- Pontevedra coroará ás novas campioas da Copa Galicia de fútbol Sala.
- Polo título loitarán o Poio Pescamar e o Ence Marín Futsal
O Polideportivo Príncipe Felipe da capital do Lérez albergará o vindeiro xoves 28 de marzo a gran final da Copa Galicia feminina de fútbol sala, un evento que organiza a Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Ence Marín Futsal e Poio Pescamar FS, dous dos representantes galegos na máxima categoría do fútbol sala feminino estatal, enfrontaranse o 28 de marzo a partir das 12:00 horas en busca da gran desexada conquista: o título por antonomasia do fútbol sala feminino galego.
O Poio Pescamar FS, que vén de disputar recentemente a Supercopa de España en Torremolinos, chega á cita tras eliminar na súa semifinal ao vixente campión, o Pescados Rubén Burela, na quenda de penaltis. O Ence Marín Futsal, pola súa banda, sacou o billete para a gran final tras eliminar ao FSF Castro.
Entradas para a Copa Galicia de futsal
A venda de entradas para presenciar en directo a gran final da Copa Galicia feminina de fútbol sala arrincará o vindeiro luns 18 de marzo, segundo informa a RFGF.
As localidades despacharanse nas datas previas ao evento nas oficinas dos dous clubs finalistas (Ence Marín Futsal e Poio Pescamar FS) a un prezo único de 5 euros para o público xeral, mentres que os nenos/nenas de ata 10 anos poderán acceder de forma gratuíta.
O mesmo día da final tamén se habilitará a venda no despacho de billetes do Polideportivo Príncipe Felipe de Pontevedra.
⚽ℂℙ ℂ⚽
Jueves 28 de marzo a las 12:00 en el Polideportivo Príncipe Felipe de Pontevedra.
➖ Las entradas se pondrán a la venta a partir del lunes 18 de marzo en horario de tarde, en las dos oficinas de los clubes. pic.twitter.com/Zv1N0IuaGQ
— Marín Futsal (@marin_futsal) March 14, 2024