As nosas da Selección Galega Sub-12 de fútbol, que adestra Vicky Vázquez, despedíronse do Campionato de España que se está disputando en Madrid, pero fixérono con bo sabor de boca tras golear a Canarias na última xornada da fase de grupos. As galegas gañaron por 5-0 dando un verdadeiro recital de xogo no seu derradeiro partido do campionato, segundo informa a Federación Galega de Fútbol.
Previamente perderan con Baleares a primeira hora pola mínima (1-0), resultado este que xa as deixaba sen opcións. Pero as futbolistas que adestra Vicky Vázquez querían demostrar a sua valía e a Selección Galega Sub-12 saíu contra Canarias a por todas e sen presión, o que as fixo xogar con máis confianza.