• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Distinción aos mellores deportistas da provincia nos II Premios do Deporte da Deputación da Coruña

Belén Toimil, Víctor Senra, o Racing de Ferrol, O Gran Camiño, Vero Boquete, o Club de Remo Cabo de Cruz, o Grupo Jrilo e ENKI, entre as persoas e entidades galardoadas este ano

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/04/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Deportistas galardoados nos II Premios do Deporte / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Deportistas galardoados nos II Premios do Deporte / DEPUTACIÓN DA CORUÑA

142
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • A Gala dos II Premios do Deporte da Deputación da Coruña comezou cunha emotiva homenaxe a Arsenio Iglesias, Luís Suárez e Amancio Amaro, tres figuras históricas do fútbol coruñés que nos deixaron o ano pasado.
  • O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, destacou o apoio da Deputación ao deporte de base e agradeceu a dedicación e compromiso das persoas que traballan cada día nos clubs, entidades e escolas deportivas.

O Teatro Colón acolleu esta noite a segunda edición dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, nos que a institución provincial distingue publicamente ás persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva.

Entregáronse galardóns establecidos en distintas categorías, aos que se engadiron catro mencións especiais do xurado, nun evento que reuniu a unha gran cantidade de figuras do mundo deportivo, así como tamén a centos de representantes dos clubs deportivos de toda a provincia.

🎾 O Teatro Colón acolleu onte a segunda edición dos Premios dos Deportes da @Depucoruna.

👥 O evento reuniu a unha gran cantidade de figuras do mundo deportivo, así como a centos de representantes dos clubs deportivos de toda a provincia. pic.twitter.com/nuIBYln8f3

— Deputación da Coruña (@Depucoruna) April 13, 2024

O presidente provincial, Valentín González Formoso, deulle os parabéns aos premiados e premiadas da noite nos Premios do Deporte da Deputación da Coruña e destacou a súa “dedicación, compromiso e paixón” para levar o deporte coruñés ao máis alto. “É unha honra poder acompañarvos nese camiño”, afirmou.

Valentín González Formoso, agradeceu “o traballo anónimo e altruísta de miles de persoas: adestradores, directivos, voluntarios… que cada día traballan desde os clubs e entidades deportivas para que os nosos e as nosas deportistas podan adestrar, competir, alcanzar as súas metas e cumprir os seus soños”, afirmou, e destacou que a Deputación da Coruña apoia cada ano a máis de 700 entidades de todas as disciplinas para promover o deporte na provincia.

Destacou tamén a aposta o seu goberno polo deporte feminino “no que aínda temos moito traballo por facer, porque temos que seguir eliminando obstáculos nas canchas, pero tamén nos despachos” e reivindicou o apoio fundamental que supoñen as 50 bolsas que a institución provincial concede cada ano a outros tantos deportistas para participar en competicións do máis alto nivel.

Valentín González Formoso afirmou que “a Deputación está detrás de todos os grandes eventos deportivos que se celebran na provincia, pero o traballo do que estamos máis orgullosos é o que facemos cada día co deporte de base, apoiando a centos de clubs e escolas deportivas onde se forman miles de nenos e nenas, a canteira da que están a saír cada ano os novos talentos o deporte coruñés”.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Antonio Leira, reivindicou aos galardoados nestes 2º Premios do Deporte da Deputación da Coruña como “os mellores embaixadores desta provincia” e destacou a importancia de “promover entre os máis novos os valores asociados ao deporte como o esforzo, o compañeirismo, o traballo en equipo ou a superación persoal”. “Valores que inspiran o noso compromiso co deporte e nos animan a traballar máis e mellor”, afirmou o deputado.

Unha homenaxe a Arsenio, Luis Suárez e Amancio

A Gala do Deporte dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña comezou coa proxección dun vídeo emotivo vídeo de recordo e homenaxe a Arsenio Iglesias, Luís Suárez e Amancio Amaro. Tres figuras históricas do fútbol coruñés e do deportivismo (os tres vestiron a camiseta branquiazul), que faleceron pasado ano.

“O seu legado e exemplo perdrura na historia deportiva desta cidade e desta provincia e inspira ás novas xeracións de deportistas”, afirmou o presidente da Deputación, que entregou un recoñecemento aos seus familiares, que recibiron unha gran ovación do auditorio.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Deputación da Coruña (@depucoruna)

Deportistas premiados nos II Premios do Deporte

O primeiro dos premios foi o de mellor entidade colaboradora, no que foi recoñecido Grupo Jrilo, unha empresa ferrolá con máis de 50 anos de historia moi implicada no tecido deportivo local e comprometida coa promoción do deporte na provincia.

O recoñecemento ao mellor evento deportivo da provincia recaeu este ano en O Gran Camiño, que se disputa en Galicia desde o ano 2022 e clasificada pola UCI na categoría 2.1 UCI Europe Tour, o que lle aporta un gran valor de internacionalización e mediatización.

O premio para a mellor entidade na promoción do deporte base foi para o Club de Remo Cabo de Cruz, conha traxectoria de máis de catro décadas apostando polo deporte e que representa a Galicia no escenario de máis alto nivel como é a Euskolabel Liga.

A Fundación Abrente, creadora do proxecto ENKI, foi a entidade gañadora do premio á mellor entidade na promoción do deporte inclusivo e a eliminación de barreiras para as persoas con diversidade funcional.

O mellor deportista veterano masculino este ano foi Iván Morales Castillo, coruñés de adopción e un dos mellores marchadores veteranos a nivel mundial, acadando dous ouros e unha prata no Campionato do Mundo baixo teito. A mellor deportista veterana foi Esther Pedrosa Carrete, campioa galega de 3.0000, 5.000 e 10.000 metros e cun palmarés no que figuran ata 19 títulos.

As  mencións especiais deste ano nos Premios do Deporte da Deputación da Coruña recaeron no Centro Penitenciario de Teixeiro, que conta cun gran abano de actividades e programas deportivos, constituíndo ao redor do deporte un área para a reeducación e inserción das persoas; en Caetano Horta Pombo, remeiro noiés que con 21 anos xa ten pasaporte aos seus segundos Xogos Olímpicos despois de acadar un diploma nos xogos de Tokio; o Racing de Ferrol, club que ascendeu a Segunda División no ano 2023 despois de 15 anos e Vero Boquete Giadáns, toda unha referente do fútbol feminino mundial, 36 veces internacional e cunha gran traxectoria en varios dos equipos máis importantes de todo o mundo.

O recoñecemento ao mellor árbitro foi para Javier Iglesias Villanueva, que a temporada anterior completou a súa primeira temporada como árbitro principal de Primeira División, despois de 15 anos en Segunda e Segunda B.

O mellor adestrador este ano foi Lino López Amado, completando un brillante ano 2023 no que o equipo BAXI Universitario Ferrol rematou a competición como líder de segunda e obtivo o ascenso directo á Liga Femenina Endesa.

O galardón para o mellor deportista base masculino foi para Iago Fuertes Leonardo, campión do mundo de pádel con 14 anos recentemente cumpridos e natural de Narón. Pola súa banda, a mellor deportista base feminina foi Digna Silo Mangue, deportista de 16 anos que xa ostenta 16 récords de España sub 15 e 30 plusmarcas galegas na disciplina de halterofilia.

O premio para o mellor deportista con diversidade funcional masculino recalou en Damián Ramos Sánchez, campión de Europa de ciclismo de fondo en ruta e bronce continental en contrarreloxo, ademais de acadar a cuarta praza no Campeonato do Mundo.

No apartado feminino, a mellor deportista con diversidade funcional é Lorena Bermúdez Doce, deportista ferrolá con esclerose múltiple que durante o 2023 compite co equipo mixto de Basketmi Ferrol de división de honra e na primeira división de baloncesto en cadeira de rodas.

Belén Toimil, mellor deportista feminina

Por último, o mellor deportista masculino foi para Víctor Senra Carreira, gañador de 7 campionatos galegos de rallies de xeito consecutivo.

Na categoría feminina, a vencedora foi María Belén Toimil Fernández, a gran dominadora do lanzamento de peso en España, que no 2023 gañou todas as probas nacionais e ostenta a plusmarca nacional ao aire libre con 18,80 metros. Ademais, estará nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Nesta edición dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, o xurado dos premios estivo presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira, e integrado por profesionais de referencia no campo da información deportiva como Paulo Alonso, xefe de Deportes de La Voz de Galicia; María Varela, xornalista de Deportes de La Opinión de A Coruña; Fran Hermida, responsable de Deportes de Radio Coruña-SER; Leticia Chas, periodista de Cope Galicia e Patricia Rodríguez Juste, da TVG.

Etiquetas Belén ToimilDEPUTACIÓN DA CORUÑADigna Silo MangueEsther PedrosaLino LópezLorena Bermúdez DocePremios do DeporteVero Boquete
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lino López, un dos premiados na basketgal xunto Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

A Federación Galega de Baloncesto presenta aos premiados da Gala ‘Basketgal 2025’

por Redacción As Nosas
06/06/2025
0

  A Federación Galega de Baloncesto xa ten a lista de persoas galardoadas que recibirán a súa homenaxe o próximo 11 de xuño na...

Plantilla do Baxi Ferrol 2024-25 que xoga a Eurocup / UNIVERSITARIO FERROL

EUROCUP 24-25 | O Baxi Ferrol, a pola historia con maiúsculas do baloncesto galego

por Martín Pais
02/04/2025
0

Hoxe é o día para facer historia, con maiúsculas. Unha xornada para escribir con letras douradas no libro do deporte...

Ángeles Rodríguez do Silva foi prata na proba da milla no Campionato de España máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O Campionato de España celebrado en Alcobendas deixa unha ducia de metais para o atletismo máster galego

por Redacción As Nosas
21/10/2024
0

  Sete títulos de España, catro subcampionatos, un bronce e tres postos de finalistas foi o balance da actuación galega...

Teresa Portela fai historia colgándose a prata do K1 200 nos seus sextos Xogos Olímpicos / COE

Nos Xogos Olímpicos haberá 17 deportistas galegas e 193 españolas

por Silvia Carregal
26/07/2024
0

  Nos Xogos Olímpicos de París 2024 farase historia incluso antes de iniciarse a competición. Estes serán os Xogos nos...

Recepción aos deportistas galegos logo da súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 / XUNTA DE GALICIA

Galicia terá sete atletas olímpicos en París 2024 e cinco son mulleres

por Redacción As Nosas
03/07/2024
0

  O atletismo galego iguala en París 2024 o seu tope histórico con sete atletas olímpicos dos cales cinco son...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.