Xa van tres metais para atletas femininas galegas neste Campionato de España absoluto de aire libre á que acuden en representación da nosa comunidade un total de 40 atletas (26 mulleres e 14 homes). Colleitaron prata Antía Chamosa e Carmen Sánchez Parrondo, e bronce Ester Navarrete. Aínda quedan por competir varias aspirantes a subir ao podio como Belén Toimil ou Ana Peleteiro.
Antía Chamosa finalizou no segundo lugar nos 10.000m marcha no Campionato de España absoluto ao aire libre 2023. A atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra colgábase a prata do pescozo cun tempo de 45:39:65. A marchadora galega cruzou a meta por detrás de María Pérez, do Valencia Club Atletismo, que parou o crono en 45:02:15. Por detrás delas, en terceiro lugar, chegou Lidia Sánchez – Puebla do Playas de Castellón cun tempo de 46:01:92
1️⃣ª medalla para Galicia 🥈
💥🥈SUBCAMPIOA DE DE 🇪🇸 ABSOLUTA💥
👥 Antía Chamosa Dacasa
🔍Sociedad Gimnástica de Pontevedra
👉10.000 marcha
⏫45:39.65
🎊Parabéns Antía!!
Deporte Galego
Unión de Federacións Deportivas Galegashttps://t.co/PAIKqWfpqJ pic.twitter.com/DxJe5Y72KS— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 29, 2023
A tamén galega Carmen Escáriz, do Ourense Atletismo, foi undécima neste Campionato de España, quedouse ás portas do top-10 cun tempo de 49:06:87.
Prata para Camen Sánchez Parrondo
No lanzamento de xavelina Carmen Sánchez Parrondo tamén subiu ao podio no segundo caixón. A lanzadora do Unicaja Jaén Paraíso Interior. Sánchez Parrondo fixo 51.21 no primeiro lanzamento, 54.24 no segundo (que foi o mellor), 48.75 no terceiro. Logo viñeron dous nulos e un sexto de 51.83. Os 54.24 fixérona acreedora da prata e son a súa MMP.
O triunfo foi para Arantza Moreno do FC Barcelona que lanzou ata os 55.86. O terceiro posto recaeu en Enya Carretero do Alcampo Scorpio 71 con 53.72 (tamén MMP).
A galega María Pena, do Atletismo Femenino Celta rematou a proba en undécimo lugar cun único lanzamento válido de 35.88.
3⃣ª medalla para Galicia 🥈🥈🥉
💥🥈SUBCAMPIOA DE 🇪🇸 ABSOLUTA💥
👥Carmen Sánchez Parrondo
🔍Unicaja Jaén P.I.
👉Xavelina
⏫54.24 (MMP)
🎊Parabéns Carmen!!https://t.co/Qte1XWcl4z@deporte_galego @UFEDEGA_ pic.twitter.com/bX1cnmhlr4— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 30, 2023
Navarrete leva o bronce nos 5.000m do Campionato de España
Ester Navarrete conseguía o bronce na proba de 5.000m do Campionato de España absoluto de aire libre. A corredora galega subía ao podio no terceiro caixón.
2️⃣ª medalla para Galicia 🥈🥉
💥BRONCE DE 🇪🇸 ABSOLUTA💥
👥Ester Navarrete Santana
🔍Atletismo Femenino Celta
👉5.000 m.
⏫16:45.15
🎊Parabéns Ester!!https://t.co/w8VIcttbNl pic.twitter.com/vkhBvWS7FM— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 29, 2023
Marta García (independiente) era a campioa de España cun tempo de 16:40.94. O récord estatal da proba aínda o ten a galega Julia Vaquero cun crono de 14:44.95. O segundo lugar foi para Cristina Ruíz, do Asics Running, que completou a distancia en 15:42.01. Moi preto dela cruzou a meta a galega Ester Navarrete, do Atletismo Femenino Celta, que fixo un tempo de 16:45.15 neste Campionato de España absoluto de aire libre 2023 que se está celebrando en Torrent.
Na final desta distancia tamén estivo Marina Bagur, do Ría de Ferrol – Concepción Arenal, que cruzou a meta en 12ª posición cun crono de 17:17.23.
Ata o de agora cabe tamén subliñar o récord galego de Claudia Rojo Cazorla do At. Arroyomolinos na proba de 400v. cun tempo de 59.14.
💥 #recordgalegoatletismo Absoluto Aire Libre💥
👉Claudia Rojo Cazorla
✍️ Atletismo Arroyomolinos
⬆️400 valos con 59.14
⌛️Torrent, 28 de xullo de 2023
🔁Anterior: Ana Domínguez 59.72 (1999)
🎉PARABÉNS!!!https://t.co/K48FCLVnUthttps://t.co/PgJhdQrFyF pic.twitter.com/is4RXtR83l— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 29, 2023
A competición pode seguirse en RTVE.Play.