Na décima xornada da OK Liga Iberdrola o HC Deportivo Liceo acadaba a súa primeira vitoria a domicilio. As verdibrancas asinaron ademais a súa segunda victoria consecutiva, un resultado que as achega aos postos de play-off. O rival foi o Lleidanet Alpicat e o resultado 1-2 para o bloque que adestra Stanis García con dous tantos de Bea Gaete.
As galegas do HC Deportivo Liceo ocupan a sétima posición da táboa a un punto do Voltregá (sexto) e a tres do desexado cuarto lugar no que está instalado agora o Martinelia CP Manlleu.
CP Las Rozas, contrincante do HC Liceo para pechar o ano
O último partido do ano vano disputar como locais no Pazo dos Deportes de Riazor recibindo ao CP Las Rozas o sábado 17 ás 16:00 horas.
FICHA TÉCNICA
1) LLEIDANET ALPICAT: Laia Pagés, Laura Pastor, Ona Moreno, Mar Francí e Nuria Jové – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Eva Pastor, Laia Cid, Arantxa González e Joana Folch.
2) HC DEPORTIVO LICEO: Viky Caretta, Bea Gaete, María Sanjurjor, Marlena Rubio e Alba Garrote – quinteto inicial -. Cris Diz, Lara Yáñez, Lucía Paz e Alejandra Martín.
GOLES: 0-1 (min. 11) Bea Gaete. 0-2 (min. 23 Bea Gaete 1-2 (min47) Laura Pastor.
EQUIPO ARBITRAL: Alan Navarro. Amonestou con cartón azul a Alba Garrote.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á Ok Liga Iberdrola disputado na cancha Antonio Roure.