A II Copa Irene González Basanta de fútbol feminino xuvenil ten con gañador ao conxunto do SL Benfica. As portuguesas levaron un torneo no que tamén participaron Real Madrid, Great Falls Reston e a Sociedade Deportiva Orzán, equipo organizador da cita xunto con Concello da Coruña. Trátase dunha cita de carácter internacional que reúne a grandes equipos do futfem de base na cidade herculina.
O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, fixo entrega do trofeo que as acredita como vencedoras ás xogadoras do SL Benfica, gañadoras desta edición da Copa Irene González Basanta.
Este torneo internacional de fútbol feminino xuvenil está apoyado polo Concello da Coruña é unha iniciativa pioneira a nivel estatal e serve para renderlle homenaxe á figura de Irene González Basanta, pioneira do fútbol feminino que a comezos do século XX desafiou os estereotipos da súa época e cumpriu o seu soño de xogar ao fútbol, chegando a fundar o seu propio club na cidade o Irene CF.
🏆 II COPA IRENE GONZÁLEZ BASANTA 🏆
Máximo nivel durante o xoves e venres nos campos da torre❗❗
Grazas a todos os equipos participantes por facer isto posible.
Noraboa o Benfica polo título 🥇🥇🥇#75AnosDeHistoriaAurinegra pic.twitter.com/rER6aUgDAr
— Orzán SD (@OrzanSD) March 29, 2024
Premios da II Copa Irene González Basanta:
- Érica del Pino do Real Madrid e Noe Gómez da Sociedade Deportiva Orzán foron galardoadas como máximas goleadora do torneo.
- O trofefo para mellor porteira do torneo foi para Mia Tegeris do Great Falls Reston.
- O trofefo para mellor xogadora do torneo foi para Oliveira do SL Benfica.
Clasificación da Copa Irene González Basanta