• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Muros pecha a Copa Galicia 3h Resistencia coa última proba e a entrega dos 16 premios finais

Nesta cita Sofía da Silva e David Fernández asinaron as mellores actuacións individuais e por parellas venceron Lara Lois-Anxo Carril, David Seage-Rubén Castiñeiras e Sheila Sánchez-Verónica González

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/02/2023
en Sobre rodas, Máis Deporte
Líderes finais da Copa Galicia 3h Resistencia 2023 / LUZ IGLESIAS FCG

Líderes finais da Copa Galicia 3h Resistencia 2023 / LUZ IGLESIAS FCG

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • En Muros, entregáronse os premios finais de dezaseis rankings da Copa Galicia 3H Resistencia, na categoría élite os gañadores foron Desiree Fernández e Cristóbal Dios. 

Tal e como acontecera o ano pasado na súa primeira edición, a Copa Galicia 3h Resistencia coroou aos seus gañadores finais este domingo en Muros.

A última cita dunha competición que esta temporada medrou en número de xornadas respecto ao 2022, pasando de catro a cinco, tivo como grandes triunfadores individuais a dous máster-30, a Sofía da Silva (Extol) e a David Fernández (Narón). Ambos tamén se apuntaron formaron parte da nómina de líderes, dun total de dezaseis rankings, coa que se pechou o primeiro certame desta campaña coordinado pola Federación Ciclismo Galego.

Sofía da Silva na proba de Muros da Copa Galicia 3H Resistencia 2023 / LUZ IGLESIAS FCG
Sofía da Silva na proba de Muros da Copa Galicia 3H Resistencia 2023 / LUZ IGLESIAS FCG

Con preto de 200 participantes, a 3 Horas Resistencia BTT Concello de Muros apostou por cambios no circuíto da parroquia de Louro. O trazado deseñado polo Club Ciclista Muros mesturou costas, baixadas e algunha zona de barro. Un percorrido esixente, con poucas zonas de descanso, e moi divertido. A diferenza do ano pasado acompañou o tempo e o broche de ouro da Copa Galicia resultou do máis agradable.

Só tres corredores conseguiron completar dez voltas. O duelo por ser o mellor da xornada estivo reservado aos máster-30, coa motivación extra de que a clasificación xeral da súa categoría dependía deste resultado. David Fernández, vencedor en Narón e o domingo anterior en Camariñas, conseguiu o seu terceiro éxito parcial e nesta ocasión tivo valor dobre. O representante do Narón necesitaba quedar por diante de Manuel Ángel Parada (Xesteiras) para arrebatarlle o liderado e conseguiu o seu obxectivo no último xiro ao circuíto tendo como rivais a dous corredores do mesmo equipo. O de Aguiño rematou terceiro e o seu compañeiro Daniel García, segundo.

Cunha volta menos que os tres principais protagonistas da carreira, Rubén Quintáns (Fundefrenos) impúxose nos elites, Roberto Freire (Toxo) nos sub23, Jorge Abeal (3AG) nos máster-40 e José Manuel Gómez Bestilleiro (Xesteiras) nos máster-50. Ademais, Danny Buba (Coruxo) dominou nos juniors e Jose Cartelle (Pulpeiros) fíxose co triunfo nos máster-60.

Sofía da Silva vence en Muros

Entre as mulleres, por primeira vez Sofía da Silva asinou o mellor rexistro. Practicamente á par, separadas por 5 segundos, a líder máster-30 e a portadora da camisola da xeral elite Desiree Fernández (Ribadumia) foron as únicas que deron sete voltas. A júnior Sofía Ferreiro (Esmelle), a Sub-23 Zaira Vila (Coruxo) e máster-40 María Rivera (Down Hill) leváronse os triunfos nas outras categorías.

Resultados desta proba da Copa Galicia 3H Resistencia en parellas

Tampouco faltou a emoción na competición por remudas de dúos masculinos. David Seage e Rubén Castiñeiras (Speedcross) estrearon a súa conta de vitorias desta temporada por 17″ de vantaxe respecto a Fabián Rodríguez e Samuel Varela (Cambre). As mesmas voltas realizaron os líderes Antonio Mato e Jesús Martínez, que deste xeito certificaron o título.

#CopaGaliciaRST23 | Muros volveu baixar o pano da Copa Galicia 3h Resistencia

🚵‍♀️🚵‍♂️ Sofía da Silva e David Fernández asinaron as mellores actuacións individuais e por parellas venceron Lois-Carril, Seage-Castiñeiras e Sánchez-González

🔗 https://t.co/5Xr2edsdL4 pic.twitter.com/XHGnNSKF1l

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) February 13, 2023

En canto á categoría mixta, Lara Lois (RG Bikes) e Anxo Carril (Coruxo) non deron opcións ao resto no seu debut. A 9’30” finalizaron María Filgueiras e Zoe del Río (XSM) e a terceira posición ocupárona con oito xiros ao circuíto, un menos que os dous primeiros dúos, Marta Estévez (XSM) e Jose Patiño (Pinarium).

Outra novidade foi a presenza dunha parella feminina, a formada por Sheila Sánchez e Verónica González (Caimanes Betanzos). Ao marxe da Copa Galicia, na categoría cadete mixta terminaron primeiros Lorena Patiño (XSM) e Adrián García (Compostelano), e na cadete masculina subiron ao chanzo máis alto do caixón Santiago Otero e Xoel Cidrás (XSM).

Clasificación final da Copa Galicia 3H Resistencia 

Despois das cinco citas celebradas nunha marxe dun mes, a Copa Galicia 3h Resistencia despediuse en Muros tras ter visitado anteriormente Narón, Noia, Boiro e Camariñas.

As dezaseis clasificacións xerais por categorías resolvéronse cun cadro de líderes finais composto por Sofía Ferreiro e Danny Buba en juniors, Zaira Vila e Ignacio Casal (Extol) en Sub-23, Desiree Fernández e Cristóbal Dios (Estradense) en elites, Sofía da Silva e David Fernández en máster-30, Rebeca Nieto (Vara e Pedal) e Iván Pereira (Xesteiras) en máster-40, María del Carmen Armada (Farto) e José Manuel Gómez Bestilleiro en máster-50, Jose Cartelle nos máster-60, Jana Buba e Martín Buba (Coruxo) nas parellas mixtas, Antonio Mato e Jesús Martínez nas parellas masculinas e Sheila Sánchez e Verónica González nas parellas femininas.

Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros, asistiu a unha cerimonia de clausura na que tamén entregaron premios Juan Martínez, concelleiro de Deportes; Jose Romero, presidente do Club Ciclista Muros; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego (FCG); e David Carrillo, secretario da FCG.

O calendario autonómico de 3h Resistencia concluirá o vindeiro domingo coa disputa do Campionato de Galicia en Lousame.

Etiquetas ciclismoCopa GaliciaCopa Galicia 3H ResistenciaFCGFederación Ciclismo GalegoMurosSofía da Silva
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.