- O CRAT Residencia Rialta disputará a final da Copa RFER tras derrotar con contundencia a Ghenova Cocos Rugby (72-0)
O CRAT Residencia Rialta gañou con moita suficiencia ao seu rival nas semifinais da Copa RFER, Ghenova Cocos Rugby. O resultado destas semifinais foi de 72 a 0 para o CRAT Residencia Rialta. Por tanto, as coruñesas enfrontarase en Madrid a Silicius Rugby Majadahonda, que superou na outra semifinal ao Club de Rugby Sant Cugat cun resultado de 32 a 13.
No partido transcorrido en Elviña, as pupilas de Artime e Chorny puxéronse moi rápido por diante no marcador. Ao final do primeiro tempo, o CRAT Residencia Rialta conseguira seis ensaios realizados por: Maica, Ichi, Inês (2), Ceci e Alicia. Con estas anotacións, sumadas a catro conversións de Ana chegábase cun 38 a 0 ao tempo de asueto.
Na segunda metade o guión foi moi similar, con claro dominio por parte das locais. Os ensaios de Alejandra, Elsa, Ceci, Leyre, Maitane e Judit (xunto a unha conversión de Ana e outra de Alejandra) situaron o esultado de 72 a 0 final do encontro.
O CRAT Residencia Rialta formou co seguinte XV: Divi, Ali, Maica, Leyre, Pimi, Valle, Elsa, Judith, Alba, Ana, Ale, Ichi, Ceci, Inês e Mariana. Ademais, desde o banco saíron: Miriam, Claudia, Maria, Maitane, Luchi, Ali, Merchi e Leire.