milita @aali_fernandez colleitou 2 triunfos e senllas derrotas e marcha 3º no Grupo B.
O seu seguinte reto será con Rusia o luns 2/8/21 ás 7:15 h no Estadio Yoyogi.
EFE pic.twitter.com/y1Wlw9YQjZ

— fundaciondeportegalego (@fdeportegal) July 31, 2021

Cando mellor se atopaba España, en plena reacción, emerxeu unha colosal Blanka Bíró para aguantar o resultado, o que aproveitou o conxunto magiar para penalizar os erros das Guerreras, por medio dunha excelsa Petra Vámos. Aparecían Lara González e Jennifer Gutiérrez para manter viva a faísca das españolas en ataque, mentres as boas defensas volvían metelas no partido.

Un parcial de 3:0 e o ferrollo de Merche Castellanos fixo crer na remontada. España combinaba con eficacia nos extremos, con Carmen Martín como un estilete pola dereita.

Golpe a golpe, as Guerreras estreitaban a fenda que había no marcador electrónico do Estadio Yoyogi, pero o empate non acaba de chegar. Blanka Bíró seguíase interpoñendo nos plans españois e o empuxe das súas lograba frear o bo momento das xogadoras que preprara Carlos Viver (que ten ao seu lado no banco ao técnico do Atlético Guardés, José Ignacio Prades).

As Guerreras bateron contra Blanka Biró

Envorcadas as Guerreras no ataque, topáronse cunha interminable Blanka Bíró, que cernou todas as opcións do equipo español para recortar distancias.

Sen apenas opcións nos últimos minutos, as magiares alongaron os ataques e frearon as aspiracións das Guerreras, que loitaron ata o final.

Desta maneira, a clasificación para os cuartos de final decidirase na quinta e última xornada do grupo, na que España terá que se enfrontar ao Comité Olímpico Ruso (luns 2 de agosto, 7.15 h. española peninsular). Agora mesmo a Selección Española é a terceira clasificada no Grupo B, con dous partidos gañados e dous perdidos.

Ahora más juntas que nunca 🤜🏻🤛🏻

No, no ha sido un buen partido. No, no hemos sabido sacarle cara. No, no hemos podido darle la vuelta. No, no hemos jugado bien. Hay que hacer autocrítica Y reconocer que no HE/hemos hecho un buen trabajo. Pero se acabó el NO 😶

📸 @ihf.official pic.twitter.com/ayQDE2DVWR

— Nerea Pena (@nereitxu25) July 31, 2021

FICHA TÉCNICA

29) HUNGRÍA: Blanka Bíró (p), Szandra (2), Nadine Schatzl (-), Anett Kisfaludy (2), Greta Marton (5)
Petra Vamos (6), Katrin Gitta Klujber (6), Noemi Hafra (3), Reka Lukacs (1), Zsuzsana Tomori (2).

25) ESPAÑA: Merche Castellanos (p), Marta López (3), Carmen Martín (5), Eli Cesáreo (3), Jennifer Gutiérrez (5), Nerea Pena (2), Lara González (4), Soledad López (-), Alicia Fernández (-), Almudena Rodríguez (2), Ainhoa Hernández (1), Alexandrina Cabral (-), Mireya González (-) Silvia Navarro (p.s.)

PARCIAIS: (14-11) (15-14)
INCIDENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo B dos Xogos Olímpicos Tokyo 2020. disputado no Estadio Nacional de Yoyogi. A Selección Española sitúase, logo deste resultado en terceira posición. O seu seguinte rival será o Comité Olímpico Ruso o vindeiro luns 2 de agosto a partir das 7:15 hora española.

Etiquetas alicia fernándezbalonmánCarlos ViverJosé Ignacio PradesPaula ArcosToquio 2021Xogos OlímpicosXX.OO.
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.