O Durán Maquinaria Ensino saíu moi desconentrado ao inicio do partido ante o Movistar Estudiantes e pagou no resto do encontro o mal primeiro cuarto que fixo. Ambos equipos reuníanse no Pazo dos Deportes para disputar a décimo sétima xornada da Liga Feminina Endesa, que resultou nunha abultada vitoria para o equipo revelación da tempada, cun 56-73 final.
O partido non seguiu a tónica prevista antes do encontro. Só tres puntos separaban a Ensino e Estudiantes, antes do que se prevía como un duelo igualado. Pero a falta de concentración das galegas nos primeiros minutos costoulles todo o partido. O seu adestrador, Carlos Cantero, explicaba despois do partido que “teremos que falar coas xogadoras e comunicarnos para ver cal é o problema dese primeiro cuarto”.
O Ensino falla na mentalidade
O cadro lucense que saltou a pista estaba irrecoñecible. En só cinco minutos encaixaron 13 tantos que situaban ao seu rival a once puntos de distancia. Un golpe duro para as de Cantero, que pedía tempo morto para recolocar as súas xogadoras. O toque de atención xurdiu efecto, pero non o suficiente e as visitantes foron ao segundo cuarto cunha vantaxe de 22 puntos.
No segundo cuarto, as locais comezaron a reaccionar e melloraron a súa defensa impedindo que o Estudiantes seguira aumentando a pasos axigantados a súa vantaxe. Cun parcial 13-2, as lucenses facíanse coa pista, pero seguían sen lograr igualar o resultado. Un par de triples de Carter volvía a ameazar ás locais e a diferenza ao descanso seguía a ser considerable, 22-43.
Despois de pasar por vestiarios, o cadro de Cantero seguia loitando por puntuar. Con tres triples de Stanacev deron ánimos ás de Lugo, e lograron apuntarse o terceiro cuarto gañando de cinco puntos. Para os dez minutos finais, o partido foi un vaivén de puntos con igualdade tanto en ataque como en defensa. Os minutos corrían e as lucenses vían a remontada cada vez máis difícil e, finalmente, o primeiro cuarto foi un castigo do que non puideron repoñerse.
Os tres últimos cuartos serviron para que o Ensino lograse ter unha vantaxe de cinco puntos sobre o rival pero, os 22 conseguidos por Estudiantes no primeiro tempo botaron por terra calquera opción das galegas de levarse o partido. Cun 56-73 final, as de Lugo perderon o último partido en casa.
Dous partidos nun
“Vénse dous partidos, un é o primeiro cuarto e outro o son os tres seguintes. No primeiro perdimos de 22 e nos tres seguintes foi un +5 para nós. Dous partidos completamente diferentes onde haberá que analizar o por qué”, declaraba o adestrador galego tras o partido.
A explicación para Cantero está nun problema de mentalidade, de saír desenchufadas ao duelo. “Toca ser guerreiras desde o minuto 1, que é o que estamos cansos de repetir, e afrontar os seguintes partidos con intensidade e as ganas do segundo, terceiro e cuarto parcial, non do primeiro”, insistiu.
Nos trinta minutos restantes o adestrador di que si tiveron detalles a corrixir en ataque e en defensa, pero “nada que non se poidera ir solucionando.
O ataque estivo ben, atopamos un sistema para diferentes situacións e o aproveitamos”. Pola contra, “no primeiro cuarto non veo un refrexo da realidade deste equipo nin da mia. Parece que ata que ven un golpe de efecto no descanso ou nalgún tempo morto o equipo non soubo reaccionar en cancha”, aseguraba.
A exlucense Nyingifa brillou no Pazo
A xogadora do Estudiantes e ex do Ensino, Antonye Nyingifa foi a dona do Pazo dos Deportes e un dos máximos pesadelos das locais. Máxima anotadora do encontro con 18 puntos anotados, tamén destacou nos rebotes, logrando 12 a favor do seu equipo, o que a converteu na MVP con 31 créditos valorativos.
FICHA TÉCNICA
56) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Hempe (5), Aleksandra Stanacev (17), Vega Gimeno (6), Laura Aliaga (13), Alba Prieto (2) -cinco titular-. Tamén xogaron: Van del Adel (4), Nina Bogicevic (6) e White (3).
73) MOVISTAR ESTUDIANTES: Atonye Nyingifa (18), Gretter (5), Burani (7), Carter (16), Raman (4) -cinco titular-. Tamén xogaron: Alonso (2), Carmen Grande (-), Espin De Sancho (5), Gomes da Silva (3), Knight (13) e De Santiago (-).
PARCIAIS: 9-31, 13-12, 19-14 e 15-16.
ÁRBITROS: Paula Lema, Cristian Martín e Sergio González.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 17ª xornada de Liga Femenina Endesa, disputado no Pazo dos Deportes de Lugo.