Santiago Martínez, entrenador do HC Borbolla , ten os pés na terra e admite que a aspiración do equipo na máxima categoría do hoquei a patíns feminino español so pode ser a permanencia na elite. «Dende o principio obxectivo está claro, permanecer en OK Liga«, di.
Sabedor das diferencias entre as competicións autonómicas e a OK Liga, na que xa militaron as coruñesas de Monte Alto, advirte que o salto é «un cambio moi brusco e non coñecemos a categoría, porque a última vez que xogamos foi hai oito anos e dese equipo só queda unha xogadora».
Santiago Martínez, adestrador do HC Borbolla: «é un cambio moi brusco e non coñecemos a categoría, porque a última vez que xogamos foi hai oito anos e dese equipo só queda unha xogadora»
O adestrador coruñés indica que este cambio «pode pode pasar factura, principalmente pola falta de experiencia na máxima categoría do hoquei sobre patíns» que teñen as actuais xogadoras do equipo galego.
O HC Borbolla teme pagar a novatada
Neste sentido, Santiago Martínez detalla que «de todo o plantel, só dúas xogadoras disputaron algún partido na OK Liga, pero cando tiñan 13 anos, na tempada na que o equipo descendeu. Polo que realmente, experiencia temos moi pouca, a novatada é moi fácil pagala e o ritmo é completamente diferente», sentenciaba o preparador.
















