• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Lorena Patiño e Miguel Rodríguez mandan na proba cambresa do Campionato de Galicia de ciclocros

A júnior do XSM e o sub-23 do Supermercados Froiz impuxéronse nas carreiras raíñas | Trece ciclocrosistas conquistaron as camisolas autonómicas en Cambre

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/01/2024
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Campionato de Galicia de ciclocross / LUZ IGLESIAS

Campionato de Galicia de ciclocross / LUZ IGLESIAS

241
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O colofón a unha temporada autonómica de ciclocrós que arrancou en outubro con catro eventos internacionais puxérono este domingo unha júnior e un sub-23 que veñen de competir xunto ás principais figuras mundiais desta modalidade. Lorena Patiño (XSM) e Miguel Rodríguez (Ponteareas) venceron nas carreiras raíñas e encabezaron a nómina de trece ciclocrosistas que subiron ao máis alto do podio no Campionato de Galicia.

A cita celebrada no Concello de Cambre serviu para repartir os títulos da Federación Ciclismo Galego (FCG) cinco días antes de que arranque na localidade vasca de Amurrio o Campionato de España.

O décimo quinto e último evento desta campaña de CX na nosa comunidade chegou da man dunha das súas entidades de referencia. O Club Ciclista Cambre volveu exhibir a súa experiencia como organizador e preparou un trazado esixente no circuíto do campo de fútbol Dani Mallo no Concello de Cambre.

Os máis de 250 participantes tiveron que xestionar unha dura subida asfaltada, un terreo pesado pola auga caída nos días previos e un sorprendente paso polo interior dun camión. Ademais das quendas competitivas, o XIV Ciclocrós Concello de Cambre incluíu no seu programa a carreira de Promoción para infantís e a Inclusiva para ciclistas con capacidades diferentes.

Logo de despedir o 2023 compartindo grellas de saída con Mathieu Van der Poel, Wout Van Aerte e Thomas Pidcock nas últimas probas do ano en Bélxica e nos Países Baixos, o ponteareán Miguel Rodríguez regresou a casa para conquistar a camisola sub-23 do Campionato de Galicia e impoñerse na clasificación absoluta Elite/Sub-23.

De inicio marchouse xunto ao seu novo compañeiro de equipo Anxo Carril, que estreaba as cores do Supermercados Froiz, e co golpe de pedal adquirido na súa xira internacional acabou marchándose en solitario. Rodríguez ergueu os brazos na liña de meta cun tempo de 1 hora 3 minutos e 43 segundos, avantaxando en 1’16 a Carril.

Terceiro e como campión Elite rematou Saúl López (Academia Postal-Maceda), principal beneficiado do infortunio sufrido por Samuel González (Máis Que Bicis). O defensor do título marchaba primeiro entre os corredores da súa categoría cando unha picada, pouco despois de pasar pola zona de boxes, deixouno fóra de combate.

A cuarta praza absoluta obtívoa o elite Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño) e os dous podios desta carreira completáronos o sub-23 Héctor García (Highl Level – Gsport) e o elite Xavier Meizoso (Narón), quinto e sexto respectivamente.

O Academia Postal – Maceda logrou outra coroa nos juniors. Alejandro García, o actual campión de España de XCO, ampliou o seu palmarés. Por unha diferenza de 38″ respecto a Martín Díaz (Caimanes Betanzos) apuntouse a carreira xuvenil. O terceiro chanzo do caixón ocupouno Darío Buceta (Compostelano).

Triunfo de Lorena Patiño no Ciclocrós de Cambre

Tampouco deixa de aumentar a colleita de éxitos de Lorena Patiño. A vixente campioa de España cadete de Ciclocrós e de XCO conseguiu o seu primeiro maillot da FCG como xuvenil. Fíxoo ademais dominado a carreira Elite/Sub-23 e Júnior.

Do mesmo xeito que Miguel Rodríguez, a marinense reaparecía en Galicia tras compartir escenario coas grandes estrelas do panorama internacional no peche do 2023. O seu ritmo non o puido seguir en Cambre ningunha outra corredora e asinou o triunfo absoluto cun rexistro de 42:54 e 40″ de marxe respecto a Carla Fernández (QuéBici-Marcisport), a nova raíña elite do CX autonómico. Dezanove segundos máis tarde concluíu Laura Mira (Farto), revalidando o título sub-23.

imagen

O podio júnior foi idéntico ao da Copa de España desta campaña, con Aroa Otero (Supermercados Froiz) segunda e Marta Estévez (XSM) terceira. Uxía Soto (Supermercados Froiz), sexta na táboa absoluta, colgouse a medalla de prata sub-23 e a seguinte en cruzar a liña de meta Sofía Ramos (Cambre), recibiu a de bronce como recompensa.

A continuación, finalizaron as dúas ciclistas que escoltaron a Carla Fernández no caixón, Iria Nieto (Oiense) -subcampioa elite- e María Jesús Barros (Supermercados Froiz).

Cadetes e Másters

Os dous títulos cadetes quedaron na casa. O Cambre festexou como anfitrión a vitoria do seu corredor Lucas Blanco na carreira masculina deste ciclocrós. O representante do club organizador adiantou na última volta a Pedro Liaño (Caimanes Betanzos) e a terceira posición acadouna ao esprint Xian Alvariño (Lynalfa-Ponteareas) ante Lucas Lozano (XSM).

Non houbo que agardar tanto para que quedaran definidos os postos do podio nas cadetes. Alejandra Neira (Cambre) adxudicouse a proba con claridade, segunda terminou Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) e tamén completou en solitario o percorrido a terceira clasificada Alba Gregores (Lynalfa-Ponteareas).

imagen

En canto aos grupos de idade máster, na única categoría feminina Marina González (Illas Cíes) retivo a coroa. A campioa de España máster-40 superou a Montserrat Constenla (San Lázaro) -segunda- e a Rocío Blanco (QuéBici-Marcisport). Pola contra, nos homes hai catro novos campións. Jorge Pérez (Os Esfola Arrós) anotouse o título máster-30, tendo como compañeiros no caixón a Francisco Baña (Compostelano), no segundo chanzo, e a David Seage (SpeedCross), no terceiro.

A proba máster-40 do Ciclocros Cambre estivo chea de alternativas ata que Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) situouse primeiro na última volta e xa non deu opcións aos seus rivais. Alejandro Mesías (CiclosQuintena) rematou a 9″ e Moisés Leboso (G.D.10), a 20″. Eloy Otero (In Situ) rubricou un triunfo incontestable nos máster-50, con Marcial Rodríguez (QuéBici-Marcisport) segundo e Marcos Vale (Graficas Lar) terceiro.

Por último, Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) foi o máis forte nos máster-60, levándose a prata Antonio González (Salvaterra) e o bronce José Manuel González (Academia Postal – Maceda).

A entrega de premios, na que ademais das camisolas autonómicas e das medallas entregouse ao Academia Postal – Maceda o trofeo como mellor equipo da Copa Galicia de Ciclocrós 2023, contou coa presenza como autoridades de Ana Rodríguez; concelleira de Deporte, Xuventude e Educación de Cambre; de Juan Carlos Candal e Daniel Bocija, presidente e vicepresidente do Club Ciclista Cambre; de Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG; de Óscar Sánchez, directivo da FCG; e de Eva Castro, Seleccionadora de Galicia das especialiades Gravity.

Etiquetas CambreCarla FernándezciclismociclocrossLaura MiraLorena Patiño
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.