Esta fin de semana disputouse a segunda proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Tratouse da XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma. Na competición participaron 721 corredores, dos cales 555 disputaron a proba absoluta.
A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Houbo un avituallamento sólido e líquido na meta. O mellor tempo da categoría absoluta foi para Álvaro Presedo, que parou o crono en 21 minutos e 37 segundos. Na categoría masculina acompañárono no podio Abdelaziz Fatihi e Rubén Liñares.
Na categoría feminina a primeira muller clasificada foi Nati García. Mélanie Mariño foi segunda e Noelia Souto, terceira.
🏃♀️ A xente dos barrios correu hoxe en #SanPedrodeVisma!
👟 Máis de 700 deportistas competiron na XIV Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, a segunda das proba do circuíto de carreiras populares #CoruñaCorre.
🎥 Non perdas o video resumo da xornada! ⤵️ pic.twitter.com/iLipR8klEQ
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) May 7, 2023
O circuíto Coruña Corre volverá dentro de dúas semanas para a disputa da XI Carreira Popular Os Rosales, para a que xa están abertas as inscricións. As persoas que participan na totalidade do circuíto no precisan retirar novos dorsais nin facer un novo formulario.
Próximas datas do circuíto Coruña Corre:
- XI Carreira Popular Os Rosales: 21 de maio
- VII Carreira Popular Matogrande: 25 de xuño
- XI Carreira Popular Volta a Oza: 10 de setembro
- VIII Carreira Popular Ventorrillo: 22 de outubro
- XI Carreira Popular Novo Mesoiro: 26 de novembro