• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

Polos seus hashtags as coñeceredes

As Nosas mergúllase nas redes sociais dos clubs e descobre a filosofía que hai detrás delas analizando os seus cancelos

Caro Regueira por Caro Regueira
29/01/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Polos seus hashtags as coñeceredes

os hashtags que utilizan os clubs deportivos desvelan a súa filosofía.

90
COMPARTIDOS
491
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As redes sociais son un escaparate ao mundo. Ese lugar no que mostramos como somos ou como queremos que nos vexan. Persoas, empresas e administracións utilízanas como ferramentas nas que amosar a súa filosofía e marcar os seus principios. Os hashtags, esas pequenas palabras precedidas do cancelo que se fixeron famosas a través de Twitter, axudan neste proceso e, en moitos casos, son unha clara declaración de intencións.

Por iso, para coñecer máis sobre o deporte feminino galego, na redacción de As Nosas mergullámonos na rede e buscamos os hashtags máis utilizados polos equipos para descubrir cales son as súas preocupacións e prioridades, segundo as diferentes competicións e clubs.

 

Levan as cores no corazón

Un clásico dentro e fóra da rede é tirar das cores da camiseta. Son moitos os equipos en diferentes competicións os que sacan peito a través da tonalidade do seu equipamento. É o caso, por exemplo, do club de fútbol sala Valdetires de Ferrol co seu #VamosVerdes.

Ademais, se a túa camiseta sáese das cores habituais no deporte, presumir dela é case obrigatorio. Sábeno no Comarcal A Fervenza e por iso utilizan #PorqueSerRosaMola nas súas publicacións. Unha marca de estilo inconfundible.

Hoy nos desplazamos a Villaviciosa para disputar la novena jornada de liga frente a @rodilessport con la intención de recuperar la buena línea y poder sumar a partir de las 19:30 en el polideportivo municipal Manuel Busto. Vamos rosas!!!#porqueserrosamola pic.twitter.com/R8i57AJs82

— Comarcal A Fervenza (@afervenzafsf) November 29, 2019

Pero nisto das cores hai que ter coidado porque, claro, como no arco da vella só hai sete, temos o risco de que se repitan. Así, a paixón pola cor de Naranjito síntena igualmente as seareiras do Viaxes Amarelle Fútbol Sala e as do Pescados Rubén Burela.  Nestes casos usan cancelos como  #OrgulloLaranxa, #VamosNaranjas ou #GuerreirasLaranxas. 

👟⚽️ Las #GuerreirasLaranxas continúan preparando el choque de este sábado🆚 @FSMajadahonda a las 20.00 horas.#Burela #Futsal #OrgulloLaranxa #FutsalHeart🧡 pic.twitter.com/gUhKYwAK98

— PescadosRubén Burela (@burelafs) January 23, 2020

💪⚽️🥅 INICIAN LA COPA DE PODER A PODER ‼️

Comienza la Copa Gallega Infantil Femenina FS con un duelo por lo alto entre @RibeiraFS y @amarellefsf #FutsalFemenino #CopaAutonómicaInfantilFemeninaFS #infantiles #vamosNaranjas

* más info en https://t.co/m8uyhqy3kk pic.twitter.com/O0Eib986qh

— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) January 26, 2020

Tiran de afección

Aínda que é certo que o fútbol pode estar entre as disciplinas máis activas en redes sociais, non é a única. De feito, outras apostan por temáticas diferentes para apoiar o seu equipo. Un exemplo é o voleibol. Son varios os equipos de volei que utilizan o hashtag #AficiónIncondicional para así agradecer o apoio aos seus seareiros.

O club volei Autos Cancela Zalaeta e o Xuvenil Teis son dous exemplos de clubs que non se cansan de mencionar aos seus afeccionados en cada chío. Este último equipo, ademais, presume de ter unha #Batcueva onde recibilos.

https://twitter.com/CVZalaeta/status/1183436677009854467

https://twitter.com/XuvenilTeis/status/1214878836237701121

Tamén tiran da afección o equipo de rugby CRAT A Coruña animando aos seguidores deste deporte a unirse a eles cos hashtags #AupaCRAT ou #ResistiendoDesde1976, ano no que naceu o club.

📰 Crónica del partido @DHIberdrola 📰

🗞” El CRAT vuelve a puestos de playoffs ” 👇🏻

🌐 https://t.co/3OcdDchCuR

🏉CRAT @rialtacoruna 41- 24 @Rugby_Cisneros ✅

🔵Forma parte de esta historia,porque es tu historia ⚫️#AupaCRAT #ResistiendoDesde1976 pic.twitter.com/dheZDEy2Kr

— C.R.A.T. A Coruña (@CRAT1976) January 12, 2020

Elas non se renden

Pero se de verdade hai algo que gusta no deporte feminino é destacar o carácter combativo e aguerrido das  deportistas, pode que sexa precisamente porque son características que tradicionalmente se vinculan ao sexo masculino.

Así, e para romper cos canons establecidos, no mundo do balonmán fálase das guerreiras (a propia liga é a das Guerreiras Iberdrola) e baixo ese alcume xogou a selección cando fixo historia co seu segundo posto no Campionato do Mundo.

E se no balonmán as internacionais son guerreiras, no mundo do rugby as xogadoras do combinado español son leoas. Así, neste deporte utilízase o hashtag #VamosLeonas para animar ás xogadoras que compiten coa Selección Española.

A mesma liña aguerrida seguen no Club Voleibol Emevé Arenal, que se refire ás súas deportistas como #Loitadoras.

https://www.instagram.com/p/B7HB6BBCkEI/?utm_source=ig_web_copy_link

A que leva este espírito ao máximo nivel é a propia asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) co seu hashtag #MulleresBravas para referirse a todas as campioas da nosa comunidade. Co adxectivo bravas logran resumir nunha soa palabra os grandes esforzos que teñen que facer as mulleres para vivir da súa disciplina deportiva ou simplemente competir nela. Ademais, teñen claro que #XuntasFacemosEquipo.

Fin de semana de fútbol sala de máximo nivel na nosa terra, con ampla representación das nosas, que ademáis fixéronnos desfrutar co seu xogo‼#MulleresBravas#GalizaCalidade#XuntasFacemosEquipo https://t.co/y1n7QwQi2r

— MUDEGA (@Mudega_) December 12, 2019

 

A canteira é un imprescindible

No mundo do deporte a canteira é un imprescindible e os clubs galegos sábeno. Por iso, moitos tiran da canteira para facer equipo. Neste sentido, destaca o Victoria Club de Fútbol, que fai promoción das súas “escoliñas” para comezar neste mundo.

Así, apoia á súa canteira con termos como #TemosCanteira e #VictoriaViví. E para manter ese sentimento de unión ao club co paso dos anos, celebra os #CumplesCebras de todos os seus xogadores: dende os da categoría Biberón ata os que xa están retirados.

https://twitter.com/VictoriaCF1943/status/1213822635265708032

Aludindo á canteira, hai que falar do Orzán SD, que nutre de xogadoras mozas ao Dépor Abanca. Por iso, utiliza #CanteiraBranquiazul para referirse ás categorías inferiores, ademais doutros como #SeguimosAprendiendo ou #EsfuerzoyConfianza.

https://twitter.com/OrzanSD/status/1206234051637592067

No caso do Balonmán Pabellón Ourense recorren a #AsNosasNenas para falar da súa canteira feminina.

 

Facendo equipo

Seguimos falando do balonmán, porque o Pabellón Ourense tamén aposta por facer de equipo co seu #ZarraGirls. Zarra é o alcume do seu adestrador, Alejandro Arias, que leva anos vinculado ao club e funciona como pedra angular do equipo, de aquí que as súas xogadoras asuman o seu nome como bandeira.

https://twitter.com/bmpabellon_ou/status/929696430952009729

Se falamos de facer equipo non pode faltar o Dépor Abanca, porque a filosofía das do Dépor céntrase na unión de todas elas. Precisamente grazas a este vínculo e boa conexión conseguiron o ascenso á primeira división, na que están loitando por manterse nos primeiros postos da clasificación.

Desta unión naceu o seu lema #UnÚnicoLatido, un hashtag exclusivo para o equipo feminino e que procede da súa preparadora física, Lucía Piñeiro. Foi ela a que durante a loita para acceder á máxima categoría animou ás xogadoras a traballar no campo de xeito único, coma se fosen un único corazón. Agora esa expresión tense convertido nun grito de guerra que ata levan tatuado na pel (literalmente) moitas das xogadoras que lograron o ascenso.

No caso branquiazul súmaselle o #QuenTeñaHonraQueMeSiga que emprega coma cancelo o club coruñés en todos os seus equipos. Trátase do lema da campaña de abonados desta tempada que ademais protagoniza a capitá do primeiro equipo feminino, Miriam Ríos. Caracterizada como a heroína coruñesa María Pita, a xogadora deportivista lanza no spot publicitario ese berro á afección.

https://twitter.com/RCDeportivo/status/1214256821151682563

Os valores do deporte

Non se pode facer unha reportaxe sobre a filosofía dos clubs sen falar dos valores que transmite o deporte e aquí, sen lugar a dúbidas, destaca o Ourense Envialia que ten unha importante campaña en favor da igualdade de xénero e da deportividade. Esta filosofía lévana ata ás súas redes sociais cunha serie de lemas como #GaliciaIgualdade, #LibresParaSer, #ImosAoLío ou #MorraOConto. Con eles pretenden romper cos debates superficiais sobre o deporte feminino e que se fale do importante: a competición.

VALORES // ILUSIÓN // ALICIA (JUGADORA DEL SALA OURENSE ENVIALIA BENJAMÍN
Sentimiento de alegría y satisfacción que produce la realización o la esperanza de conseguir algo que se desea intensamente #ourensEnvialia #valores #imosOlio #morraOconto #galiciaIgualdade #libresParaSer pic.twitter.com/DJGkqeheIR

— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) December 29, 2019

No mundo do baloncesto é o Celta o que aposta por esta idea a través do seu hashtag #FormarCrecerCompetir, no que iguala estas tres ideas tan importantes na formación dunha pequena deportista. Tamen apostan as celestes pola ilusión de alcanzar metas co cancelo #ForxandoUnSoño.

🏀 Primera Senior Autonómica

Celta Universidade Vigo 58
Universitario Campus Ourense 28#FormarCrecerCompetir pic.twitter.com/PyDbRTJJz5

— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) January 19, 2020

Está claro que o que din os clubs deportivos femininos galegos nas redes é unha verdadeira declaración de intencións e que polos seus hashtag os coñeceredes.

Etiquetas A FervenzaAutos Cancela ZalaetabaloncestobalonmánCRATDépordeporte femininoDeportivo ABancafútbolfútbol femeninofútbol salafutsalmáis deportemudegaourense envialiaPescados Rubén Burelapescados rubén Burela FSredes sociaisrugbyValdetires Ferrol FSFVoleibolvoley
Comparte87Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.