- A marcha nórdica é unha das principais novidades da San Silvestre Coruña deste ano na carreira, á que xa se apuntaron máis de 3.000 persoas.
A San Silvestre Coruña amplía a cota de participantes nas categorías infantís, que xa se atopan esgotadas. A proba absoluta, que terá a súa saída ás 16.45 horas, acepta corredores e corredoras a partir de once anos, pero para menores de dez anos celebrarase a partir das 16.00 horas, en circuíto pechado, con dúas categorías: Infantil A, cun percorrido de 500 metros para participantes de 7 e 8 anos, e infantil B, dun quilómetro, para 9 e 10 anos.
A carreira, á que xa se anotaron máis de 3.000 persoas, mantén abertas as inscricións. Quen desexe sumarse o próximo 31 de decembro á que será xa a súa décimo terceira edición poden anotarse a través da páxina web www.sansilvestrecoruna.com ou www.championchipnorte.com ou mediante a app gratuíta da carreira. Quen prefira inscribirse de forma presencial, poden facelo no Corte Inglés de Ramón e Cajal de 10.00 a 22.00 horas.
A punto de agotar el cupo, ampliamos las plazas infantiles de la #SanSilvestreCoruña:
🏃🏻♀️500 metros para 7-8 años
🏃🏻♂️1.000 para 9-10 años
Inscripción para menores de 14 👉🏻 https://t.co/ovxhHwLUQk pic.twitter.com/mGPTJEAxxZ
— sansilvestrecoruna (@silvestrecoruna) December 13, 2022
A San Silvestre Coruña sairá o 31 de decembro do Parrote e discorrerá pola Mariña ata Juana de Vega e logo polo Paseo Marítimo para regresar de novo ao Parrote. Para quen non poidan participar de forma presencial, continúan os retos virtuais iniciados en 2020 na app, como as diversas etapas do Camiño Inglés.
Prazo de inscrición e categorías da San Silvestre Coruña
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 21 de decembro entre quen o faga de maneira presencial e ata as 23:59 horas do 26 de decembro ou ata que se esgoten os dorsais.
O custo da inscrición será de 10 euros (12 para quen non posúan chip en propiedade) na proba absoluta e de cinco euros nas probas infantís, que non serán cronometradas e non necesitan chip.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, a proba mantén o seu carácter solidario, co apoio a dous proxectos. Por unha banda, recóllense alimentos para a Cocina Económica, (con puntos de recollida durante a entrega de dorsais e o mesmo día da carreira), pero tamén colabora co proxecto Reis Magos de verdade, no que se recollen cartas de nenos e maiores para que quen desexe colaborar poidan converterse en paxes das súas Maxestades de Oriente para levar agasallos e sorrisos a quen máis o necesitan. Quen desexe colaborar poden facelo apuntándose na páxina web www.reyesmagosdeverdad.org.
Ademais, na súa intención de ser unha carreira integradora, a San Silvestre Coruña dispón de “dorsais solidarios” de apoio aos corredores e corredoras con capacidades especiais que o necesiten.
Na San Silvestre Coruña hai dez categorías deportivas, divididas en dous infantís, dous xuvenís e cinco absolutas, entre as que se inclúe a de marcha nórdica. Tamén hai dous premios ao mellor disfrace, individual e colectivo.
A XIII San Silvestre está organizada por Club Rialto, coa colaboración do Concello da Coruña.