• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Viaxes Amarelle tamén cae ante o Futsi (6-2)

As coruñesas non puideron rachar coa condición de invicto en Liga que ostentan as madrileñas desde febreiro 2018

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/12/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Futsi Atlético Navalcarnero / FUTSI

Futsi Atlético Navalcarnero / FUTSI

85
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Derrota do Viaxes Amarelle FSF na súa visita ao Futsi Atlético Navalcarnero na cancha de La Estación. As galegas perderon por un marcador de 6-2 nun partido correspondente á oitava xornada da Primeira División Feminina do Fútbol Sala da RFEF.

O reto de gañarlle ao Fútsi Atlético Navalcarnero é xigantesto. Máis aínda para un equipo como o Viaxes Amarelle FSF, que ten como meta este curso manter a categoría. Pero sempre hai que tentar saltar á cancha a gañar, e así o fixeron as coruñesas que venderon cara a súa derrota diante dun club doutra galaxia.

Captura da transmisión do Viaxes Amarelle vs Futsi Atlético Navalcarnero / FOOTBALL PLANET
Captura da transmisión do Viaxes Amarelle vs Futsi Atlético Navalcarnero / FOOTBALL PLANET

O Viaxes Amarelle FSF afrontaba un complicado partido visitando a cancha dun líder indiscutible, Futsi Atlético Navalcarnero, que non coñece a derrota en liga desde febreiro de 2018. As herculinas xogaron moi serias e disputaron un bo partido contra o conxunto madrileño, que ten unha definición espectacular, e un nivel individual de xogadoras superior; que o segue facendo un dos favoritos ao título de liga. As galegas pelexaron, pero terminaron por ceder unha derrota por 6-2, con goles galegos de Candela Soria e Cris Lourés.

O partido empezou cun Viaxes Amarelle FSF esperando en cancha propia as arremetidas do Futsi Atlético Navalcarnero, coa intención de saír á contra. Pero aos dous minutos de xogo as locais adiantábanse no marcador, cun potente disparo exterior de Irene Córdoba que impactaba no pau. O rexeite daba nas costas de Leti e íase ao fondo da rede, subindo o 1-0.

Un gol de Candela metía de novo ao Amarelle no partido 2-1

Un gol tan temperán, complicaba o partido das galegas, pero seguían coa mesma intención e mesmo xogo. Aos catro minutos atopábanse co 2-0, tras un disparo exterior de Gaby que puña o 2-0. O partido parecía que selles ía, pero apenas uns segundos máis tarde, as herculinas recuperaban o balón en media cancha, e Candela Soria en xogada persoal corría contra a porteira local, e no un para un, batía por baixo a Belén de Uña e puña o 2-1 no marcador.

Tras este gol, o partido parecía que se ía igualando en canto a intensidade, aínda que todo o peso do balón e do partido tíñano as locais, que buscaban ampliar distancias, mentres as galegas resistían os ataques, con boas aparicións de Leti Rojo baixo paus. Pero a falta de sete minutos para o tempo de descanso, unha mala decisión nun balón morto na área, é aproveitado polas locais. Foi a través dun balón morto que recolle Ari e colócao ao segundo pau, para que María Sanz subise o 3-1 ao marcador.

Logo dese tanto o Viaxes Amarelle FSF volveu ter unha gran xogada de ataque, nunha contra, novamente, de Candela Soria, que nesta segunda ocasión mandaba o balón por fóra, por moi pouco.

O Futsi Atlético Navalcarnero seguiu tentando ampliar a renda, pero as herculinas conseguiron manter a diferenza no marcador até chegar ao tempo de descanso.

O Futsi aumenta a ventaxa á 4-1 cunha xogada de Anita Luján

A segunda metade empezaba cun Viaxes Amarelle FSF que subía un punto a intensidade na presión sobre as locais, pero non conseguía atopar o premio de xerar o perigo á contra. Mentres, o Futsi Atlético Navalcarnero tocaba o balón, para ampliar distancias. Conseguíao ao cinco minutos, tras unha xogada persoal de Anita Luján, que cede o balón a Amelia Romeu, a cal arma un potente disparo desde a frontal para subir o 4-1 ao marcador.

Viaxes Amarelle FSF vs Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA
María Gómez nunha imaxe de arquivo do partido contr o Gran Canaria FSF Teldeportivo / MANU BOUTUREIRA

As herculinas non baixaban os brazos, e tres minutos máis tarde María Gómez arma unha xogada persoal e xera unha contra onde cede o balón a Lau Doce, que en última instancia toca o esférico ao segundo pau. Alí estaba agardando Cris Lourés que non perdoou e fixo subir ao marcador o 4-2.

Aínda quedaba moito partido por diante. O conxunto herculino pelexaba por recortar distancias, mentres que as locais querían ampliar a súa renda. Con todo, o partido íase igualando por momentos, aínda que con pouca chegada a portaría contraria das herculinas.

A falta de catro minutos, o equipo dirixido por Jorge Basanta opta por probar con xogo de cinco, para recortar distancias; pero non atopa fortuna nas súas intencións.

O Futsi aumenta a distancia nos minutos finais

A falta dun minuto e medio para o final do encontro, María Sanz pon o 5-2 no marcador; e cando apenas restaban 30 segundos de partido. Anita Luján emprende unha xogada persoal en cancha propia, leva a dúas xogadoras herculinas e corre toda a cancha, para ceder o balón, en última instancia, a Ariane. A xogadora local non perdoa e sobe o 6-2 ao marcador. Ese sería, ao cabo, o resultado definitivo do partido.

Partido serio do conxunto herculino, fronte a un rival doutro nivel. O cadro galego non baixo os brazos en ningún momento, tratando de achegarse no partido a un rival que aspira a todo e que leva sen perder un partido en competición ligueira desde fai case tres anos.

Coa mirada posta xa no cruce co Envialia do martes

Tras este novo encontro da tempada oficial, o Viaxes Amarelle FSF regresa onte sábado en autobús á cidade da Coruña. Hoxe domingo 6 de decembro, ten marcada unha sesión de adestramento, para preparar o próximo partido.

Por decisión do Comité de Competición, o partido aprazado da primeira xornada, das herculinas, na Primeira División Nacional Feminina, o cadro herculino disputará a primeira xornada do subgrupo A, o martes 8 de decembro de 2020 ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Alí aproveitará o festivo para visitar a outro galego: Ourense Envialia FSF.

FICHA TÉCNICA

FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Leti Rojo, Martita, Lau Doce, Yaiza e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patri Corral, Cris Lourés e Sofía.

VIAXES AMARELLE FSF: Belén de Uña, María Sanz, Ariane, Anita Luján e Irene Córdoba – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Gaby, Becha, Albita, Ame Romero e Marta Balbuena.

GOLES: 1-0 Irene Córdoba (min. 2); 2-0 Gaby (min. 4); 2-1 Candela Soria (min. 5); 3-1 María Sanz (min. 13); 4-1 Amelia Romero (min. 25); 4-2 Cris Lourés (min. 28); 5-2 María Sanz (min. 39); 6-2 Ariane (min. 40).

ÁRBITROS: David Fernández e Roberto Villa do Colexio de Árbitros de Madrid. Mesa: Ana Sánchez do Colexio de Árbitros de Madrid.

TARXETAS: Foron amonestadas Ariane e Gaby do Futsi Atlético Navalcarnero con cartón amarelo; e Cris Lourés e Sofía pola parte do Viaxes Amarelle FSF, tamén con cartóna amarelo.

INCIDENCIAS : Partido correspondente á oitava xornada do Subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala disputado no Pavillón Municipal da Estación (Navalcarnero – Madrid) entre o Futsi Atlético Navalcarnero e o Viaxes Amarelle FSF.

MIRA O PARTIDO FUTSI ATL. NAVALCARNERO VS VIAXES AMARELLE NA CANLE DE FOOTBALL PLANET

Etiquetas A Coruñafútbol salafutsalFutsiFutsi AtléticoFUTSI ATLÉTICO NAVALCARNEROViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.