• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

‘A realidade das mulleres deportistas’, un vídeo da Deputación de Pontevedra para visibilizar e reivindicar

O ente provincial presentou unha peza audiovisual que amosa a "grandes mulleres do noso deporte", deportistas, adestradoras, árbitras e dirixentes como Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Carmela Silva, presidenta provincial, presentou o vídeo no que participan Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Carmela Silva, presidenta provincial, presentou o vídeo no que participan Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

86
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

“Queremos reivindicar ás grandes mulleres do deporte que temos nesta provincia, que tantas alegrías nos dan e que son unha referencia para todas e todos”, asegurou Carmela Silva, presidenta provincial, no acto de lanzamento do audiovisual A realidade das mulleres deportistas, unha peza realizada pola Deputación de Pontevedra, enmarcada na programación de actos ao abeiro do 8 de marzo baixo o lema “Reivindicando desde o Deporte”, co obxectivo de enxalzar os seus logros e denunciar as discriminacións que, como en todos os eidos, sofren tamén as mulleres.

Deportistas, adestradoras, árbitras e dirixentes de clubs como Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro participan nesta peza documental da Deputación de Pontevedra, que foi presentado na sede provincial en Vigo.

A realidade das mulleres deportistas fai fincapé en que o deporte non ten xénero e reivindicar, como subliñou a presidenta Carmela Silva, que “as mulleres chegamos ao deporte para quedar, para seguir crecendo e sen límites”.

🔴 #EnDirecto @carmelasilva presenta o audiovisual sobre as mulleres deportistas #ReivindicandoANosaAxenda https://t.co/Jhl3CBIwke

— Deputación Pontevedra (@depo_es) March 24, 2021

“Encántame o vídeo – manifestou a presidenta – porque encántanme elas: mulleres fortes, poderosas, que están convencidas de que o que fan é deporte e queren ser valoradas por elo; mulleres que teñen unha posición propia como reclamaban as grandes feministas”.

Deste xeito, o audiovisual amosa os avances que se teñen dado en igualdade no deporte, os atrancos cos que as mulleres se atopan na actualidade e a actitude coa que afrontan esta realidade. Para elo preséntanse imaxes das deportistas, reflexiónase sobre a igualdade e sobre como se cuestiona a vocación, fortaleza, compromiso, autoridade ou capacidade de liderado das mulleres que se reivindican na peza audiovisual como profesionais.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra: “Encántame o vídeo, porque encántanme elas: mulleres fortes, poderosas, que están convencidas de que o que fan é deporte e queren ser valoradas por elo; mulleres que teñen unha posición propia como reclamaban as grandes feministas”

A presidenta da Deputación subliñou a necesidade de visibilizar ás mulleres e achegar referentes ás mozas porque “as mulleres do deporte están sendo capaces de alcanzar grandes cotas que permiten ocupar os espazos públicos con rostro e logros de muller”.

Carmela Silva aporta datos para para a reflexión

Sen embargo, tamén lamentou que “aínda queda moito por avanzar, xa que o deporte trátase dunha das actividades nas que participan mulleres onde as discriminacións seguen a ser intolerables”. Ao respecto, Silva destacou o dato da UNESCO de que o deporte feminino soamente recibe o 4% da cobertura nos medios de comunicación, que o 23% das licencias federativas son de mulleres, que só o 30,5% das persoas adestradoras son mulleres e que as primas da FIFA supoñen 30 millóns para 24 equipos femininos fronte a 400 millóns para 32 masculinos.

Carmela Silva, presidenta provincial, presentou o vídeo no que participan Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Silva, no lanzamento do vídeo de Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

“É intolerable, indígname e sorprende moito. Isto é a lousa que levamos. Temos que achegar este vídeo ás nenas e ás mozas, para que vexan a mulleres fortes, poderosas, que chegaron, que fan deporte, pero tamén para que se fagan conscientes das discriminacións que existen”.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra: “No deporte aínda queda moito por avanzar, trátase dunha das actividades nas que participan mulleres onde as discriminacións seguen a ser intolerables”

Carmela Silva aproveitou a ocasión para reivindicar que “hai que facer discriminación positiva no deporte para chegar ao 50% e por iso este ano todos os convenios que asinamos co deporte de elite son igualitarios e reciben os mesmos recursos”. Amais engadiu que “as administracións non facemos nin máis nin menos que o que é a nosa obriga porque xestionamos recursos públicos e sería inadmisible que non tivésemos como prioridade á metade do mundo que son as mulleres”.

Tamén reclamou Silva “a igualdade salarial, os dereitos propios que teñen que ver coas situacións das mulleres, e a igualdade de trato en canto á publicidade, patrocinio, información e presencia en medios de comunicación”.

Irene Vilaboa, adestradora do Teucro masculino

A primeira muller en adestrar un equipo masculino da categoría superior do balonmán español, é galega. Chámase Irene Vilaboa e participa na fita. A entrenadora fixo un chamamento a “loitar para ter as mesmas oportunidades”. No video salienta que “nun vestiario, a profesionalidade é o que conta”.

Irene Vilaboa, entrenadora de balonmán no Teucro: “Temos que loitar para ter as mesmas oportunidades”

A futbolista de primeira nacional co Viajes Interrías Paula Dapena, destacou na mesma liña que “depende de nós cambiar as desigualdades. Hai que seguir avanzando para conseguir os dereitos que son nosos”.

Paula Dapena, futbolista do Viajes Interrías: “Depende de nós cambiar as desigualdades. Hai que seguir avanzando para conseguir os dereitos que son nosos”

Carmela Silva, presidenta provincial, presentou o vídeo no que participan Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva, presidenta provincial, na presentación do vídeo no que participan Irene Vilaboa, Elena Casal, Ainhoa Lameiro, Paula Dapena, Lorena Pérez, Judith Rodríguez e Charo Castro / DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Tamén neste sentido se pronunciou Elena Casal, árbitra de fútbol de Primeira División Feminina (Primera Iberdrola) e de Terceira Masculina, quen asegurou que “a loita non remata aquí, é diaria e estamos conseguindo moito”. Casal destaca no vídeo que leva dirixindo partidos de fútbol masculinos desde antes de ser maior de idade.

Elena Casal, árbitra de fútbol: “A loita non remata aquí, é diaria e estamos conseguindo moito”

Pola súa banda, Charo Castro, presidenta do club de atletismo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, fixo fincapé no esforzo das mozas e no apoio “fundamental” de institucións como é o caso da Deputación de Pontevedra. Xa na peza audiovisual esta directiva reivindica a necesitade de “fomentar o deporte desde a infancia”.

Agradeceu tamén o apoio das institucións Ainhoa Lameiro, que é a primeira internacional galega absoluta do equipo nacional de slalom,así como Judith Rodríguez, campioa de España de esgrima adaptada, quen animou ás mozas a perseguir os seus soños porque “con loita e sacrificio pódense conseguir as cousas”.

Judith Rodríguez, tiradora de esgrima adaptada e campioa de España: “Con loita e sacrificio pódense conseguir as cousas”

Etiquetas Ainhoa LameiroCARMELA SILVACharo CastroDEPUTACIÓN DE PONTEVEDRAElena CasalIgualdadeIrene VilaboaJudith RodríguezLorena PérezPaula Dapena
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Primeira xornada de formación en Santiago para árbitras de fútbol / RFGF

Santiago acolle a 1.ª xornada de formación para árbitras galegas de fútbol da tempada 2025-26

por Redacción As Nosas
07/10/2025
0

  O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) realizou o sábado 4 de outubro, en Santiago de Compostela,...

Hugo Hernández, redacción As Nosas

As putas amas

por Hugo Hernández
09/11/2024
0

  O rexeitamento social, o menosprezo, a humillación e mesmo a clandestinidade son algunhas das afrontas que combateron e que,...

VII Seminario de Intercambio de Experiencias no deporte organizado polo Eixo Atlántico / SABELA MOSCOSO

O Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte do Eixo Atlántico alcanza a súa 7.ª edición

por Redacción As Nosas
29/10/2024
0

  O VII Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte celebrado no Centro Cultural de Alfena en Valongo...

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero / FEGABA

A FEGABA presenta á consellería de Política Social e Igualdade o seu proxecto ‘Social Basket’

por Redacción As Nosas
23/10/2024
0

  A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), Julio...

A campioa olímpica Ángela Pumariega, participou na acción 'Mulleres dos mares' / AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

A campioa olímpica Ángela Pumariega participou na acción ‘Mulleres dos mares’ na Coruña dirixida ao alumnado galego

por Redacción As Nosas
27/03/2024
0

  Educación Azul e Inspiring Girls achegan as figuras das “Mulleres dos mares” ao alumnado galego. 63 nenos e nenas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.