A Federación Española de Baloncesto concedeu esta o cambio de orde de pista para o primeiro partido de Liga que ten que disputar o Durán Maquinaria Ensino. Desde o club lucense agradecen “todas as facilidades dadas polo Club Baloncesto Bembibre”.
Deste xeito o debut ligueiro na LF Endesa do Durán Maquinaria Ensino será a domicilio 26 de setembro a partir das 18:30 horas no Bembibre Area. O motivo polo que se solicitou este cambio é a celebración do World Tour de Pádel no Pazo Provincial, polo que non estará dispoñible para adestrar nin xogar nesas datas.
O debut oficial desta tempada no Pazo Provincial de Lugo será o 30 de setembro diante Magnolia Campobassa no encontro de volta da fase previa da Eurocup Women.