• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Coñece ás galegas que acuden ao Campionato de España Absoluto de atletismo ao Aire Libre

Acuden 25 galegas: Belén Toimil, Adi Iglesias, Antía Chamosa, Carmela Cardama, Eva Queimaño, Carmen Escaríz, Ester Navarrete, Joselym Brea, Alba Cuns, Leticia Gil, Yulenmis Aguilar, Carmen Sánchez, Paula Piñón, Irene Gómez Costas, Olaia Guisela Becerril, María Carballido, Laura Santos, María Cedrón, Antía Castro, Teresa Rodríguez, Lucía Ferrer, Claudia Rojo, Uxía Paz e Lidia Parada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/06/2022
en Máis Deporte, Atletismo
A galega Belén Toimil compite en atletismo co Playas de Castellón / BELÉN TOIMIL IG

A galega Belén Toimil compite co Playas de Castellón / BELÉN TOIMIL IG

363
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Máis de 20 atletas galegas están no Campionato de España Absoluto de atletismo ao aire libre que ten lugar en Nerja entre hoxe, 24 de xuño e o domingo 26 de xuño. Tres días para a cita máis importante do atletismo estatal de aire libre en 2022. Durante tres días a localidade malagueña de Nerja dará acollida a preto de setecentos participantes, dos cales corenta serán galegas e galegos. Así vai ser o Campionato de España Absoluto de Atletismo ao Aire Libre para a representación galega.

Acuden deportistas femininas dos seguintes clubs: Lucus CRG, A. Friól, ADAS CUPA, Ourense Atletismo, FC Barcelona, ADA Calvia, Riazor, Sociedad Gimnástica, Playas de Castellón, Atletismo Feminino Celta, Valencia Atletismo, Unicaja Jaén, AD Barbanza e Super Amara.

As galegas que competirán neste campionato estatal de atletismo en Nerja son: Belén Toimil, Adi Iglesias, Antía Chamosa, Carmela Cardama, Eva Queimaño, Carmen Escaríz, Ester Navarrete, Joselym Brea, Alba Cuns, Leticia Gil, Yulenmis Aguilar, Carmen Sánchez, Lidia Parada, Paula Piñón, Irene Gómez Costas, Olaia Guisela Becerril, María Carballido, Laura Santos, María Cedrón, Antía Castro, Teresa Rodríguez, Lucía Ferrer, Claudia Rojo, Uxía Paz e Lidia Parada.

A competición de atletismo pode seguirse en liña a través de RTVE : www.rtve.es/play/deportes/

Belén Toimil lidera a representación galega feminina

Nesta edición viaxan varios das nosas e nosos representantes con serias opcións de podio no que se botará en falta sen lugar a dúbidas a ausencia por maternidade da medallista olímpica Ana Peleteiro. Malia elo serán os tamén olímpicos Belén Toimil no concurso de lanzamento de peso (tamén participará no lanzamento de disco) e Adrián Ben na carreira dos 800 m. quenes lideren a representación do atletismo galego que intentará estar preto das cinco medallas e dazonave postos de finalistas logrados o ano pasado.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Belén Toimil (@belentoimil)

Non serán eles os únicos galegos nesta cita estatal. No resto de modalidades, novamente o sector de lanzamentos será do máis importante en Nerja para os intereses galegos xa que na proba de xavelina nada memos que catro lanzadoras estarán no top seis das participantes por rexistros. A cubana, afincada na Coruña Yulenmis Aguilar parte como clara fovorita ao estar con diferencia en posesión da mellor marca das participantes. Xunto ela importante presenza de Carmen Sánchez, Lidia Parada e Paula Piñón as cales estarán na loita polos postos de podio.

No martelo Nacho Fernández que ven de facer récord de España máster recentemente na M40, acode tamén co obxectivo de entrar en postos de finalista desta modalidade na que estará acompañado polo céltico Yago Araujo e por Carlos Revuelta da Gimnástica quen compartira círculo de lanzamento ca súa pupila, a internacional Irene Gómez Costas.

Nas carreiras contaremos sobre os 200 m. ca presenza da bimedallista paralímpica de Tokio e plusmarquista galega Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural. Sen abandonar a categoría feminina, importante presenza sobre os 5.000 m. de Carmela Cardama, quen logo de rematar o seu ¨tour europeo¨ de preparación, fará valer a terceira mellor marca para estar na loita directa polo podio. Xunto á viguesa, especial atención á participación das internacionais Ester Navarrete e Joselym Brea.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Adi Iglesias 🏃‍♀️ (@adiaratou_)

Nerja será unha nova oportunidade de ver en acción a Alba Cuns no foso de triplo para refrendar o seu gran nivel que a fixeron ser finalista, tanto na edición do ano pasado, como no absoluto indoor de Ourense.

Na lonxitude o venezolano asentado en Narón desde fai varios anos e con ficha galega Gerson Vidal, estará na loita polas prazas de finalista cas vistas postas nos Xogos Panamericanos. Neste mesmo sector a campioa de España do ano pasado, a valdeorresa Leticia Gil malia un ano irregular sairá moi motivada na procura dun posto importante ao que tamén aspira outra das retornadas do curso académico USA, Olaia Guisela Becerril.

Nas combinadas, atención a Adolfo Sainz Maza do Celta o cal lograba superar recentemente a barreira dos sete mil puntos en Arona así como a campioa de España Sub23 de pista cuberta, Eva Queimaño do Super Amara Bat.

Por último nas probas de marcha, tamén importantes opcións por parte das internacionais Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e a medallista de bronce no europeo Sub23 Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra cuxo irmán, e tamén internacional da Gimnástica, Daniel Chamosa, compretarán o gran plantel de galegos neste sector.

Velaquí a lista completa de atletas galegas que estarán no Campionato de España Absoluto ao aire libre:

Lista de atletas galegas e clubs que estarán no Campionato de España Absoluto ao aire libre 2022
Lista de atletas galegas e clubs que estarán no Campionato de España Absoluto ao aire libre 2022

Agárdanse boas marcas nesta cita que xunta a 782 atletas, 339 son mulleres

Este 102º Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre ten lugar no Estadio Enrique López Conca. É a primeira vez na historia que a localidade malagueña de Nerja actúa como sede do Campionato de España absoluto, aínda que xa albergou o Campionato de España sub23 en 2002 e 2021, e o sub18 en 2010.

Esta edición será moi especial pola cantidade de alicientes que presenta para os atletas. Empezando polos propios títulos que estarán en xogo e seguindo pola súa transcendencia para os dous grandes campionatos internacionais de 2022, o Mundial de Oregón e o Europeo de Múnic.

Por non falar de que, xustamente o domingo 26 conclúe o prazo para a consecución de mínimas para o Mundial e tamén para sumar puntos de fronte ao World Clasificación de World Athletics, a outra vía de clasificación para Oregón.

Ademais, o Campionato de España resultará decisivo na propia selección para o Mundial e o Europeo, tal e como indican os criterios específicos de preselección establecidos pola Dirección Deportiva.

En total hai 782 atletas rexistrados en probas individuais (339 mulleres e 343 homes) repartidos en 125 clubs, entre os que o Praias de Castelló presenta o maior número de rexistrados (69) seguido de FC Barcelona (60), Grupoempleo Pamplona Atlético (32), Valencia Atletismo (29) e Alcampo Scorpio 71 (27). Por federacións autonómicas, Cataluña é a máis representada con 127 atletas, seguida de Madrid (93), Andalucía (70), Comunidade Valenciana (64) e Castela e León (62).

Varias galegas con opcións nos 5.000 m

Varias son as probas nas que as deportistas galegas teñen opcións un exemplo son os 5000 metros, nos que a mínima mundial está fixada en 15:10.00 e a mínima europea en 15:25.00. Segundo explican desde a RFEA, agárdase unha proba moi aberta na que a campioa de España de cros Carla Gallardo rompeu a igualdade esta tempada con 15:10.62 na Diamond League de Birmingham, a só 62 centésimas da mínima mundial. Esa marca  colócaa como cuarta española de todos os tempos.

En Nerja, Gallardo medirase a un bo ramallete de atletas que correron por baixo de 16 minutos esta tempada, incluíndo á vixente campioa de España da distancia Beatriz Álvarez (15:45.88). Outra candidata para subir ao podio é Marta García (15:28.55), que vén de facer marca persoal en 1500, 3000 e 5000 m.

A campioa da NCAA de 10.000 m en 2021 Carmela Cardama, galega fincada en Estados Unidos, busca estrear o seu palmarés nacional absoluto. A lista de aspirantes tamén contén a Cristina Ruiz (15:34.49), á plusmarquista española sub20 Carla Domínguez (15:38.61), a Isabel Barreiro (15:50.81), á bicampioa mundial de dúatlon Joselyn Brea (15:54.72), tamén con licencia da Federación Galega de Atletismo e á bicampioa de España de 1500 m Solange Pereira (16:10.19), tamén galega pero sen licencia coa FGA, que deu o salto ao fondo e en pista cuberta xa gañou o ouro nacional en 3000 m.

Belén Toimil quere recuperar marcas por encima dos 18m en peso

A plusmarquista española e galega Belén Toimil lidera indiscutible a clasificación nacional con 17.98 m, buscando recuperar a versión que lle levou a lanzar 18.80 m en 2021. Belén Toimil aspira ao seu terceiro triunfo consecutivo en Nerja, aínda que aínda queda moi afastada o refacho da súa predecesora e rival Úrsula Ruiz, que gañou 12 veces seguidas.

As campioas de España sub23 e sub20 Mónica Borraz (16.07 m) e Inés López (14.48 m) estarán á espreita das medallas xunto a Judit Prats (14.59 m pc), Paula Ferrándiz (14.34 m) e Eva Cuenca (14.20 m pc).

No lanzamento de disco tamén ten moito que dicir Belén Toimil, aínda que esta modalidad non sexa o seu forte. Aquí, a igualdade está servida con cinco atletas lanzando máis de 50 metros está tempada e a plusmarquista española e oito veces campioa Sabina Asenjo (48.85 m) de volta á competición. A vixente campioa June Kintana chega en plena forma lanzando xa 56.20 m, líder do ano e moi preto da súa marca persoal. Andrea Alarcón (54.20 m) e Natalia Sáinz (53.02 m) aspiran ao seu primeiro título absoluto, con Inés López (51.08 m), a campioa de 2020 Paula Ferrándiz (50.51 m) e a campioa de peso Belén Toimil (49.00 m) como alternativas.

Ollo as galegas Escaríz e Chamosa nos 10.000 m marcha

A olímpica en Tokio e campioa iberoamericana Laura García-Caro quere estrear o seu palmarés nacional absoluto e chega a Nerja coa mellor marca de inscrición, 43:33.72, a sexta española da historia. Tras ela, aparecen nomes como os da galega Carmen Escariz (45:26 en 10 km marcha), a internacional absoluta Lidia Sánchez-Puebla (45:55) e novos valores como a galega Antía Chamosa (47:10), Alicia Lumbreras (47:26) ou Sofía Santacreu (47:30.8), flamante campioa de España sub18 de 5000 m marcha con récord da competición. Deixamos para este repaso final á actual plusmarquista da distancia Raquel González (42:14.12) e dúas veces campioa de España (en 2016 e 2018) que ben pode aumentar nesta edición.

MULLERES LÍDERES DA TEMPADA AO AIRE LIBRE ATA O 19/6/22

100m11.19María Isabel PérezSalamanca04.06
200m22.86Paula SevillaMadrid18.06
400m52.72Berta SeguraHuelva21.05
600m1:31.1Marta MitjansSant Celoní14.05
800m2:02.29Marina MartínezCastellón16.06
1.500m4:05.03Esther GuerreroCastellón16.06
5.000m15:10.62Carla GallardoBirmingham (GBR)21.05
100m vallas13.18Xènia BenachGavà18.06
400m vallas54.87sara GallegoLa Nucía12.06
3.000m Obstáculos9:36.82Irene Sánchez-EscribanoHengelo (NED)06.06
Altura1.85Una StancevSan Sebastián11.06
Pértiga4.45Malen Ruiz de AzuaPamplona15.06
Longitud6.76Fátima DiameAndújar04.06
Triple13.71Patricia SarrapioLa Nucía21.05
Peso17.98María Belén ToimilLeón19.06
Disco56.20June KintanaLos Corrales de Buelna04.06
Martillo72.00Laura RedondoMadrid18.06
Jabalina56.41Arantza MorenoLa Nucía11.06
Heptatlón6.174Claudia ConteArona05.06
4 x 100m43.28Selección EspañolaHuelva25.05
4 x 400m3:31.72Selección EspañolaLa Nucía22.05
10.000 m marcha43:33.72Laura García-CaroLa Nucía21.05

Ligazóns de interese:

  • ATLETAS INSCRITOS
  • ATLETAS INSCRITOS – RELEVOS
  • RÉCORDS DE ESPAÑA MULLERES
  • RÁNKING DE ESPAÑA TODOS OS TEMPOS – MULLERES
  • NORMAS REGULADORAS
  • HORARIO MODIFICADO
  • MARCAS DE REPESCA
  • HISTORIAL DO CAMPIONATO
  • RÉCORDS DEL CAMPEONATO

 

Etiquetas Adi IglesiasAlba CunsAntía ChamosaatletismoBelén ToimilCarmela CardamaCarmen EscarizCarmen SánchezEster NavarreteEva QueimañoIrene Gómez CostasJoselym BreaLeticia GilLidia ParadaOlaia Guisela BecerrilPaula PiñónYulenmis Aguilar
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.