O Viaxes Amarelle FSF chega esta fin de semana ao tramo final da competición da regularidade e faio coa necesidade de loitar por conseguir a primeira vitoria en casa, que lle axude a manterse en postos de permanencia. As herculinas mediranse na tarde deste sábado 22 de abril de 2023, a partir das 19:00 horas, no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo ao ENCE Marín Futsal.
O conxunto herculino vén dunhas últimas xornadas con moi boas sensacións sobre a pista; e callando un bo xogo, pero sen atopar os resultados que lle permitan tomar aire na loita por evitar o descenso de categoría; e esta semana o equipo seguiu traballando co obxectivo de conseguir unha vitoria que deixe respirar ás coruñesas na semana previa ao parón pola disputa da Copa da Raíña.
O técnico do Viaxes Amarelle FSF, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Carlita, Laura Rivas e Estela Cantero.
O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é un ENCE Marín Futsal que actualmente ocupa a décima posición da xeral con 26 puntos, cultivados tras 7 vitorias, 5 empates e 13 derrotas, nos vinte e cinco encontros que disputaron ata a data. Suman 56 goles a favor, e encaixaron 79 tantos en contra.
O conxunto de Marín ten actualmente unha vantaxe de 7 puntos sobre o descenso, que con 15 puntos en xogo, dálle certa tranquilidade de fronte o tramo final de competición; e vén de sumar unha vitoria e un empate no últimos tres encontros disputados.
Os duelos que enfrontaron a estes equipos nesta tempada, remóntanse ao partido da primeira volta, onde as herculinas fixeron un partido moi serio e conseguiron os tres puntos ao impoñerse por un marcador de 0-2; e posteriormente, enfrontáronse no partido de semifinais de Copa Galicia, onde o ENCE Marín Futsal levou o pase de fase, tras impoñerse ás herculinas por un marcador de 1-3.
O conxunto herculino saltará á cancha coruñesa coa intención de conseguir unha vitoria, que as deixaría respirar e afrontar o tramo final de competición con máis solvencia. Toca gozar sobre a cancha e pelexar polos puntos na tarde do sábado 22 de abril de 2023 no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).
Retransmisión do Amarelle vs Marín pola TVG2 e Live Vuvuzela
O encontro será emitido en directo a través da TVG2, e ademais tamén se emitirá en directo desde a plataforma de g24.gal. Tampouco faltará á cita, a emisión por streaming a través da plataforma da Real Federación Española de Fútbol, e xestionado por ao vivo vuvuzela.