A lanzadora de xavelina nacida en Cuba Yulenmis Aguilar acadou a nacionalidade española por carta de natureza. Foi no Consello de Ministros do pasado martes. A atleta, que reside en Oleiros hai preto de catro anos, levaba tempo agardando este momento para poder competir baixo a bandeira de España.
Todo indica que a nacionalidade chegaría a tempo para que Yulenmis Aguilar puidera aspirar a representar a España nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Ver esta publicación en Instagram
Neste momento Aguilar ostenta a mellor marca mundial do ano cun lanzamento de 63.90. A deportista adestra na Escuela de Lanzadores de A Coruña ás ordes do técnico Raimundo Fernández, e compite co Valencia Club Atletismo. A súa mellor marca persoal son 64,17 metros.
Ver esta publicación en Instagram
Yulenmis Aguilar: “As medallas estarán moi caras en París”
Declaraba ante os micrófonos da TVG que traballa non só para estar en París 2024 se non incluso para loitar por unha medalla nese Xogos Olímpicos.
👉 @YulenmisM, afincada na Coruña, ten a nacionalidade española e representará a España nos Xogos
🔝 É a nº 1 do mundo en xavelina
🎙️ “Levaba 496 días agardando, a metade do meu soño está cumprido”
🎙️ “As medallas en París estarán moi caras, estou traballando para acadalas” pic.twitter.com/9vCNvZZCGk
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 9, 2024