A última xornada da segunda fase da Liga Iberdrola de rugby pon fronte a fronte ao CRAT Residencia Rialta coas líderes da categoría, o Silicius Majadahonda.
O partido terá lugar mañá, domingo 17 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no Estadio Universitario de Elviña.
As madrileñas chegan a este encontro xa clasificadas para xogar as semifinais da loita polo título na Liga Ibedrola. Mentres, o CRAT Residencia Rialta aínda ten que facerse co seu billete para esa fase da competición.
As xogadoras que adestran Pablo Chorny e Pablo Artime necesitan que El Salvador non venza con bonus ofensivo o seu partido ante o Sant Cugat ou, canda menos, conseguir o bonus defensivo ante o CR Majadahonda. Calquera das dúas posibilidades clasificaría ás galegas, que son segundas, de cara ás semifinais da Liga Iberdrola de rugby.
Para o partido, el CRAT Residencia Rialta saldrá con siguiente XV: Divi, Ali, Maica, Leyre, Pimi, María, Elsa, Judith, Alba, Ana, Inês, Ichi, Ceci, Alborota e Mariana. Desde o banco arrancarán este último partido da fase: Hope, Miriam, Maitane, Luchi, Leire G., Ale e Claudia.