• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Viaxes Amarelle FSF suma o seu primeiro triunfo na casa (4-3)

O primeiros tres puntos como locais das coruñesas asináronos fronte a un rival directo: AD Teldeportivo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/11/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

317
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Tiñan un reto, e acadárono. Era vital para as herculinas, poder sacar os primeiros puntos do ano como locais. O Viaxes Amarelle FSF afrontaba un partido importantísimo contra un rival directo, e coa necesidade clara de conseguir sacar o tres puntos para poder coller aire e ter vantaxe nos encontros contra contrincantes pola salvación na competición nacional. O resultado foi de 4-3 para as coruñeas diante do AD Teldeportivo.

Viviuse no pavillón da Sagrada Familia un partido onde as herculinas foron superiores en xogo e ataque, de feito chegaron a un parcial de 3-0. Pero un minuto tolo con dous goles practicamente consecutivos do AD Teldeportivo, meteu ás canarias no encontro e deixou un partido moi aberto cara á segunda metade. As galegas conseguiron manter unha vantaxe pola mínima e así puideron sumar os primeiros tres puntos na casa e acumular no seu casilleiro seis puntos.

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo /  MANU BOUTUREIRA

O partido iniciábase cun Viaxes Amarelle FSF que quería mostrar o seu mordente e xerar xogo cara a portaría contraria, mentres que as visitantes estaban a tratar de conseguir sorprender á contra; pero as herculinas estaban moi serias en defensa e conseguían chegar con perigo á portaría do AD Teldeportivo.

Aos tres minutos de xogo, unha gran xogada persoal de María Gómez, acaba sendo rexeitada en dúas ocasións pola meta visitante, e no segundo rexeite, Martita recibía o balón atrás e con gran acerto mandaba o balón ao segundo pau. Foi aí cando Cris Lourés, cun gran disparo, conseguía pór o 1-0 no marcador, cando aínda non se chegou ao catro minutos de xogo.

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA
Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

Tras este primeiro gol das herculinas, o equipo visitante optou por subir a liña de presión e tentar igualar a contenda canto antes. Neste momento do xogo o Viaxes Amarelle FSF mostrábase sólido no seu papel e non presentaba fisuras, mentres seguía apertando forte ao seu rival. Aínda que as canarias tiveron ao cinco minutos a ocasión máis clara para empatar, Sandra estivo moi ben baixo paus e conseguiu salvar o balón. Esa parada outorgou máis confianza ás herculinas.

Xusto antes de chegar á medianía do primeiro tempo chegou o segundo. Foi froito dunha gran saída de presión das herculinas. Un pase de tiralíneas de María Gómez á banda contraria e unha gran xogada de Patri Corral que levaba á súa contraria para, cun disparo abaixo poñer o 2-0 no marcador. O partido púñase cada vez máis de cara para as herculinas do Viaxes Amarelle FSF. 

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA
María Gómez, do Viaxes Amarelle FSF avanzo co balón perseguda por unha rival do Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

Este segundo gol das galegas, fixo que o equipo de Jorge Basanta fósese crecendo sobre a cancha. Co 2-0 no marcador, empezou a mover moi rápido o balón e non dar opcións á rival; á vez que empezaba a gozar de ocasións cada vez máis claras para ampliar distancia no marcador.

Unha desas chegadas de perigo do Amarelle ocorría a falta de seis minutos. As galegas botaban un balón clarísimo, a porta baleira, fóra da cancha. O erro non fixo máis que afianzar ás xogadoras locais no seu xogo e manterse firmes na cancha, conseguindo manter a vantaxe de dous goles, cando se ían ao tempo de descanso.

As coruñesas conseguiron ter unha vantaxe de 3-0

Na segunda metade conxunto herculino saltaba ao parqué da Sagrada Familia coa intención de manter a vantaxe, e tentar ampliala, e conseguíao moi pronto. Aos 40 segundos de xogo Patri Corral, nunha gran xogada persoal desde cancha propia, levaba a todas a súa rivais para logo, xa diante da meta rival, optar por un potente disparo axustado ao pau que perforaba a meta contraria. Así, desde os sete metros, Corral puña o 3-0 no marcador para as herculinas.

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA
O Viaxes Amarelle FSF celebra un gol na Sagrada Familia ante o Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

O conxunto canario, optaba por esperar ás locais en cancha propia, e tentar apertar en primeira liña ás herculinas, para xerar contras perigosas e en superioridade. As galegas, nos primeiros instantes, conseguían manterse firmes na cancha.

Pero chegou o minuto parvo do partido para o Viaxes Amarelle. A falta de máis de 15 minutos para o final, Muni conseguía pór o 3-1 no marcador, tras un roubo de balón das visitantes. O gol chegaba cun disparo cruzado ao segundo pau desde dentro da área.

Apenas uns segundos máis tarde, nunha xogada de estratexia, Muni cun potente disparo exterior conseguía pór o 3-2 no marcador, e meter así ás visitantes no partido.

O conxunto herculino, non se veu abaixo. Nunha contra herculina, Martita cedía o balón a Cris Lourés quen, soa desde o punto de penalti, batía por abaixo á porteira do AD Teldeportivo e subía o 4-2 ao marcador, cando aínda quedaban máis de 13 minutos de xogo por diante.

Minutos finais de sufrimento para o Viaxes Amarelle FSF 

Con todo, o encontro íase igualando por momentos. Aínda que as galegas loitaban por manter a vantaxe, o AD Teldeportivo nun disparo exterior de Vanessa de 13 metros conseguía meter un pouco máis ás visitantes no partido ao conseguir o 4-3.

Os minutos xa pesaban ás xogadoras e os equipos seguían buscando a intensidade no xogo, pero cada vez con máis imprecisións, e con varias ocasións moi claras desperdiciadas polas herculinas. Todo parecía presaxiar un final tráxico para as galegas que perdoaban moito.

Coa derrota pola mínima, as canarias optaron os últimos 4 minutos de xogo polo xogo de cinco para tratar de meter o medo no corpo ás galegas. As xogadoras de Jorge Basanta souberon sufrir o tramo final de partido para manter a leve vantaxe dun gol no luminoso, e quedar cos primeiros tres puntos como locais das herculinas.

Próxima parada, Navalcarnero

Tras esta nova xornada da tempada oficial, o Viaxes Amarelle FSF volverá aos adestramentos o vindeiro luns. A próxima fin de semana toca ás coruñeas partido contra un dos favoritos ao título de liga na Primeira División Nacional Feminina: o Futsi Atlético Navalcarnero. Así, o cadro herculino disputará a 8ª xornada do subgrupo A, o sábado 5 de decembro de 2020 ás 18:00 horas no Pavillón Municipal da Estación (Navalcarnero – Madrid).

FICHA TÉCNICA

VIAXES AMARELLE FSF: Sandra, Martita, Yaiza, Lau Doce e María Gómez – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Cris Lourés, Sofía, Patri Corral e Candela Soria.

GRAN CANARIA FSF TELDEPORTIVO: Marta, Gallegos, Naira, Vanessa, Collado – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Benete, Judith, Idoya, Muni e Andrea.

GOLES: 1-0 Cris Lourés (min. 4); 2-0 Patri Corral (min. 9); 3-0 Patri Corral (min. 22); 3-1 Muni (min. 24); 3-2 Muni (min. 25); 4-2 Cris Lourés (min. 26); 4-3 Vanessa (min. 32).

ÁRBITROS: Menéndez Nistal y Vilas López do Colexio de Árbitros da Mariña e Ourense. Mesa: Modroño Liz do Colexio de Árbitros da Coruña. Tarxetas: Diego del Viaxes Amarelle FSF (amarela). Collado, Benete, Vanessa e Cristina Gimeno do Gran Canaria FSF Teldeportivo (amarela).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sétima xornada do Subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala disputado o sábado 28 de noviembre de 2020 no Pavillón Municipal da Sagrada Familia (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o Gran Canaria FSF Teldeportivo.

AQUÍ PODES VER O VIAXES AMARELLE FSF VS TELDEDEPORTIVO FSF

Etiquetas A Coruñafútbol salafutsalGran CanariaSagrada FamiliaTeldeTeldeportivoviaxes amarelle
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Un novo derbi lugués vaise disputar no pavillón municipal de Ribeiras de Lea este sábado ás 19.30h entre o Reyco...

Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

por Redacción As Nosas
14/05/2026
0

Luis López-Tulla Revenga (Madrid, 17/08/1995) seguirá vivindo en Poio ata, polo menos, 2028. O club anuncia que vén de renovar...

A Selección Galega Sub-12, subcampioa no CESA de futsalfem / RFGF

Coñece as convocatorias da Selección Galega feminina e masculina para o CESA Sub-12 de fútbol sala

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  O último Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) da tempada 2025/26 para o fútbol sala xa está aquí....

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.