• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

María Filgueiras e Raúl Casalderrey encabezan a nómina de 16 campións de Galicia CRI en Cerceda

O sub23 do Supermercados Froiz marcou o mellor tempo nos homes e a júnior do XSM, na mulleres | Xavier Meizoso e María Jesús Barros fixéronse cos títulos elite

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/05/2023
en Sobre rodas, Ciclismo, Máis Deporte
Os 16 campións de Galicia CRI en Cerceda / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Os 16 campións de Galicia CRI en Cerceda / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

121
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cinco anos despois o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) volveu ter como escenario a localidade coruñesa de Cerceda. A cita que tradicionalmente se celebra o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, coroou este mércores a dezaseis ciclistas, sendo o sub23 Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz) o corredor que asinou o mellor rexistro masculino e a júnior María Filgueiras (XSM) a muller máis rápida da xornada.

Con 204 inscritos, a proba organizada pola Federación Ciclismo Galego ofreceu un esixente percorrido con inicio e final na Praza do Campo da Feira. Ás subidas que presentaba o circuíto houbo que engadir o vento de cara que acompañou aos ciclistas no treito final. Rodando a unha velocidade media de 42,7 km/h, Raúl Casalderrey completou os 18,7 quilómetros en 26 minutos e 13 segundos, un tempo que non puido igualar ningún outro participante e que lle permitiu reter o título sub23.

A catro segundos do representante do Supermercados Froiz quedou Álex Paz (Padronés-Cortizo) e a 16″ Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), os dous corredores que o escoltaron no podio sub23. O primeiro elite foi o guatemalteco Sergio Chumil (Padronés), sétimo clasificado na táboa absoluta e que non contaba para o Campionato de Galicia.

A clasificación da categoría raíña masculina encabezárona dous ciclistas estranxeiros, ao ser segundo o británico Tobias Tanfield (Padronés-Cortizo), polo que o título autonómico correspondeu a Xavier Meizoso (Narón), terceiro elite e undécimo na xeral. O sorprendente campión, ao tratarse dun especialista na bicicleta de montaña, bateu na pugna entre galegos por 2″ a Juan Vidal (Lasal Cocinas-Louriña Team XE) e por 4″, a Aitor Bugarín (Vigo-Rías Baixas).

Tanto nos juniors como nos cadetes masculinos triunfou o mesmo equipo. O Padronés-Cortizo impúxose nos xuvenís por medio de Tomás Pombo, duodécimo na clasificación absoluta, e neste grupo de idade tamén se anotou a terceira praza con Lucas Piñeiro. Entre os dous compañeiros de equipo clasificouse Sergio Calvo (Eolo Kometa). Pola súa banda na categoría cadete, que se disputou sobre 11,9 km, Lucas García deulle o título á estrutura de Padrón, con Mario Bouza (Esmelle) colgándose a medalla de prata e Diego López (Cambre-Caeiro), a de bronce.

María Filgueiras, vencedora desta proba CRI

No apartado feminino competiron sete categorías e unha júnior marcou o tempo de referencia neste Campionato de Galicia CRI. María Filgueiras, gañadora cadete no 2022, cruzou a liña de meta cando o cronómetro marcaba 32:27. A miñesa do XSM empregou 16″ menos que María Jesús Barros (Team Oiense), quen revalidou a condición de campioa elite, e a terceira praza absoluta obtívoa a júnior Lucía Piñón (Narón), a 25″ da gañadora.

Cuarta entre as mulleres finalizou Laura Mira (Team-Farto), resultado que lle serviu para conquistar a coroa sub23 no ano da súa estrea na categoría, a quinta praza ocupouna a elite británica Bryoni Izzard (Team Oiense) e a sexta foi para Aroa Otero (Supermercados Froiz), terceira nas juniors.

Acompañando a María Jesús Barros no podio autonómico elite estiveron Marta Barbeito (Kiwi Atlántico-Louriña) e María José Vázquez (Team Oiense), segunda e terceira respectivamente, mentres que a prata sub23 acadouna Sabela Rey e o bronce, Carmen Mallo, ambas do Team Farto, ao igual que a vencedora do seu grupo de idade.

A proba cadete tivo como dominadora a Alejandra Neira (Cambre – Renault Caeiro), Lorena Patiño (XSM) fixo segunda e Irene Signo (Lynalfa-Ponteareas), terceira. A nómina de campioas completárona a máster-30 Iria Nieto (Compostelano), a máster-40 Montse Constenla (San Lázaro) e a máster-50 María Elena Miguens (Padronés-Cortizo). Os masters masculinos non participaron este ano nesta cita ao terse celebrado o seu campionato o pasado mes de abril no concello do Saviñao.

Categorías paralímpicas

Si estiveron en Cerceda os corredores paralímpicos e nas categorías de ciclismo adaptado puxéronse en xogo cinco camisolas de campións de Galicia de CRI. Javier Abalde (Neuroimpulse-Galicia) logrou o título en MC5, Iván Manoel Montero (Neuroimpulse-Galicia) en MH5, Alberto Abalde  (Neuroimpulse-Galicia) en MC2, Daniel Prada (Inclusivo Enki) en MH3 e Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) en MH4. Para os paraciclistas esta cita serviu como test previo ao Campionato de España Paralímpico que arranca este venres en Viveiro.

O autonómico de contra o reloxo baixou o pano no Campo da Feira coa cerimonia de podio, unha entrega de premios á que asistiron Juan Manuel Rodríguez, alcalde de Cerceda; Jesús Rama Bello, concelleiro de Deportes; Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego. 

  • Clasificacións Campionato de Galicia CRI 2023 – Concello de Cerceda
Etiquetas CercedaciclismoContra o reloxoCRIFederación Ciclismo GalegoMaría Filgueiras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.